martes, 30 de marzo de 2021

SEMANA EMOCIONANTE NA AULA DE 3 ANOS

Esta semana Fidalgo, a mascota da biblioteca, propúxonos desenvolver unha Semana Emocionante. Cada día, debiamos escanear un código QR para coñecer o reto e levalo a cabo. Cheos de ilusión e entusiasmo, puxémonos mans á obra!!

Queredes ver que ben o pasamos? 👀

Se picades na seguinte ligazón, podedes ver o vídeo que fixo Fidalgo para o blog da biblioteca, onde tamén aparecemos nós: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2021/03/rematamos-semana-emocionante.html


Boas vacacións!! Coidádevos moito.

DÍA DA POESÍA NA AULA DE 3 ANOS

O 21 de marzo celebrouse o Día da Poesía e, dende a biblioteca, propúxosenos facer un vídeo dun poema de Xela Arias. Sabedes quen é? É a persoa á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Velaquí tedes a nosa aportación 😍


Tamén podedes ver o noso vídeo e os dos demais compañeiros e compañeiras no blog da nosa biblioteca:

http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2021/03/recital-de-poemas-de-xela-arias.html

martes, 23 de marzo de 2021

HUGO CUMPLE 4

Hoxe, na aula de 4.º de Educación Infantil estamos de celebración. O noso compañeiro Hugo está de aniversario, xa ten 4 aniños!! Moitos parabéns Hugo 🎈🎉🎁 Agardamos que o pasases ben na festiña do cole con todos/as nós 💓

💓 Querémoste moito 💓

domingo, 21 de marzo de 2021

POR MARROCOS

Moitas foron as experiencias que vivimos ao longo destas últimas semanas no referido á viaxe dos nosos amigos Annie e Aurelio a Marrocos!! Estivemos tan atarefad@s buscando información e investigando sobre as terras marroquís que non tivemos tempo de compartilo con tod@s vós, agora mesmiño vos facemos un resumo de todo.

Primeiro dicirvos que Annie e Aurelio enviáronnos un correo electrónico detallándonos como fixeran a súa viaxe desde A Coruña ata Marrocos,  primeiro atravesaron toda España en coche ata chegar a Alxeciras e alí tiveron que coller o Ferri ata Tánxer para despois seguir o camiño ata Marrocos. Como foron en coche nós tamén quixemos aprender a conducir, tivemos que aprender o significado das sinais de tráfico e fixémos unhas prácticas de condución para conseguir  o carné de conducir.

Outro día invitáronnos a xogar buscando pistas pola clase, sabedes quen deixou un montón de libros informativos de Marrocos agochados pola clase?? O noso amigo Fidalgo que tamén é moi bo amigo de Aurelio e Annie.







Unha vez que chegamos a Alxeciras collemos o Ferri e puxéronnos un novo selo no noso pasaporte: Marrocos. Aurelio e Annie escribíronnos desde a capital de Marrocos que é Rabat e alí coñecemos monumentos tan importantes como a torre Hassan, o Mausoleo de Mohamed V e Kasbah de Oudayas. Gustounos moito a torre Hassan, buscamos información sobre ela e o que máis nos chamou a atención foi o que medía, nin máis nin menos que 44 metros de altura, pero canto eran 44 metros? Pois quixemos saber como era o número 44 e despois experimentar coa medida de 44 metros.


Con Aurelio e Annie tamén coñecemos cidadades como Casablanca e Marrakesh.






Aurelio e Annie comunícannos que lle gusta moito mercar nos mercados de marrocos que reciben o nome de zocos, quixemos buscar información sobre os produtos que se vendían nos zocos: alfombras, coiro e zapatos, doces, especias... E precisamente con especias estivemos experimentando na clase, tiñamos cúrcuma, especias orixinarias de marrocos, pimentón, pementa... encantounos ulilas e despois mesturalas con auga para pintar con elas, desfrutamos un montón!!

Esta semana escoitamos o CD do libro que nos deixou Fidalgo na clase e quixemos pintar ao son da música marroquí, estivemos moi concentrad@s e plasmamos no papel as sensacións que nos transmitiu a música de orixe marroquí.

Agora podedes ver as imaxes de todo o que fixemos neste vídeo agardamos que o gocedes un montón, nós seguiremos buscando máis información sobre este país tan espectacular.

martes, 2 de marzo de 2021

SOLICITUDE DE ADMISIÓN CURSO 2021/2022

Estimadas familias.

Dende o día 1 ao 22 de marzo está aberto o prazo de admisión para o curso 2021/2022 para aquel alumnado que queira incorporarse ao centro.


Queredes coñecer un pouquiño máis de nós? Velaquí tedes un vídeo 😊

Agardámosvos!!