martes, 20 de novembro de 2018

venres, 16 de novembro de 2018

Jorge Peteiro

Os nenos de 5 anos convertimonos en pintores como o coñecido pintor e escultor Jorge Peteiro. Vimos que é un pintor alegre e colorista, e nós como bos alumnos seguimos o seu estilo. Fixemos o noso autoretrato, pintamos a Torre de Hércules....... e ata fixemos o noso particular "Animalario Peteiro" onde podedes atopar entre outros o peixe serra que está a entrada da casa dos peixes da Coruña.

Tarta de mazán

Mans á masa....... desta vez tocou preparar tarta de mazán con unhas mazáns da hortiña ben ricas. Estaba riquisisimmo!!!!!

xoves, 15 de novembro de 2018

Premios Aloumiños

Lembrades os debuxos que fixemos sobre a diversidade funcional? Pois fomos premiados con dous deles, xa que nos presentamos ó concurso da Asociación Aloumiños para ilustrar o calendario do vindeiro ano de dita asociación. Así que alá se foron os premiados, Said Lagridi e Carla Añón e tamén a nosa compañeira Carla Giance co seu bonito debuxo "En silla de rodas"ó casino de Carballo recoller o seu agasallo. Parabéns campións!!!

DIVERSIDADE FUNCIONAL

Os nenos e nenas de 5 anos estivemos traballando a desigualdade funcional, mirade que debuxos máis chulis sairon de ahí. Agardamos que vos gusten!!!

mércores, 7 de novembro de 2018

CORRE, CORRE CABACIÑA.

SAMAÍN

Mirade que guapos estamos disfrazados , cabazas, osos, lobos...e preparados para representar a obra "CORRE, CORRE CABACIÑA", dádelle o play e comprobádeo vos mesmos no video , esperamos que vos guste.

martes, 6 de novembro de 2018

Visita á Biblioteca Rego da Balsa

O pasado 29 de outubro fomos convidados pola Biblioteca Rego da Balsa a un contacontos dos ratiños de Lonxe de Todo. Desta vez foi Lilí Gruyere quen nos contou contos moi divertidos e ata solicitou a nosa colaboraión para "Os tres porquiños". Que ben o pasamos. Estamos deseando voltar a ver ós ratiños de Lonxe de Todo.

Cociñando madalenas

Mirade que cociñeiros estamos feitos!!!!