venres, 19 de xuño de 2020

BO VERÁN E BOAS VACACIÓNS

Hoxe, venres 19 de xuño, damos por finalizado este curso 2019-2020 que resultou ser tan especial e diferente para todos nós, tanto nenos e nenas, familias como mestres e mestras. Non foi sinxelo afrontar este tempo de confinamento pero xuntos lográmolo a costa de esforzo e empeño, por iso non podemos deixar de recoñecérvolo. Moitas grazas peques e moitas grazas familias 💓 Este diploma vai por vós 🏆


Os traballiños xa están empaquetados e nas vosas casiñas 😊😀


Pese ás circunstancias complexas que todos/as tivemos que vivir, non queremos deixar que iso tape ou deixe nun segundo plano todo o que compartimos xuntos: aprendizaxes, risas, choros, xogos, bailes, excursións... así que deixámosvos uns recordos 📷

PARA OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS


PARA OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS




PARA OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS


Toda graduación ten unha orla, así que aquí tedes a vosa 😊

E aquí podedes ver as vosas fotiños cos birretes, mirade que guapos estades todos/as!! 😍😍
Boa viaxe a primaria 🚀

Botade un pouquiño de menos o cole, aos amiguiños/as e aos mestres/as 🙊 Boas vacacións e bo verán 🌞 Querémosvos moito 💓



P.D. Se mirades a entrada de onte do blog BIBLIOSANLUÍS da biblioteca, podedes ver uns telexornais que fixemos sobre unhas mulleres fotógrafas con motivo do Día Internacional da Muller. Como o coronavirus nos colleu en plena gravación, non todos os cursos os fixemos e por iso estaban sen publicar pensando en que isto non ía ser tan duradeiro. Se accededes á seguinte ligazón, podedes velos. Os dous primeiros son dos peques de Educación Infantil: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/06/telefidalgo-presenta.html

Lembrade tamén mirar a súa última entrada pois nela atoparedes unhas recomendacións de lecturas para o verán 🌞http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/06/boas-vacacions-non-deixedes-de-sonar.html

ANIVERSARIOS DO VERÁN

Agora que remata o curso, se botamos a vista atrás 👀 celebramos un montón de aniversarios xuntos  no cole, pero non podemos esquecer aos nosos amiguiños e amiguiñas que cumplen aniños no verán 😊 Parabéns a todos e a todas!! 🎈🎁

Este vídeo vai para todos/as vós que estades de aniversario no verán 🌞

xoves, 18 de xuño de 2020

ÚLTIMOS XOGUIÑOS DESTE CURSO

Os peques anímanse co último xoguiño deste curso 💪💪 mañá xa só será día de algunhas sorpresas e despedidas 😢

Gael





Lucía



Dani A.

Xoán

Nagore

XOGO: QUE ANIMAL FALTA?

Bo xoves!! Estades ben espertos?? Mirade que para esta actividade fai falta eh!! Accedede ao seguinte vídeo e adiviñade que animal falta. Hai un ingrediente fundamental neste xogo: a atención!! 😎


Mañá daremos por rematado este curso e comezarán as vacacións. Durmide ben, pois agárdanvos algunhas sorpresiñas 🎈📷

mércores, 17 de xuño de 2020

XOGAMOS A ADIVIÑAR OS ANIMALIÑOS

Queredes ver que ben adiviñan os nosos peques todos os animais?? Mirade mirade 😍😍

Dani A.

Dani B.

Betzabeth quere compartir con nós a festa de graduación que fixo coa súa familia 😊

Xoán

Nagore

XOGO: ADIVIÑA O ANIMAL

Hoxe traémosvos un xogo de adiviñar de que animal se trata 🐮🐰🐱🐴🐶🐷🐹 Accedede ao seguinte vídeo e... a pensar!! 💭


Falando de animais... lembrades o vídeo que estabamos preparando en colaboración coa Clínica Veterinaria Gran Vía de aquí de Carballo? Mirade, de momento aínda non o temos listo pois están a ter moito traballo e teñen que buscar un oco para responder ás vosas preguntas. En canto o teñamos xa vos avisamos e publicarémolo aquí 😊

Ata mañá 😘😘😘

martes, 16 de xuño de 2020

EN MARCHA XOGOS DE AUGA

Os xogos de auga sempre son benvidos, sobre todo agora que se achega o verán e a caloriña 🌞 E se o aproveitamos para aprender xa é xenial!! 👏👏

Dani B.

Gael





Lucía



Nagore

XOGO: A DISPARAR AUGA

Bo martes peques!! Apetécevos unha idea para xogar con auga? 💦 Seguro que si, así que ímosvos explicar en que consiste este xogo.

Comezade escribindo letras/números/formas xeométricas na parede, no chan ou nun anaco de cartón grande. Pediráselle ao neno/a que localice o que os adultos lle indicades e, cun spray, pulverizará auga sobre a letra/número/forma. Entendido? 

Deixámosvos unha imaxe para que vos fagades unha idea.


A xogaaaar!! 😀

luns, 15 de xuño de 2020

COMPARTIMOS MOMENTOS E XOGOS

Aquí están algúns momentos especiais dos nosos peques 💓

Hugo G.



Lucía







































Dani B. tamén se animou con este xoguiño Mirade que colorido 💙







Xoán animouse co xogo de hoxe 💪💪 e tamén quere compartir con nós unha foto cun birrete que fixo na súa casiña 📸😍






Nagore quere compartir con todos nós unha graduación super especial que lle fixo a súa familia. Como este ano, dadas as circunstancias, non podemos facer unha festiña no cole para despedirnos da Educación Infantil, preparáronlle un birrete, un diploma e unha banda e sacaron unhas fotos moi fermosas 😍 Que gran recordo!! É unha mágoa que non poidamos facer unha graduación todos/as xuntos 😢😥






XOGO: O LABIRINTO

Benvidos/as a todos/as a esta última semana de curso!! Como xa as enerxías van a menos nesta recta final e xa traballastes moito moito durante este confinamento, estes días ímosvos deixar uns xoguiños por se vos apetece pasar un cachiño con eles, vale? Xa é momento de afrouxar, así que non tedes que mandar fotos nin vídeos, só se vos apetece 😊

Ademais, ao longo destes días, se vos apetece, podedes enviar algunha receita que vós fagades, algún vídeo con algunha mensaxe para os compañeiros/as ou o que se vos ocorra e vos apeteza compartir connosco 😊

O xogo de hoxe chámase O LABIRINTO.

Primeiro de todo ímos elaborar o material para telo listo para xogar. Como ides facer? Explicámosvos.
  • Cortade rolos de papel hixiénico baleiros cun ancho aproximado de 3,50cm. Tedes que facer 10 anacos.
  • Unha vez tedes listos os 10 anacos, colocádeos e pegádeos dentro dunha caixa de cartón. Asegurádevos de deixar espazo suficiente para moverse o obxecto redondo.
  • Cando xa estean ben pegados, escribide na parte superior das pezas os números do 1 ao 10.
  • Metede dentro da caixa un pompón/bola de papel de aluminio ou calquera outro obxecto redondo.

Deixámosvos unha imaxe e un vídeo para que vos fagades unha idea de como é o xogo.


 Pasádeo ben!! 😊

sábado, 13 de xuño de 2020

PARABÉNS PALOMA

Hoxe a nosa amiguiña Paloma está de aniversario 🎈🎁 Parabéns peque!! Xa tes 6 aniños ❤️ Esperamos que pases un moi bo día!! Biquiños 😘😘

venres, 12 de xuño de 2020

EN MARCHA O RETO 12 DE XUÑO DE 2020

Para rematar esta semana, os peques puxéronse mans á obra para enrocar tapas, buscarlle o bote correspondente... Ben feito!!! 👏👏😀😀 Boa fin de semana nenas, nenos e familias!! 💓 Collede forzas para a recta final deste curso 😊

Dani A.





Gael























Lucía



Dani B.



Hugo G.










Xoán





Aroa

Nagore

RETO VENRES 12 DE XUÑO 2020

Ai.. chegamos ao final desta semana e só nos queda unha para rematar o curso 😢😢 Que mágoa que teñamos que rematalo así a distancia... pero bueno, o importante é coidarse!! Imos aló cunha proposta da vida cotiá que chamamos a caixa dos obxectos.

Necesitades:
  • Unha bandexa.
  • Diferentes obxectos, cada un cunha apertura distinta: un moedeiro, un estoxo ("estuche") con cremalleira, botes de perfume, un tarro (de enroscar, de pechar a presión), un candado, parafusos ("tornillos") e torcas...


Actividade:
Colocade os obxectos que escollestes na bandexa e as tapas por separado. O que tedes que facer é asociar cada tapa co seu bote/tarro, cada chave co seu candado, cada torca co seu parafuso, pechar a cremalleira... Non é complicado, intentadeo que é unha actividade moi interesante para practicar a motricidade fina, o que nos axudará a coller despois o lapis con maior soltura á hora de escribir.

Aquí tedes algúns exemplos:


----------------------------------

Agora como vén a fin de semana tocaban uns contiños pero hoxe imos cambialos por uns vídeos de curiosidades sobre algúns animais. Que vos parece? 😊



Agora sí, boa fin de semana!! 😘😘😘 Cargade ben as pilas para afrontar a última semana deste curso!! Haberá algunha sorpresiña 🙊

xoves, 11 de xuño de 2020

EN MARCHA O RETO 11 DE XUÑO DE 2020

Xa chegan mostras do dominio que teñen os nosos peques do seu corpo 😀😀 da gusto velos 😍😍

Dani A.






Dani B.




Gael















Lucía





Hugo G.





Xoán



Nagore


PARABÉNS KHAOULA!!!

Hoxe 11 de Xuño a nosa amiga Khaoula está de aniversario e cumple 5 anos!!!!👏👏💓 Parabéns Khaoula!!! Agardamos que desfrutes moito deste día tan especial na compaña da túa familia e amigos!!! E que para o curso que vén poidamos celebrarlo no cole cun gran bizcoito!!!🍵🎁


RETO XOVES 11 DE XUÑO DE 2020

Bo xoves!! Como estades de enerxía? Seguro que aínda vos queda unha poquiña para afrontar estes dous días 💪💪 

Hoxe traémosvos tres propostas de psicomotricidade así que en 3... 2... 1... Arrincamos!! 🚀

Movemento do corpo coa canción "Chuchuwa"
Imos mover un pouco o corpo ao ritmo desta canción. Estade ben atentos/as e facede o que van dicindo.



Lanzamento de bólas
Precisades un caldeiro/recipiente e tamén unhas pelotas. Se non tedes moitas podedes improvisar unhas facendo bólas de papel de xornal/revista.

Que tedes que facer? Encestar as bólas no caldeiro. Progresivamente iredes separándovos cada vez máis del, aumentando así a dificultade.

Imaxe extraída de internet

Motricidade fina con gomas
Imos poñer en marcha unha actividade proposta dende o blog Zoqueando á par do Departamento de Orientación (https://zoqueandoapar.blogspot.com/search/label/Motricidade%20fina). Tedes que coller un rollo de papel hixiénico e poñer nel diferentes gomas do pelo. Velaquí tedes unha imaxe de exemplo:

E isto é todo por hoxe 😊 Vamos que podedees!! 💪💪💪

mércores, 10 de xuño de 2020

EN MARCHA O RETO 10 DE XUÑO DE 2020

Queredes ver que monstros tan terroríficos fixeron os nosos peques? Mirade mirade 👀😀 Fixéstelo xenial xenial 👏👏

Gael












Lucía


Dani A. Fixádevos que guapísimo está Dani coas súas gafas vermellas!! 👓😍💓





















Dani B.



Xoán










Hugo G.

Betzabeth


Nagore