domingo, 1 de setembro de 2019

APLICACIÓNS PARA A TABLET

Para descargar as seguintes aplicacións para a tablet ou móbil, debedes acceder a Google Play ou Play Store e buscar polos nomes sinalados en amarelo.


Bee-Bot. Poñede en marcha as habilidades que aprendestes co Bee Bot da escola. Lémbradelle ás vosas familias o que significa cada tecla. Ollo: unha vez xirades (tanto á dereita como á esquerda) para avanzar debedes darlle a tecla cara adiante, non de novo á de xirar.






Piano Kids - Music Songs. Esta aplicación permítevos tocar diferentes instrumentos musicais, recrear cancións variadas seguindo as instrucións dadas e escoitar o son de diferentes animais.









Las series de Lucas. Ten xogos variados para a realización de series.






Duplo World. Permite xogar con pezas LEGO Duplo como as que temos na clase pero de forma virtual.







ABCDinos. Contén xogos de letras (trazos, localización dunha letra determinada) e números (buscar o número repetido, localización dun determinado número).






Dr. Panda Restaurante 3. Permite xogar a facer facer de comer nun restaurante.







Pepi Bath. Permite traballar sobre os hábitos de hixiene.









Pupitre. Contén xogos variados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario