domingo, 25 de decembro de 2011

SAIMOS NO XORNAL!

O pasado día 20 de decembro, celebramos o Nadal Intercultural, unha xornada onde degustamos sobremesas típicas do Nadal nos distintos países de procedencia do noso alumnado. Foi un éxito rotundo, e por iso nos visitou o xornal. Se queredes saber máis e ver máis fotos, pinchade na imaxe!

luns, 10 de outubro de 2011

Benvidos!! Por fin os máis pequenos temos o noso blog! Mirade que cousas máis bonitiñas...