sábado, 29 de febreiro de 2020

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

Como sabedes, do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo de solicitude de admisión para o curso 2020/2021. Para máis información podedes consultar a páxina do centro:


COS PÉS FRÍOS

Tivemos a sorte de coñecer a Malina a personaxe do conto:
"Malina pies fríos" unha historia ambientada no Polo Norte cun final moi cálido e acolledor. 
E falando de pés...
Lembrámonos de que o ano pasado debuxaramos a pegada dos nosos zapatos e apuntaramos o seu número e comparándoos cos de este curso comprobamos que nos medraron a todos e a todas os pés.

Ademais quixemos experimentar con pintura o que sinte Malina cando ten os pés fríos e despois como pasan a estar quentiños.

Concienciámnos tamén da importancia que teñen os pés nas nosas vidas e que ás veces olvidámonos de todos os esforzos que teñen que facer día a día, entón decidimos mimalos dándolle un baño en auga quentiña e unha masaxe... Que relaxados nos quedaron!!!







En relación co Polo Norte lemos nos libros informativos que temos na clase sobre os Icebergs, bloques de xeo que se desprenden dos galciares e que flotan no mar, como proveñen dos glaciares son de auga doce. Despois de ler toda a información e ecribila, decidimos facer un experimento moi curioso.
Para levalo a cabo precisamos ovos, sal e auga. Antes de realizar o experimento vimos as diferenzas entre o sabor de auga doce e de auga salgada. 
Velaquí  vos deixamos unha pequena mostra do noso experimento:


"VITAMINÁNDONOS"

Como ás veces despois de xogar no recreo estamos un pouco baixos de enerxía de vez en cando tomamos petiscos de froita, nesta ocasión probamos varias froitas pero unha delas cunha curiosidade engadida, dixo a nosa mestra que cando vai mercar piña ao super fíxase moito na etiqueta porque algunhas teñen un avión debuxado: sabedes porque?
As piñas que na etiqueta teñen escrito:" por avión" quere dicir que esas piñas  foron  recollidas no momento óptimo de maduración no seu país de orixe, neste caso de Costa Rica e viaxaron en avión para chegar a España canto antes, sendo o seu sabor e o seu ulido moito máis intenso que as demais piñas.




UNHA INVITACIÓN MOI SABOROSA!!!

Antes de que nos invadiran as datas de Entroido, aos nenos e nenas de 5º de Educación Infantil acontecéronnos moiiitas cousas:

O alumnado de 5 anos está traballando un proxecto de alimentación e un día fomos convidados por el@s a un petisco de froita fresca!!! Moitas grazas á profe María e aos nos@s compañeir@s de 6º de Educación Infantil.






ANACOS DE ENTROIDO!

Como ben sabedes neste mes deixamos atrás o Entroido,nos días previos os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil estivemos moi atarefad@s:

- Cumplimos as ordes que cada día nos deixaba o Meco antes da celebración do Entroido.


Os maiores de 5 anos, que están a traballar a  alimentación,  deixáronnos a receita das rosquillas e axudámoslle á nosa profe a facelas porque a ela non se lle dá moi ben a cociña( pero non digades nada que é un segredo).😶


- Fixemos unhas máscaras superchulas para lucir no Entroido!


- O venres 21 de Febreiro difrazámonos de Mim@s e desfrutamos un montón do Entroido na compaña das nosas familias.


Velaquí unha pequena mostra de todo o que aconteceu, agardamos que vos guste!!




JADEL XA TEN 6 ANOS

Onte o noso compañeiro Jadel celebrou con nós un aniño máis!! Moitos parabéns Jadel, xa tes 6 anos!!
Moitas grazas por convidarnos a unha tarta tan rica!!

xoves, 27 de febreiro de 2020

UNHA SESIÓN CON COCEMFE

Hoxe recibimos unha visita moi especial. Unha chica da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE) veu de visita ao cole para contarnos moitas cousiñas sobre as persoas con discapacidade.


Se queredes saber máis sobre esta asociación, escaneade o seguinte código QR.

Moitas grazas por visitar o noso cole e por tratar cos nosos peques a importancia do respecto cara os demais!!

"A discapacidade é a capacidade extraordinaria de ser capaz" El Pupitre de Pilu

mércores, 26 de febreiro de 2020

ANTIFACES DE ENTROIDO

E non ibamos rematar o entroido sen facer uns antifaces ben orixinais tatuando a nosa man.
Mirade que xeitosiños nos quedaron.
















sábado, 22 de febreiro de 2020

XORNADA CON MIMO

Este venres 21 de febreiro celebramos no cole o entroido. Fomos disfrazados/as de mimos en relación á temática do Salón do Libro deste ano: o humor.



Grazas ás familias por compartir connosco este día tan divertido e por aportar sobremesas de entroido!!

xoves, 20 de febreiro de 2020

OBRADOIRO DE ROSQUILLAS DE LARANXA

Estes días, con motivo da celebración do Entroido, coñecemos diferentes sobremesas típicas desta época. Ademais fixemos rosquillas de laranxa. Deixámosvos a receita, estaban boísimas!!


martes, 18 de febreiro de 2020

INDIOS Á VISTA

Que antroideiros estamos feitos os de 3 anos.
Como lle collemos o gusto a esto de disfrazarnos , desta vez decicimos facer o noso tocado de indio. Plumas, cartolina, pegamento, e .....mans á obra.
Velaquí o resultado.







COMEZA O ENTROIDO

Na aula de 3 anos xa comezou o entroido.
Con diferentes materiais;  lana, confeti, bigotes, bocas monstruosas....e poñendo en marcha a nosa imaxinación comenzamos a disfrazarnos. Velaquí o proceso.










Agora sí.... seredes capaces de recoñecer a cada quen???, Quedamos feitos uns choqueiros e choqueiras ben requeteguap@s.









Por se non fostes capaces de adiviñar de quen  se agochaba detrás de tanta maquillaxe aquí vai algunha pista!!!!



sábado, 15 de febreiro de 2020

SEMANA SAUDABLE

"Para agasallar amor a montóns, coidade os vosos corazóns".


Esta semana no cole realizamos diferentes actividades saudables co fin de abordar a temática do Día dos Namorados dende unha perspectiva distinta, o coidado do corazón a nivel emocional, do exercicio físico e a alimentación saudable.

 

Deixámosvos unha ligazón ao xornal La Voz de Galicia onde se fai referencia á actividade: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2020/02/15/carrera-saludable-xesus-san-luis-romero/0003_202002C15C10995.htm# Tamén saímos no xornal Diario de Bergantiños. Grazas por dar visibilidade ao noso traballo!!

OBRADOIRO DE BOMBÓNS

Esta semana, os nenos e nenas de educación infantil estivemos facendo bombóns. Velaquí unha mostra do grandes reposteiros/as que somos!!
 

A proba destes bombóns foi para as casas dos peques. Foi o noso agasallo do Día dos Namorados.

BUSCA DE INFORMACIÓN

Na aula de 5 anos seguimos afondando máis e máis no proxecto da alimentación saudable, así que fomos á biblioteca en busca de libros sobre a temática.














Este material forma agora parte do noso recuncho da alimentación e axudaranos a aprender un montón de cousas sobre hábitos saudables.

Aproveitando a temática e que no recuncho do supermercado contamos con diferentes alimentos, decidimos clasificalos. O que máis nos sorprendeu é que o tomate é unha froita, non unha verdura. E sabedes por que? Porque todo aquilo que ten as sementes no seu interior é unha froita.