xoves, 30 de xuño de 2022

Graduación 2022.

Aquí vos deixamos unhas imaxes ben bonitas da nosa graduación. Bo verán a to@s.

Proxecto: "Unha viaxe polo antiguo Exipto"

Mirade que cousas máis divertidas fixemos para dar por rematado o noso proxecto de Exipto. Quixemos facer os nosas propias xoias. Coma un poderoso faraón lucimos uns brazaletes de ouro e pedreria non da barata. Ademais na aula algún que outro converteuse nunha momia por un momentiño e fixemos pirámides no patio. Mirade que ben o pasamos!!

Aprendendo en inglés

Nesta recta final do curso estiemos traballando coa teacher Raquel os colores e o valor de que ser diferente pode chegar a ser moi diverido. Ao mesmo tempo lemos o libro The washing line qu enos ensinou que podemos axudar nas tarefas da casa colgando as prendas de roupa... porque mirade que guay o facemos!

mércores, 22 de xuño de 2022

Aniversarios de verán

Na aula de 5 anos festexamos os aniversarios de verán dun modo ben diferente ao que facemos habitualmente. Despois do bailoteo e confetti tomamos asiento para unha mmerendola moi saudable con froitas da tempada que preparamos nun momentiño. Mirade, mirade, de que froitas estamos a falar. Estaban ben fresquiñas e ricas!!!

martes, 21 de xuño de 2022

SAÍDA Á CASA DE ANXO MOURE

Canto nos divertimos o venres 17!! Sabedes a onde fomos?? Á casa de Anxo Moure a Chantada 😍 como nos gustou!! Mirade un pequeno resumo deste día 😃

luns, 20 de xuño de 2022

PREPARAMOS ENSALADA DE LEITUGA

As nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil traballamos duramente na horta este trimestre: plantamos, regamos, arrincamos herbas, démoslle cariño aos cultivos... e tanto esforzo tivo a súa recompensa. A semana pasada, recollemos 4 leitugas e, dado que non había unha para cada un/unha de nós, decidimos facer unha ensalada.

Queredes ver como a fixemos? Mirade, mirade 👀 pois tamén tivemos que ir ao supermercado para comprar ingredientes 😀

A ensalada non é o prato favorito dalgúns de nós pero o importante é ir probando novos alimentos!! Pouco a pouco, collerémoslle o gusto 😋

ANIVERSARIOS DO VERÁN

Na aula de 5.º de Educación Infantil non paramos de facer festas!! O pasado xoves celebramos os aniversarios de Bruno, Mauro, Iker e Aitana pois sopran a candea do 5 durante as vacacións de verán 🎈🎉🎁 Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da celebración que fixemos no cole 😁

Moitos parabéns aos 4 👏👏 Querémosvos moito 💖

xoves, 16 de xuño de 2022

ANDAN OS PAXAROS...

Na aula de 4º de Educación Infantil estamos inmersos no mundo dos paxaros, o motivo? Un poema de Florencio Delgado que lemos na clase: "Andan os paxaros..." e falando, falando de paxaros démonos de conta que só coñecíamos as gaivotas, entón picounos a curiosidade, como lle pasa a Ratiño e saímos ao patio a observar paxaros, ese día vimos unha pega, oito gaivotas, un merlo, un ferreiriño...🐦

Poucos días despois recibimos a visita de Ratiño que nos deixou unha carta, na que nos facía saber a súa alegría por interesarnos polo mundo dos paxaros e animounos a visitar a Biblioteca do centro para coller libros informativos, concretamente o apartado 5 da CDU. Ademais diso transmitiunos a súa preocupación polo coidado do medio ambiente e comprometémonos a aunar esforzos para que o noso planeta terra non sufra máis danos tomando unha serie de medidas no día a día (aforrar auga, luz, reciclaxe...) 👀

Para que os paxaros poidan facer os seus niños tranquilos, Ratiño trouxonos dúas casiñas para colgar nas árbores do patio e ademais deixounos dous niños para observalos e intentar saber a que paxaro pertencían, para isto pedímoslle axuda a Alberto, un gran amante da natureza e moi interesado no mundo dos paxaros. 

Graciñas Alberto por toda a tua paciencia e colaboración!!💙💗💚💛💜

martes, 14 de xuño de 2022

Eber cumple 6 anos

O noso amiguiño Eber estivo de aniversario. Agardamos que o pasaras ben neste día. Parabéns Eber!!!

luns, 13 de xuño de 2022

INAUGURACIÓN DOS CARTEIS

O xoves 9 de xuño de 2022, coincidindo coa recente celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, acudimos ao Bosque do Añón á inauguración dos carteis sobre a fauna e a flora da Ribeira do Anllóns.

Velaquí unha pequena mostra do que vivimos ese día 😍

Grazas ao Concello de Carballo por facer isto posible!! Encántanos ver os nosos traballos expostos no Bosque do Añón 😀

FACEMOS PRATOS PRIMAVERAIS

A primavera... que estación tan bonita, cantas flores!!! 🌸🌷🌹🌺🌻🌼 Na aula de 5.º de Educación Infantil saímos ao patio en busca delas para facer unha manualidade. Mirade que argallamos desta volta 😍

Xa pensastes en que lugar das vosas casas ides colocar estes platiños tan fermosos? 💓

mércores, 8 de xuño de 2022

Aprendendo con Ratiño...

Nas últimas semanas, na clase de 4º de Educación Infantil, estivemos recibindo a visita dun curioso amiguiño, Ratiño, o protagonista do conto "¿Puedo mirar tu pañal?". Para presentarse deixounos unha carta  onde nos explicaba a necesidade que ten sempre de aprender, por este motivo entra  a curiosear en museos, Bibliotecas, laboratorios, colexios... por iso a partir de agora vai compartir con nós o que ve ou o que quere aprender.

Para empezar visitou  algúns museos, deixounos autorretratos de distintos pintores e unha caixa moi especial que contiña un gran tesouro!!!💎💰 despois invitounos  a facer o noso propio retrato, Queredes ver imaxes do acontecido? 📷😊 pois velaí van algunhas

luns, 6 de xuño de 2022

PARABÉNS JULIETA!!

 O 16 de maio a nosa amiga Julieta cumpriu 4 anos e para celebralo organizámoslle unha festa rachada🎈🎂🎉 PARABÉNS JULIETA!!!🎁