martes, 1 de xullo de 2025

Para os nenos e nenas de 6º de Infantil

Velaquí un último recordo para os nosos peques.💗💗 Canto medramos!!!, alá deixamos 3 marabillosos anos nos que aprendemos moito xuntos para comezar unha nova etapa chea de alegría e ilusións. Grazas por compartir connosco todos e cada un dos vosos momentos. Querémosvos, e non esquezades que a porta de infantil sempre estará aberta para vós🥰🥰🥰.
O noso paso por Infantil de Infantil
Orla 2025 de Infantil
graduacion infantil 2025 de Infantil

domingo, 29 de xuño de 2025

Photocall fin de curso

Ollade que simpáticos quedamos os nenos de Ed.Infantil no photocall de fin de curso!!!

mércores, 18 de xuño de 2025

ANIVERSARIOS VERANIEGOS

O pasado martes celebramos os aniversarios de xuño e de verán. Parabéns para Fatou, Rocky, Sergio, Luciano, Aarón Martínez, Izan e Saúl. Agardamos que o pasarades tan ben coma nós na vosa festiña!!!!.
Parabéns amiguños!!! de Infantil

martes, 17 de xuño de 2025

VILLA REGINA

A piques de rematar o curso os máis peques do cole quixemos clausuralo coa saída a "Casa Regina"en Sta. Comba. Que ben o pasamos, unha experiencia inolvidable. Grazas a Regina e a todos os animaliños da granxa por recibirnos tan ben.😁
VILLA de Infantil

xoves, 12 de xuño de 2025

5 DE XUÑO. DÍA DO MEDIO AMBIENTE.

Para celerar o día do medio ambiente fomos ao xardín do adro da Milagrosa a plantar unhas flores ben bonitas. Ollade e veredes!!!
Día medio ambiente de Infantil

xoves, 5 de xuño de 2025

ANIVERSARIOS MAIO

Parabéns para Manuel, Liamny`s, Erik e Miguel nos seus aniversarios. Querémosvos🥰🥰
ANIVERSARIOS MAIO de Verónica

luns, 5 de maio de 2025

ANIVERSARIOS ABRIL

Neste mes de abril festexamos o aniversario de Alejandro, Alaa e Aitana. Parabéns amiguiñ@s!!!
aniversarios abril de Infantil