venres, 31 de xaneiro de 2020

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Onte, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Comezamos cunha actividade de robótica que nos prepararon, para todo o cole, as nenas e nenos de 6.º de Educación Primaria xunto co seu profe. Converteron os mBots en Tanquebots con palabras como agarimo, paz... que foron quen de destruír o muro do medo, o bullying... (feito con pezas LEGO) para lograr un mundo mellor.

Tamén fixeron en papel continuo diversos símbolos referidos á paz, polos cales camiñaron diferentes Ozobots. Como veredes, dependendo do código de colores, realizan uns movementos ou outros, que vos parece??
 

Fixemos un pequeno festival conxunto entre todo o cole, onde cada clase presentou a muller que estivo traballando ao longo dos días; todas elas recibiron un Premio Nobel da Paz. Tamén se realizou a entrega de agasallos do concurso de debuxos e contos e rematamos bailando a canción "Girasoles de Rozalén".
    

"A paz non é algo que desexas. É algo que creas, algo que fas, algo que es e algo que regalas".
John Lennon

sábado, 25 de xaneiro de 2020

NA BUSCA DE INFORMACIÓN

Despois de respostar ás preguntas:

Que sabedes sobre o Polo Norte?
Que queredes saber sobre o Polo Norte? 

Comezamos o proceso de busca de información: buscamos nos libros que nos trouxo Branca e nos que nos trouxeron as familias. Pero quixemos buscar tamén na Biblioteca do noso centro, alí vimos a diferencia que hai entre os libros de ficción e os libros informativos e indagamos en que apartado da CDU deberíamos buscar para atopar libros nos que se falase sobre o Polo Norte.
Finalmente chegamos á conclusión que tiñamos que mirar no apartado 5 Ciencias exactas e da natureza.









venres, 24 de xaneiro de 2020

O NOSO RECUNCHO

As nosas ansias por aprender sobre a terra de Branca levounos a escribirlle unha nota as nosas familias para buscar máis información, con todo o que aportaron montamos o noso propio recuncho do Polo Norte. 


Familiaaaaasss moitas grazas por axudarnos!!!






EXPERIMENTANDO

Despois das vacacións de Nadal quixemos seguir experimentando coas dúas esferas de xeo que deixaramos no conxelador... E se botamos as dúas esferas nunha pota e as quentamos na cociña? que pasará?





Comparamos o que lle aconteceu ás esferas de xeo co que está a pasar nas terras de Branca , o planeta terra quéntase irremediablemente e Branquiña vai quedar sen casa, iso prodúcenos moita tristeza... pero seguro que atopamos unha solución!!! non nos daremos por vencidos/as!!!

UN CILINDRO DE XEO

E como non!!! quixemos repetir experiencia!!!Fixemos dúas esferas máis con globos e quixemos probar outra cousa ... que pasaría se fixesemos o mesmo pero nun bote que tiñamos na clase con forma cilíndrica? Isto foi o que pasou...








O RESULTADO

Despois de conseguir encher o globo con auga só quedaba metelo nun conxelador, entón decidimos desplazarnos á sala de profesores/as onde hai un e deixámolo alí un día.
 Ao día seguinte volvemos ao conxelador e mirade cal foi o resultado....






Agora xa só quedaba ver o que pasaría se deixábamos a nosa esfera de xeo fóra do conxelador....




Isto deunos pé a falar do que era o estado sólido e do que era o estado líquido e como é o proceso de desconxelación, ademais establecemos unha comparativa co que desgraciadamente está pasando nos Polos.

ESFERAS DE XEO

Na carta, Branca contounos que é amiga de Fidalgo, a nosa mascota da Biblioteca, e que se coñeceron nunha das viaxes que fixo o noso trasno ao Polo Norte. Na carta ademais Branca transmitiunos a súa crecente preocupación polo quentamento do planeta terra, cada vez que sube a temperatura os Polos derrétense, e pídenos axuda para buscar solucións.
Ademais propúxonos xogar e experimentar facendo esferas de xeo, para iso precisábamos encher un globo con cousiñas de outono (follas, landras, millo...) despois encher o globo de auga e metelo no conxelador e agardar ao día seguinte para ver o resultado e así o fixemos...










Pero algo non funcionaba ao introducir as follas, millo e as landras e despois encher o globo de auga a auga non entraba no globo mmmm..... entón tivemos que buscar unha solución e despois de moito pensar encendeusenos a bombilla... e se lle damos co inchador de globos da profe despois de introducir as cousiñas de outono? Ese día Aitana era a encargada e púxose mans á obra...




Logo de inchar o globo había que probar algo moi difícil: introducir a boca do globo dentro dunha botella de auga para darlle despois a volta e que quedara o globo cheo de auga!






Demos coa solución!!! Posteriormente reflexionamos sobre o acontecido e chegamos á conclusión de que o aire realmente ocupa lugar, ao inflar o globo éste encheuse de aire e por iso despois puidemos ocupar o espazo con auga!

UN CORREO URXENTE

Despois desta inesperada visita e de recibir este fermosísimo agasallo, plantexousenos unha pequena incógnita.... se o xacinto, tal e como nos explicaron os nosos compañeiros e compañeiras de  5 anos, é unha planta de inverno soportaría as duras condicións do Polo Norte??? Ahhhh!!! Agardade que non sabedes porque falamos do Polo Norte, non? Pois claro e que estivemos tan liados e liadas na clase que non nos dou tempo  a publicar todo o que nos aconteceu.... imos comezar polo principio!!!

Todo comezou no mes de Decembro do pasado ano 2019, en plena euforia pola proximidade das datas de Nadal,sabendo que Papá Noel comeza a preparar a súa conta atrás para posteriormente repartir os agasallos. E falando de Papá Noel... preguntámonos e onde vivirá? teñen que ser unhas terras moi lonxanas e sobre todo moi xélidas!!!

Un día durante o transcurso da asemblea alguén chamou á nosa porta, era Alberto o noso conserxe cun paquete na man!!! explicounos que viñera un paquete para nós por correo urxente!!!
Era todo un misterio que debíamos resolver....
Plantexámonos hipoteses do que podería ser, despois movemos a caixa para ver que pasaba, escoitamos atentamente por se facía algún tipo de son... Que sería? Sería algo perigoso?
Armámonos de valor e abrimos a caixa... as nosas caras enchéronse de tenrura ao ver  o que era... unha pequena osiña polar!!! Ademais da caixa viñeron uns libros que falaban das  lonxanas terras da nosa amiga Branca, que así se fai preguntarédesvos porque lle sabemos o nome pois porque dentro da caixa había unha carta dirixida á nós.




                                                 

UNHA GRATA VISITA!!!

Hoxe recibimos unha grata visita!!!
Os nenos e nenas de 5 anos e a súa mestra María, viñeron a traernos un fermoso agasallo: un xacinto!!! Co que nos gustan a nós as plantas!! Que sorte!!!
Pero non só nos trouxeron a planta senón que ademias esforzáronse un montón e déronnos un escrito no que explicaban as características da planta e os pasos a seguir para o seu coidado. Ademais temos que estar mooooi atentos!Informáronnos de que a cor da flor do xacinto ía ser rosa porque viña plantada nunha maceta rosa!!!
 Moitas grazas aos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil e á mestra María!!!! Encantounos e ímola coidar un montón!!








xoves, 23 de xaneiro de 2020

UN POUCO DE RECUNCHOS NA AULA DE 5

Na aula de 5 anos gústanos moito xogar nos recunchos. Neles temos propostas variadas:
  • Realización de figuras en base a unhas tarxetas modelo.
  • Ordenar a serie numérica do 0 ao 10, asociar fichas tipo dado e tarxetas coa cantidade de elementos correspondente.
  • Recoñecer as letras polas que comezan diferentes debuxos.
  • Quebracabezas de asociar vogais coa imaxe correspondente.
  • Asociar imaxes coa súa sombra.
  • Escritura de palabras.
Deixámosvos unha pequena mostra do noso traballo.

xoves, 16 de xaneiro de 2020

DYLAN CUMPLE 4 ANOS

Mirade que maiores nos estamos facendo na aula de 3 anos. Comeza o ano e con el o aniversario de Dylan. Parabéns Dylan!!!!!!!

domingo, 12 de xaneiro de 2020

PARABÉNS!


Na clase de 5º de Educación Infantil comezamos o ano cheos de enerxía e celebracións. O día 8 de Xaneiro celebramos o aniversario de Gael, que xa cumpliu 5 anos!!!O venres celebramos os aniversarios de Juan (31 de Decembro) e Ana (1 de Xaneiro) que xa o celebraran nas súas casas durante as  vacacións de Nadal pero apetecíanos moito compartir con eles a ledicia de cumprir anos.
Parabéns compañeir@s!


















mércores, 8 de xaneiro de 2020

LIBRO "OS TIBURÓNS"

Agora que estamos de volta no cole, ímosvos ensinar algo que fixemos logo de estudar moooito moito sobre os tiburóns.



Como vedes é un pequeno libro con cousiñas que estivemos aprendendo. Agora quedará gardado na biblioteca do cole na sección de creacións propias para que todos os nosos compañeiros e compañeiras poidan lelo.

Dende aquí convidamos ás familias a que veñan botarlle unha ollada, así como a facer uso da biblioteca pois tamén ten libros moooi interesantes para vós.

VOLTA AO COLE E AGASALLOS DE NADAL

Hoxe volvemos ao cole despois dunhas pequenas vacacións de Nadal. En infantil xa estabamos preparados para a asemblea cando Alberto veu cun aviso para nós!! Apareceron uns agasallos na biblioteca que eran para as nenas e nenos de 3, 4 e 5 anos jijiji que ilusión!! Aló fomos mirar, cheos de curiosidade e... que vos parece que era???


Pois si!! Eran 3 caixas de LEGO, unha para cada clase!! jiji como nos gustaron. Temos que confesar que xa xogamos con elas hoxe, non nos podiamos resistir.