xoves, 30 de marzo de 2023

EXPERIENCIAS MANIPULATIVAS E SENSORIAIS DO PROXECTO "OS TESOUROS DO MEU CORPO"

Remata o 2.º trimestre e con el, na aula de 6.º de Educación Infantil, rematamos o noso proxecto "Os tesouros do meu corpo". Ademais de rexistro de datos e información, levamos a cabo diferentes experiencias manipulativas e sensoriais que nos encantaron 😍

Velaquí vos deixamos un vídeo resumo 👀


Sen dúbida, o éxito absoluto foi a estación de análises de sangue na tuff tray 😀


Tamén nos gustan moito as botellas sensoriais e estamos desexosos e desexosas de levalas para as casas pero imos deixalas no colexio uns días máis para levar ao Salón do Libro de Carballo no mes de abril 😊

sábado, 25 de marzo de 2023

OICHES!!!!....... O POEMA DOS NENOS E NENAS DE 5º DE E.I.

Na clase de 5º de EI aproveitamos  o día 21 de Marzo, que foi o Día Internacional da Poesía, para denunciar a situación que estamos a vivir a diario no noso colexio a través dun poema inventado por nós: hai xente que pasea aos cans pola contorna do centro e non recolle as cacas!!! Estamos cansos/as de pisar as cacas e ter que limpar os zapatos un día si e outro tamén, xa está ben!!! O que ten unha mascota ten que saber que ten unha responsabilidade e que debe ter un mínimo de concienciación cidadá. Agardamos que con este poema fagamos reflexionar a este tipo de xente irresponsable, e por fin  fagan o favor de recoller e tirar as cacas ao lixo. No seguinte vídeo podedes ver o poema e un vídeo de como o recitamos👀👂😋

luns, 20 de marzo de 2023

domingo, 19 de marzo de 2023

Proxecto "Os pitiños".

Nestas semanas estivemos avanzando no noso proxecto e coñecendo cousas sobre o noso amiguiño Pepe e a súa familia, como por exemplo quen é o seu papá e a súa mamá, qué comen, cantos ovos pode poñer unha galiña, as diferentes razas, donde viven....
Deixámosvos enlace á cancion de "La gallina Turuleca" que tanto nos gusta.

8 M. DíA DA MULLER.

O 8 de marzo foi o día da muller,  e na aula de 3 anos fixemos homenaxe ás mulleres da nosa vida,aquelas que nos coidan e protexen todos os días "AS NOSAS MAMÁS". 

Velaquí o retrato de cada unha delas, Querémosvos moooiiitoooo!!!


sábado, 18 de marzo de 2023

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Onte celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia porque forma parte dun dos obxectivos que pretendemos co proxecto da biblitoeca titulado "Cóidome, cóidote, coidámonos" neste 2.º trimestre. Para iso acompañáronnos pola mañá un grupo de 5 investigadoras que traballan no CHUS.

As nenas e nenos de Educación Infantil participamos en 3 obradoiros que nos encantaron!! Aprendemos que Galicia está na vangarda da investigación oncolóxica porque nos axudan a conseguir un diagnóstico máis temperá e un tratamento eficaz e personalizado.

Estámosvos enormemente agradecidos/as polo tempo que nos dedicastes!! 💜💜💜💜💜

venres, 17 de marzo de 2023

8M EN 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL: ORNITÓLOGAS, AS MULLERES QUE PROTEXEN E ESTUDAN ÁS AVES.

Unha vez máis Ratiño deixounos información moi valiosa sobre as aves, desta vez fixo posible que recoñecesemos o valor de mulleres que protexeron e estudaron as aves ao longo da historia. O 8 de Marzo deixounos na clase uns prismáticos e as imaxes das citadas ornitólogas. Velaí unha pequena mostra de todo o que fixemos💜

 

domingo, 12 de marzo de 2023

8M: MULLERES GALEGAS QUE NOS COIDAN

 

Na aula de 6.º de Educación Infantil traballamos, polo 8 de marzo, algunhas mulleres galegas que nos coidan 💜 Buscamos en internet e fixemos un pequeno mural a modo de homenaxe pola súa magnífica labor.





venres, 10 de marzo de 2023

PARABÉNS VALERIA!!!

O luns 6 de Marzo a nosa amiguiña Valeria cumpliu 5 anos e por suposto celebrámolo cunha festa rachada e cunha merendola a que nos invitou Valeria!!! Parabéns e grazas!!!!🍰🎈🎉

mércores, 8 de marzo de 2023

QUE SON AS ARTICULACIÓNS?

As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil seguimos traballando sobre o corpo humano 💀💪🖐🦶. Estes días aprendemos que son as articulacións e a súa importancia 😀

O aniversario de Rosalía de Castro

 O 23 de Febreiro foi o aniversario de Rosalía de Castro, en 5º de EI quixemos celebralo con varias actividades:

- recitamos na clase o seu poema "Unha vez tiven un cravo cravado no corazón..."

- profundizamos na temática do poema e barallamos posibles motivos polo que Rosalía podería sentir tanta dor

- cada neno e nena da clase fixo un corazón💗 con elementos presentes na clase

- a partir dun retrato de Rosalía fixemos unha composición con material da aula

- celebrámoslle o aniversario  cantando o Parabéns para ti e soplando unha vela🎈🍰

- como en Infantil tiñamos que facer unha pequena investigación sobre as fabas, para facer o caldo de gloria, representamos a cara de Rosalía de Castro con fabas negras, blancas e pintas. 

Velaí tedes unha pequena mostra de todo o que pasou neses días...👀

mércores, 1 de marzo de 2023

"ENTROIDANDO" NA AULA DE 4º DE EI

A finais de Febreiro celebramos o Entroido con moitas actividades, arrincamos o festexo coa III carreira do corazón e seguimos cos mandados do Xestal, polo que a diversión estivo asegurada en todo momento. O venres 17 disfrazámonos de amorodo, desfilamos polas rúas de carballo, gozamos dunha merenda coas nosas familias no colexio e a ANPA invitounos a unha chocolatada... en definitiva, foi unha xornada na que todos e todas gozamos moito e pasámolo en grande xuntos/as. Moitas grazas por todo!!!💗