luns, 28 de decembro de 2020

A chegada do Nadal

Na aula de 4 anos estivemos preparándonos para esa data tan especial que  a todos nos gusta tanto, o Nadal,
En días previos etivemos decorando a nosa aula , facendo postais...poñendo todo a punto para a chegada de ese día tan esperado  Que nervios!!!
E por fin chegou e así o festexamos, e como non levando a nosa carta a Papá Noel. Queredes ollar?

Bo Nadal a todos!!!

venres, 25 de decembro de 2020

UN DÍA MOI ESPECIAL!!

O martes 22 de Decembro foi un día cargado de emoción: escoitamos o Sorteo de Lotería de Nadal, recibimos a visita do mesmísimo Papá Noel que nos deixou un agasallo, celebramos a chegada do Nadal cunha pequena merendola e festa na aula, despedímonos dos nosos amigos e amigas ... 
Lamentamos non poder compartir estes momentos tan especiais co resto do alumnado e profesorado  como en anos anteriores, así que o noso principal desexo para o vindeiro ano foi que puideramos seguir compartindo vivencias, festas e merendolas con toda a comunidade educativa con normalidade como viñamos facendo antes da pandemia. Namentres, neste vídeo intentamos achegarvos cales foron os principais momentos  previos á chegada destas datas tan especiais, agardamos que vos guste!!💗🎄🎅



TRABALLANDO A REO!

Estes días previos ás vacacións de Nadal o alumnado de 5 anos estivo moi atarefado: ambientamos a aula, fixemos as portadas dos nosos traballos, adornamos  bolsas ... Queredes ver algúns deses momentos?? 


DESPEDINDO O MES DE DECEMBRO CUN POEMA

O alumnado de 5 anos quixemos despedir o ano 2020 cun pequeno poema do libro "Almanaque musical" da Editorial Kalandraka que leva por título Decembro, agardamos que vos guste!!!


martes, 22 de decembro de 2020

CELEBRAMOS O NADAL NA AULA DE 3 ANOS

Hoxe, na aula de 3 anos, estivemos tooooodo o día de celebración. Queredes ver que ben o pasamos?? Mirade mirade 👀 pois quedou ben inaugurado o Nadal 🎅🎄

Agardamos que pasedes unhas boas vacacións e que carguedes moito as pilas!! Esperámosvos con ganas o 8 de xaneiro 😍 Coidádevos moito!!

🎄 BO NADAL E FELIZ 2021 🎄

luns, 21 de decembro de 2020

OTTO CUMPLE 3

Hoxe o noso amiguiño Otto está de aniversario. Xa ten nin máis nin menos que 3 anos!! Moitos parabéns Otto!! 🎁🎈Agardamos que gozases moito da festiña do cole 😊😍


💓Querémoste💓

domingo, 13 de decembro de 2020

RECORDANDO ALGÚNS DOS LUGARES VISITADOS!!

O outro día os nenos e nenas de 5 anos fomos á Biblioteca para facer memoria dos lugares que visitamos nestas últimas semanas coa axuda de Bee Bot: a torre de Hércules, o Big Ben , a Tower Bridge, a torre Eiffel, museo do Louvre.... Cada un de nós debía adivinar cal era a imaxe do lugar que nos preguntaba a profe Paula e levar a Bee Bot ata ela. Queredes ver como fixemos? Pois velaí van algunhas imaxes👀👉


sábado, 5 de decembro de 2020

RUMBO A PARÍS!!

Sabedes que na súa última viaxe Aurelio sorprendeunos con que tiña unha nova compañeira de viaxe, unha morceguiña chamada Annie!!! Pois esta semana escribíronnos dicindo que se atopaban en París e invitáronnos a viaxar ata alí, nós por suposto aceptamos a invitación sen pensalo, collemos os nosos pasaportes e billetes de avión e ... rumbo a París!!! ✈


luns, 30 de novembro de 2020

Boa Viaxe Mateo

Velaqui un agasallo para tí de todos nós Mateo, para que recordes o teu paso polo S. Luís Romero e non te esquezas dos amiguiños que aqui deixas. Moita sorte no teu novo destino. Querémoste!!!

domingo, 29 de novembro de 2020

ANIMALARIO OUTONAL

Mirade que animalario do máis outonal montamos na aula de 4 anos. Unhas cantas follas e ..... maxia!!!!. Ratos, tiburóns, caracois....

sábado, 28 de novembro de 2020

TRABALLAMOS AS CORES E O CÍRCULO

Estes días na aula de 3 aniños estivemos traballando as cores e tamén algunha forma xeométrica como o círculo. Para iso comezamos lendo o conto Un libro de Hervé Tullet que, por certo, gustounos moito!! Logo de ver que cores aparecían nel, decidimos facer un mural coas cores azul, amarela e vermella.

Pinta que pinta descubrimos unha cousa!! Se mesturamos as cores aparecen outras novas 😀😍 Unha vez feito o mural, buscamos pola aula obxectos de diferentes cores: vermello, azul, amarelo, branco, rosa, verde e laranxa.

Velaquí vos deixamos un vídeo para que vexades canto traballamos 😊


E aquí vai outro vídeo sobre este conto para que poidades velo en familia 😊

mércores, 25 de novembro de 2020

STOP ÁS VIOLENCIAS

Hoxe, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e as nenas e nenos de Educación Infantil dicimos STOP ÁS VIOLENCIAS.

PARABÉNS GAEL

Hoxe o noso amiguiño Gael está de aniversario, cumple 3 aniños!! Moitos parabéns 🎈🎁 Agardamos que gozases moito da festiña do cole. Xa es super maior!! 😀😀


domingo, 22 de novembro de 2020

COÑECENDO LONDRES CON AURELIO!!

Lembrádesvos de que o alumnado de 5 anos viaxamos en avión ata Londres? Pois estes días estivemos  coñecendo a cidade coa axuda do noso amigo Aurelio: o Big Ben que é o nome que recibe a gran campá do reloxo situada no Palacio de Westminster, o "London eye" unha das maiores norias-mirador do mundo, a "Tower Bridge" unha ponte situada sobre o río Támese, o palacio de  BucKingham...Coñecemos as moedas que utilizan os ingleses para pagar, estudiamos o mapa da cidade e ata olleamos un xornal inglés!!
Como nos gustou moito o reloxo do Big Ben intentamos facer unha recreación no patio co tamaño aproximado ao orixinal e despois elaboramos unha brúxula e un reloxo!!🕐 Velaquí vos deixamos unha pequena mostra de todo o que traballamos



Esta semana ademais recitamos un poema titulado "El reloj", querédelo escoitar?? 👂👂



venres, 20 de novembro de 2020

DIA UNIVERSAL DA INFANCIA

Hoxe, 20 de novembro, celébrase o Día Universal da Infancia. É por isto que as nenas e nenos de Educación Infantil decidimos facer un vídeo recordando os nosos dereitos.

"As nenas e nenos teñen dereitos. Que se cumplan é responsabilidade dos adultos"

PARABÉNS PABLO

Hoxe celebramos o cumple do noso amiguiño Pablo que o domingo fai 3 aniños 😀 Moitos parabéns Pablo!!! Agardamos que o pasases moooi moi ben na festiña do cole cos teus amiguiños e amiguiñas 🎈🎁


😍 QUERÉMOSTE MOITO 😍

xoves, 19 de novembro de 2020

POEMA "MI CARA" DE GLORIA FUERTES

Na clase de 3 aniños, gústanos moito escoitar unha canción que está baseada no poema titulado "Mi cara" e que foi escrito por Gloria Fuertes. Non llo digades a ninguén que é un segredo pero... escoitámola e cantámola todas as mañás despois da asemblea jijiji 😀

Como os xoves dende a biblioteca se nos convida a traballar poemas, decidimos facer unha actividade con este aproveitando que nos gusta tanto 😊 Ademais traballamos diferentes partes da cara. Foi todo un éxito a actividade!!  👏👏


Coas imaxes, fixemos unha pequena exposición diante da nosa clase.

Como podedes ver, o noso vídeo tamén foi publicado no blog da Bibliosanluís:

martes, 17 de novembro de 2020

EN 3 ANOS FACEMOS UN EXPERIMENTO

Hoxe, na clase de 3 aniños, fixemos un experimento que nos propuxo Fidalgo, a mascota da biblioteca. Queredes ver en que consistía?

Logo de ler a proposta, puxémonos mans á obra. Velaquí tedes un vídeo 😊

Que ben o pasamos!! 😀😍 Ata está publicado o noso vídeo no blog da biblioteca: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/11/experimento-4-educacion-infantil.html

domingo, 15 de novembro de 2020

DE VIAXE A LONDRES!!

Unha vez máis Aurelio desapareceu da clase e non dou sinais de vida ata o outro día, que lle enviou un correo electrónico á profe Paula!! Na carta contounos que para ir ao seu novo destino collera o avión e que nese país a xente falaba inglés, conducían  pola esquerda e que tiñan unha moeda distinta do euro. Despois de moito matinar Aurelio desvelounos o seu destino: estaba en Reino Unido, máis concretamente en Londres!!!

Aurelio deixounos para colorear a bandeira deste país, un billete e un pasaporte para cada un de nós!!Porque credes que nos deixou todo isto?? Pois si!! Para viaxar ata Londres e así o fixemos!! 
Tivemos que ensinar o billete, o pasaporte e coller a nosa equipaxe. A azafata de voo deunos instruccións do que tiñamos que facer unha vez que subimos no avión e ata nos serviu café !!! Tanto o despegue como a aterrizaxe transcorreron sen incidencia. ✈



ARTE NO OUTONO

 Os nenos e nenas de 5 anos seguimos gozando da estación na que estamos, desta vez aproveitamos as follas e froitos caídos para desplegar a nosa creatividade, queredes ver o que fixemos? 👀


sábado, 14 de novembro de 2020

O MONSTRO DE CORES

Estes días os/as máis peques do cole estivemos a traballar o conto O monstro de cores que trata sobre un monstro que esta confundido coas súas emocións. Logo de lelo varias veces decidimos facer un pequeno vídeo coas nosas caras de alegría, tristeza, rabia, medo e calma. Queredes velo? 😀

Esta será unha das nosas aportacións ao Proxecto Documental Integrado da biblioteca que este curso leva por título "Conto coa túa emoción" 💓

Agora deixámosvos un vídeo sobre o conto por se vos apetece velo coa vosa familia 😊

ROBÓTICA OUTONAL

Este xoves na aula de 3 aniños traballamos cunha abelliña moi especial. Chámase Bee Bot e é un robot. Sabedes que fixemos con ela? Coñecemos diferentes froitos do outono e traballamos cuestións de lóxica-matemática como o conteo. Mirade que ben o pasamos 👀 Gustounos tanto que imos repetir moitas máis veces 😀😍

TRABALLO POR RECUNCHOS NA AULA DE 3 ANOS

Nalgúns momentos da xornada, as nenas e nenos de 4.º de Educación Infantil xogamos por recunchos. Velaquí vos deixamos unha pequena mostra dalgúns deles 😊

Recuncho da arte, neste caso dando renda solta á creatividade e á imaxinación. Somos artistas!!🎨 Tamén temos plastilina para facer creacións libres.



Recuncho de lectoescritura, onde facemos as iniciais dos nosos nomes con plastilina, comezamos a asociar algunhas das nosas letras, "lemos" contos... 📚







Recuncho do xogo simbólico, cun mercado, cociña, bonecos... 🍏🍋🍊




Recuncho de lóxica matemática, con pezas LEGO e de madeira para construcións, propostas de asociar números coa cantidade, recoñecemento de cores...





Recuncho dos animais e os coches 🐴🐶🐷🚒🚗


"Xogar é a forma favorita do noso cerebro para aprender" Diane Ackerman

mércores, 11 de novembro de 2020

PARABÉNS DIEGO

Hoxe o noso amiguiño Diego cumpliu 3 aniños!! Que maior 🎈🎉🍰 Velaquí vos deixamos un vídeo da super celebración que fixemos no cole, que ben o pasamos. Sen dúbida, o confeti encántanos 😀😍

💓 MOITOS PARABÉNS DIEGO💓 

martes, 10 de novembro de 2020

CANTO MIDE A TORRE DE HÉRCULES?

Despois de ver fotos de Aurelio xunto a Torre de Hércules preguntámonos: e canto medirá a Torre de Hércules? 
Buscamos información en varias páxinas de internet e chegamos á conclusión de que mediría aproximadamente 68 metros de altura pero ... canto era 68 metros?
Para atopar a solución probamos varias opcións mirade, mirade...👀



luns, 9 de novembro de 2020

Nagore cumple 4 anos

Hoxe festexamos o aniversario da nosa amiga Nagore que onte cumpliu 4 aniños!!!! Parabéns!!

sábado, 7 de novembro de 2020

CAMIÑOS!!

Aurelio fíxonos saber que para desprazarse de Carballo a Vimianzo e de Carballo á Coruña colleu o autobus!! Ensinounos a mirar os horarios por internet da estación e despois deixounos uns mapas nos que amosaba cales foran as rutas que fixo. 
Aurelio deixounos un pequeno robot ("Ozobot") para que simulara os recorridos que fixo el nos buses. 



NA TORRE DE HÉRCULES!!

 Aurelio volveu a sorprendernos con outro destino!!! Desta vez elixiu a torre de Hércules como refuxio!!! E enviounos a través do tempo a un romano 😵que nos explicou a historia e as lendas que xiran en torno á Torre de Hércules e ademais tróuxonos uns agasallos!!!






POR VIMIANZO!!!

Lembrádesvos de que Aurelio estaba desaparecido e non o atopabamos por ningún sitio, pois apareceu!!!! Resulta que nos escribiu unha carta desculpándose por non avisar da súa marcha e desvelounos cal foi o seu destino: como andan na súa procura deciciu ir de torre en torre.  As primeiras que elixiu para esconderse foron as torres de Martelo en Vimianzo!!

Ademais da carta, enviou a través do tempo á unha muller irmandiña para explicarnos a historia do castelo!! Despois descubrimos outra palabra segreda: artesanía, xa que na actualidade no castelo de Vimianzo realízanse distintas actividades: palillar, olería. deseño de xoias... Pois Aurelio tróuxonos barro para poder modelar e fixemos unha chea de figuriñas.






Despois de escoitar a historia do castelo animámonos a modelar o barro que nos trouxo Aurelio, mirade que vén se nos dá!!👀



venres, 6 de novembro de 2020

Samaín 2020

Como nos gusta o Samaín na aula de 4 anos, celebración terrorífica e monstruosa. Pantasmas, morcegos, conxuros.... ja,ja,ja... Ollade, ollade e veredes!!!

Chegou o outono

Na aula de 4 anos chegou o outono, proba deso foi a caída das follas das árbores que nós mesmos comprobamos. Ollade e xa veredes canto xogo nos deron. Viva o outono!!!!

Aniversarios na aula de 4 anos

Na aula de 4 anos estivemos de aniversario. Sabedes quenes foron os primeiros en cumplir este curso? Seynabou e Mateo. Mirade que ben o pasamos. Parabéns chicos!!!!!

domingo, 1 de novembro de 2020

VÍDEOS DAS PROPOSTAS DA BIBLIOTECA


Dende a biblioteca e para celebrar o Samaín, propuxéronsenos diferentes actividades. Velaquí vos deixamos uns enlaces para que, pinchando neles, accedades ao blog da biblioteca para poder ver os vídeos:

🎃 Fotos terroríficas para espantar ao coronavirus:

http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/10/espantando-ao-coronavirus.html

🎃 Decoración de máscaras terroríficas e de ventás:

http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/11/mascaras-terrorificas-e-medos-fora.html


Agardamos que vos gusten!

DECORACIÓN DE SAMAÍN NA AULA DE 3 ANOS

Estes días, na clase de 3 aniños estivemos realizando cousiñas para decorar as ventanas. Fixemos monstros 👾 pantasmas 👻 e cabazas 🎃. Velaquí tedes un pequeno vídeo de como fixemos as pantasmas.


E aquí tedes unha imaxe de como quedaron as nosas ventás. Fixádevos ben, detrás dos cristais hai unhas cariñas ben bonitas que vos queren saudar 😍


E agora unha mostra dos nosos disfraces terroríficos 👻💀👿

venres, 30 de outubro de 2020

BOTANDO MEDOS FÓRA!!!

Que mellor época ca do Samaín para dialogar sobre os medos que nos rondan a cabeza, pois ben, despois de falar con calma cales eran algúns dos nosos maiores temores. Fixemos unha grilanda con distintos debuxos detrás dos cales ían escritos os nosos medos, e este foi o resultado👉






UN SAMAÍN DIFERENTE!!!

Este ano vímonos obrigad@s a celebrar o Samaín de xeito diferente a como estabamos acostumad@s pero non por iso deixamos de festexalo na aula, botade unha ollada e veredes que ben o pasamos!!!👀👻

O ANIVERSARIO DE YARA!!

O 27 de Outubro a nosa compañeira Yara estivo de aniversario!!!🎂 Fixemos unha festa rachada para celebrar que xa cumpliu 5 anos!!! Parabéns Yara!!! 




PARABÉNS ROLLER!!

Hoxe o noso amiguiño Roller está de cumple!!! 🍰🎈 Xa ten 3 aniños, que maior!!! 💓 E como non, unha ocasión tan especial non podía pasar desapercibida na clase, así que fixemos un festexo todos xuntos. Mirade que ben o pasamos 😀😀

Agardamos que o pasases moi ben!! 💓Feliz cumple💓 Querémoste moito!!

domingo, 25 de outubro de 2020

Búscase a Aurelio!!!

Aurelio desapareceu!! Buscámolo por toda a clase, polo patio, polos corredores... pero nada, non aparece por ningún sitio😓😢 Como estabamos tan preocupad@s decidimos facer uns carteis de "Búscase Aurelio" e repartímolos polo cole por se alguén o vira 👀


sábado, 24 de outubro de 2020

UN COMPAÑEIRO MOI CURIOSO!!

O outro día Alberto, achegounos á clase un paquete moi estraño que viña ao noso nome!! Quedamos abraiados e abraiadas ante semellante acontecemento!! Paula atreveuse a abrir a caixa e ... adiviñades o que viña dentro?? Un morcego chamado Aurelio!!!

 Dentro da caixa viña unha carta explicando quen era e porque quería coñecernos. Aurelio está moi preocupado porque despois da pandemia todos culparon aos morcegos da enfermidade e el confesa que agora ten medo de que o vexan e lle poidan facer dano; por iso agora se agocha nas torres máis altas e desde alí vixía o que acontece nas distintas vilas e cidades. Ademais confesa que se alimenta de vogais e de palabras e pídenos axuda para poder alimentarse. Na caixa tamén trae consigo un conto no que el é protagonista e un papiro no que aparece o seu idioma segredo.

Dentro da caixa tamén trouxo un pasaporte para cada un de nós por se o queremos acompañar na súa viaxe de torre en torre e deixou unha caixa de correo para deixarnos mensaxes e cartas!!!




UN ARCO MOI ESPECIAL!

Un símbolo moi repetido durante o confinamento foi o do arco da vella xunto coas palabras "todo vai saír ben", pois ben, dende que comezou o curso foron varias as veces que a natureza nos agasallou coa súa presenza cerca do colexio e nós non quixemos perder a oportunidade de comtemplar a beleza deste fenómeno e ter presente as verbas de que "todo vai saír ben". 




CARACOL CARACOLEIRO

 Coma todos os anos a chegada do outono parécenos fascinante e gústanos moito saír a comtemplar as consecuencias do seu paso, ata adoptamos a dous caracois aos que lle chamamos Bruno e Lucas, días despois de estar connosco na clase decidimos deixalos no campo do colexio para que gozasen da súa liberdade.


BENVIDA PAULA!!!

Desde finais de Setembro temos a gran sorte de contar cunha profe nova que se chama Paula!! Con ela compartimos moitas vivencias e pasámolo xenial!! Graciñas profe Paula



REVISTARTE

Ultimamente gústanos moito facer arte con fotos de revistas, eliximos as fotos que máis nos gustan e deixamos voar a imaxinación e a creatividade!!







ESTE MES VAI DE ANIVERSARIOS!!!

Neste mes  festexamos os aniversarios de Alejandro, Aitana e de Lucía, que xa cumpliron 5 anos!! Parabéns!!! Mirade que ben o pasamos!!🎂🎁👑🎈




venres, 23 de outubro de 2020

CHEGOU O OUTONO Á AULA DE 3 ANOS

Na aula de 3 aniños estamos aprendendo un montón de cousiñas sobre o outono 🎃🐌🌰🍁🍂🍄 Queredes ver algunhas das cousiñas que estamos a facer?? Mirade mirade 👀

Seguimos traballando e aprendendo. Pronto vos ensinaremos máis cousiñas 😊

martes, 22 de setembro de 2020

PROGRAMA DE ACOLLIDA E PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN DO COVID-19

Boa tarde a todos e a todas!! 🙋Vén de publicarse na páxina web do noso colexio (http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipxesussanluis/node/439) o Programa de Acollida e o Plan de Adaptación á situación do COVID-19. Velaquí volos deixamos para que poidades botarlle unha ollada 👀 Quedan anclados na marxe dereita para que poidades acceder a eles con maior facilidade en vindeiras ocasións.

PROGRAMA DE ACOLLIDA


PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN DO COVID-19

venres, 4 de setembro de 2020

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2020/2021


Queridas familias das nosas nenas e nenos!! Estamos a piques de comezar o curso 2020/2021, concretamente poderemos vernos esta semana do seguinte xeito:

  • Xoves 10 de setembro: comezará o alumnado de 4.º e 5.º de Educación Infantil (3 e 4 anos)
  • Venres 11 de setembro: comezará o alumnado de 6.º de Educación Infantil (5 anos)

Para estes dous días o horario non será o habitual pero todo isto explicarémosvolo para a próxima semana pois as titoras citarémosvos para unha reunión.

Gustaríanos mandarvos unha mensaxe de tranquilidade pois estamos traballando para gardar todas as medidas de seguridade posibles: desinfección, distancia... Contarémosvolo o día da reunión con máis detalle.

Ata a próxima semana!

venres, 19 de xuño de 2020

BO VERÁN E BOAS VACACIÓNS

Hoxe, venres 19 de xuño, damos por finalizado este curso 2019-2020 que resultou ser tan especial e diferente para todos nós, tanto nenos e nenas, familias como mestres e mestras. Non foi sinxelo afrontar este tempo de confinamento pero xuntos lográmolo a costa de esforzo e empeño, por iso non podemos deixar de recoñecérvolo. Moitas grazas peques e moitas grazas familias 💓 Este diploma vai por vós 🏆


Os traballiños xa están empaquetados e nas vosas casiñas 😊😀


Pese ás circunstancias complexas que todos/as tivemos que vivir, non queremos deixar que iso tape ou deixe nun segundo plano todo o que compartimos xuntos: aprendizaxes, risas, choros, xogos, bailes, excursións... así que deixámosvos uns recordos 📷

PARA OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS


PARA OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS




PARA OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS


Toda graduación ten unha orla, así que aquí tedes a vosa 😊

E aquí podedes ver as vosas fotiños cos birretes, mirade que guapos estades todos/as!! 😍😍
Boa viaxe a primaria 🚀

Botade un pouquiño de menos o cole, aos amiguiños/as e aos mestres/as 🙊 Boas vacacións e bo verán 🌞 Querémosvos moito 💓



P.D. Se mirades a entrada de onte do blog BIBLIOSANLUÍS da biblioteca, podedes ver uns telexornais que fixemos sobre unhas mulleres fotógrafas con motivo do Día Internacional da Muller. Como o coronavirus nos colleu en plena gravación, non todos os cursos os fixemos e por iso estaban sen publicar pensando en que isto non ía ser tan duradeiro. Se accededes á seguinte ligazón, podedes velos. Os dous primeiros son dos peques de Educación Infantil: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/06/telefidalgo-presenta.html

Lembrade tamén mirar a súa última entrada pois nela atoparedes unhas recomendacións de lecturas para o verán 🌞http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/06/boas-vacacions-non-deixedes-de-sonar.html

ANIVERSARIOS DO VERÁN

Agora que remata o curso, se botamos a vista atrás 👀 celebramos un montón de aniversarios xuntos  no cole, pero non podemos esquecer aos nosos amiguiños e amiguiñas que cumplen aniños no verán 😊 Parabéns a todos e a todas!! 🎈🎁

Este vídeo vai para todos/as vós que estades de aniversario no verán 🌞

xoves, 18 de xuño de 2020

ÚLTIMOS XOGUIÑOS DESTE CURSO

Os peques anímanse co último xoguiño deste curso 💪💪 mañá xa só será día de algunhas sorpresas e despedidas 😢

Gael





Lucía



Dani A.

Xoán

Nagore

XOGO: QUE ANIMAL FALTA?

Bo xoves!! Estades ben espertos?? Mirade que para esta actividade fai falta eh!! Accedede ao seguinte vídeo e adiviñade que animal falta. Hai un ingrediente fundamental neste xogo: a atención!! 😎


Mañá daremos por rematado este curso e comezarán as vacacións. Durmide ben, pois agárdanvos algunhas sorpresiñas 🎈📷

mércores, 17 de xuño de 2020

XOGAMOS A ADIVIÑAR OS ANIMALIÑOS

Queredes ver que ben adiviñan os nosos peques todos os animais?? Mirade mirade 😍😍

Dani A.

Dani B.

Betzabeth quere compartir con nós a festa de graduación que fixo coa súa familia 😊

Xoán

Nagore

XOGO: ADIVIÑA O ANIMAL

Hoxe traémosvos un xogo de adiviñar de que animal se trata 🐮🐰🐱🐴🐶🐷🐹 Accedede ao seguinte vídeo e... a pensar!! 💭


Falando de animais... lembrades o vídeo que estabamos preparando en colaboración coa Clínica Veterinaria Gran Vía de aquí de Carballo? Mirade, de momento aínda non o temos listo pois están a ter moito traballo e teñen que buscar un oco para responder ás vosas preguntas. En canto o teñamos xa vos avisamos e publicarémolo aquí 😊

Ata mañá 😘😘😘

martes, 16 de xuño de 2020

EN MARCHA XOGOS DE AUGA

Os xogos de auga sempre son benvidos, sobre todo agora que se achega o verán e a caloriña 🌞 E se o aproveitamos para aprender xa é xenial!! 👏👏

Dani B.

Gael





Lucía



Nagore

XOGO: A DISPARAR AUGA

Bo martes peques!! Apetécevos unha idea para xogar con auga? 💦 Seguro que si, así que ímosvos explicar en que consiste este xogo.

Comezade escribindo letras/números/formas xeométricas na parede, no chan ou nun anaco de cartón grande. Pediráselle ao neno/a que localice o que os adultos lle indicades e, cun spray, pulverizará auga sobre a letra/número/forma. Entendido? 

Deixámosvos unha imaxe para que vos fagades unha idea.


A xogaaaar!! 😀

luns, 15 de xuño de 2020

COMPARTIMOS MOMENTOS E XOGOS

Aquí están algúns momentos especiais dos nosos peques 💓

Hugo G.



Lucía







































Dani B. tamén se animou con este xoguiño Mirade que colorido 💙







Xoán animouse co xogo de hoxe 💪💪 e tamén quere compartir con nós unha foto cun birrete que fixo na súa casiña 📸😍






Nagore quere compartir con todos nós unha graduación super especial que lle fixo a súa familia. Como este ano, dadas as circunstancias, non podemos facer unha festiña no cole para despedirnos da Educación Infantil, preparáronlle un birrete, un diploma e unha banda e sacaron unhas fotos moi fermosas 😍 Que gran recordo!! É unha mágoa que non poidamos facer unha graduación todos/as xuntos 😢😥