xoves, 18 de outubro de 2018

ZOQUEANDO POR CARBALLO

O outro día fomos de paseo pola veira do Anllóns, o coñecido "Paseo do Bosque". Acompañáronnos os maiores do cole,foron os nosos guías. Alí aprendemos moitas cousas interesantes.... Vimos salgueiros, castiñeiros, carballos... , apañamos castañas e landras..., vimos patos, e ata unha curiosa rá... Que ben o pasamos, estamos desexando zoquear outra vez por Carballo.

OS MÁIS PEQUENOS PREPARAN ZUME DE LARANXA

O OUTRO DÍA PARA COMEZAR O DÍA CON ENERXÍA FIXEMOS UN ZUME DE LARANXA NA CLASE. PERO ANTES DE COMEZAR CONTAMOS CANTAS NARANXAS TIÑAMOS NA BOLSA, VIMOS CAL ERA A SÚA COR, TOCÁMOLAS PARA SABER CAL ERA O SEU TACTO, ESCOITAMOS QUE SON FACÍAN AO MANEXALAS E AO RODAR POR ENRIBA DA MESA, CORTÁMOLAS( COA AXUDA DA PROFE) POLA METADE, ULÍMOLAS E SABOREÁMOLAS. DESPOIS CON AXUDA DUN EXPRIMIDOR FIXEMOS MOITO ZUME E DESPOIS BEBEMOLO....ESTABA REIQUÍSIMO!!!

O PRIMEIRO LENZO DE 3 ANOS

luns, 15 de outubro de 2018

Aquí nos presentamos os de 3 anos

ESTE ANO NÓS SOMOS OS PEQUES DO COLE E OS NOSOS NOMES SON : LUCÍA, ANA, DYLAN, HUGO G., HUGO H., ALEJANDRO, GAEL, JUAN, YARA E AITANA

luns, 8 de outubro de 2018

Taller de cociña

Os nenos d 4 anos comezamos as compras para o noso taller de cocina. Esta semana tocan empanadillas de mazá e canela