venres, 28 de xaneiro de 2022

BUSCA DE INFORMACIÓN SOBRE OS ANIMAIS DA CONTORNA (5.ºEI)

Que curiosidade espertan en nós os animais do bosque!! 🐗🐭🐕E que ademais, dan nome aos catro equipos da aula😍

Queremos aprender moito sobre eles, así que o mellor lugar polo que podiamos comezar a buscar información era a biblioteca. Aprendemos que a CDU é un sistema para clasificar os libros nas bibliotecas escolares e, no apartado 5, podiamos atopar libros sobre esta temática. Coa axuda das profes, seleccionamos algúns para levar á clase 📚


Agora, prepararemos un recuncho temático na clase. Xa volo amosaremos cando o teñamos listo 😀 Nel poñeremos estes libros, fotografías dos animais, miniaturas deles, novas do xornal relacionadas e calquera outro recurso que nos axude a aprender sobre eles 😁 Coma sempre familias, estades convidadas a aportar información, vídeos ou calquera recurso que nos poida axudar nesta aventura. Moitas grazas de antemán 💗

LECTOESCRITURA NA MESA DE LUZ

Na aula de 5.º de Educación Infantil comezamos a darlle moito uso ao agasallo de Nadal: a mesa de luz. Desta vez realizamos unha actividade de lectoescritura onde debiamos buscar as letras que compoñían o nome de cada animal do bosque. Este trimestre imos coñecer un pouco máis sobre diferentes animais presentes na nosa contorna: o xabaril, o raposo, o ourizo e a toupa. Comeza aquí un novo proxecto para nós!!

Unha vez formamos as catro palabras, contamos cantas letras tiña cada unha e buscamos o número correspondente. Había dúas palabras que contiñan o mesmo número de letras e que eran máis longas que as outras dúas. Canto aprendemos de mates!!

TRABALLAMOS AS PARTES DO CORPO EN INGLÉS (5.º EI)

Estes días, coa teacher Raquel estivemos a traballar as partes do corpo en inglés. Seguro que recoñecedes de quen é a silueta que pintamos. Nin máis nin menos que do noso amigo Pablo!! 😍



Velaquí tedes a canción das partes do corpo coa que traballan os nenos e nenas na clase de inglés 😊

luns, 24 de xaneiro de 2022

Dylan cumple 6 anos

Inauguramos ano e con el o aniversario de Dylan que xa cumpliu 6 aniños. Que maiores nos estamos facendo!!! Parabéns Dylan!!!!

domingo, 16 de xaneiro de 2022

Os Reis Magos fixeron unha parada na aula de 5 anos.

Que sorpresa nos levamos ao voltar á aula despois das vacacións de Nadal. Ao pé da árbore había uns agasallos que Melchor Gaspar e Baltasar nos deixaran. Quer emoción!!!

sábado, 15 de xaneiro de 2022

XOGOS MATEMÁTICOS NO PATIO

Estes días, fai mooooito frío ⛄pero o bo é que a media mañá, o soliño quenta moito e estase moi ben fóra🌞 Na aula de 5.º de Educación Infantil estamos aproveitando para saír ao patio facer xogos e, este venres, foron moi matemáticos.

Que divertido!! Saír fóra sempre é un acerto 😍

mércores, 12 de xaneiro de 2022

COMEZAMOS CUNS XOGUIÑOS

Comezamos o trimestre traballando con algunhas das propostas dos recantos para así ir collendo o ritmo pouco a pouco 😀 Aprendemos e pasámolo ben ao mesmo tempo!!

Experimentar, vivenciar, manipular... como nos gusta 😍

RECIBIMOS UNS AGASALLOS

O luns volvemos ao colexio logo das vacacións do Nadal. As nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil, iamos comezar a asamblea cando descubrimos que había unha carta sospeitosa na aula. Sería da profe? Sería dalgún neno/a da nosa clase? Noon!! Non era de ninguén. Cheos de curiosidade, abrímola e descubrimos que alguén nola deixara porque iamos recibir un agasallo 🎁 Seguimos cada unha das pistas que tiñamos entre mans e... tachán!!! Que ilusión!! 😀😍