mércores, 28 de decembro de 2022

luns, 26 de decembro de 2022

DÍAS DE NADAL EN 5º DE EI

Nestes días previos ao Nadal os nenos e nenas de 5º de EI estivemos moi atarefad@s facendo adornos e traballiños propios destas datas. Intentamos que os adornos se puideran facer, na súa maioría, con materiais de refugallo ou con cousiñas que xa tiñamos polo cole.
 
 Este ano a nosa árbore de Nadal 🎄 agocha unha historia de esperanza: a profe Patri descubriu que alguén lle cortara os carballos que plantara había uns anos, despois de escoitar a historia puxémonos tod@s moi tristes, porque as árbores son moi necesarias para a vida e nas súas pólas habitan moitos animaliños, entre eles os paxaros que tanto nos gustan. Foi por este motivo que a profe trouxo un deses carballos para o cole como símbolo do que non se debe facer, para lembrarnos que temos que coidar o medio ambiente. Na clase démoslle unha "segunda vida" a un deses carballos xa que o aproveitamos para que lucise na clase como árbore de Nadal.
 
 Ademais enviámoslle, ao noso amiguiño Uriel, unha felicitación de parte de tod@s xa que non vai estar con nós ata mediados de Xaneiro. 
 
Neste vídeo podedes ver un pequeno resumo dos momentos que compartimos xunt@s:

 

VISITAMOS A PANADARÍA PAN IGNACIO

A comezos deste mes de decembro, o alumnado das tres aulas de Educación Infantil realizamos unha saída á Panadaría Pan Ignacio de aquí de Carballo. Que ben o pasamos!! 😍 Amasamos, fixemos pan, pizza... 

Aprendemos como se fai o pan, os ingredientes que se usan, falamos sobre a súa orixe... encantounos a experiencia 😍😃


Moitísimas grazas ao persoal da panadaría por tratarnos tan ben e por ensinarnos con tanto cariño 💖

domingo, 25 de decembro de 2022

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO EN 5º DE EI!!!

No mes de  Decembro, dous dos nosos amiguiños estiveron de aniversario!!! Uriel, o día 8 e Djibryl o 16. Agora xa teñen 4 anos!!! E para celebralo gozamos de dúas festas, velaí tedes unha pequena mostra do que aconteceu:

 

 

venres, 23 de decembro de 2022

CHEGOU O NADAL A 6.º EI

Fai unhas semaniñas que o Nadal chegou á aula de 6.º de Educación Infantil. Deixámosvos un vídeo para que vexades algunhas das cousiñas que fixemos 🎄🎅

Agardamos que pasedes unhas boas festas e que teñades un feliz 2023 ⭐🌟 Vémonos o 9 de xaneiro no colexio 😊

FESTIVAL DE NADAL

Onte rematou este trimestre e aproveitamos para facer un gran festexo de Nadal 🎄🎅🎈 Deixámosvos a nosa aportación a un festival mooooooooi divertido😍 Bailamos e cantamos a canción "Chegou o Nadal".

ATA PRONTO PROFE VALERIA

Rematou o trimestre e con el temos que dicirlle ata pronto á profe Valeria. Onte foi un día moi emotivo, pois dende setembro que comezou as súas prácticas con nós, compartimos moitos momentos xuntos. Agora toca deixar o noso colexio e volver á Universidade.

Aprendemos moito xuntos e formamos un gran equipo. Se é que SOMOS ESPACIAIS!! Grazas por deixar a túa pegada en nós 💗

Isto non é un adeus, senón un ata pronto. Estamos seguros/as de que volveremos coincidir 💕

Querémoste moito 💗

mércores, 21 de decembro de 2022

PARABÉNS OTTO

Hoxe, na aula de 6.º de Educación Infantil, celebramos o último aniversario do trimestre. Agora Otto xa ten 5 aniños. Parabéns amiguiño!! 💜E grazas por compartir con nós unha merendola tan rica 😀😍

Querémoste 💚

REMATAMOS O PROXECTO SOBRE O UNIVERSO

Chegados a estas datas, na aula de 6.º de Educación Infantil rematamos o noso proxecto sobre o universo que titulamos "Somos espaciais". E non puidemos facelo doutra forma que cun último reto: facer COHETES SAUDABLES.

Que delicia!! 😋😀

domingo, 18 de decembro de 2022

MISIÓN 8: SATURNO E URANO

Esta semana, as nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil tamén tivemos que resolver a misión 8. Con ela coñecemos a Saturno e a Urano.

⛄Saturno ten un anel de xeo.

⛄Urano é o planeta máis frío do Sistema Solar.

De xeo e frío tratou esta misión tan divertida!! Mirade este vídeo 😍

sábado, 17 de decembro de 2022

MISIÓN 7: VENUS

Fidalgo estanos a poñer moitos retos na aula de 6.º de Educación Infantil. Fai uns días apareceu na aula un novo vídeo da súa parte onde nos convidaba a investigar e coñecer un novo planeta, Venus!! Puxémonos mans á obra e resolvemos con éxito a misión 7.

ANIVERSARIO MATI

A pasada semana, na aula de 6.º de Educación Infantil tivemos un festexo especial, o aniversario do noso amiguiño Matías. Parabéns Mati!! 💖🍰🎈🎁 E grazas por convidarnos a unhas galletas de Nadal tan saborosas 😍😀

Querémoste moito 💛💜

mércores, 14 de decembro de 2022

Arrecende a Nadal!!

Na aula de 3 anos xa arrecende a Nadal!!!! Mirade que renos máis simpáticos fixemos para decorar as ventanas da nosa aula. Bo NADALLLLL!!.

martes, 13 de decembro de 2022

" A orixe dos alimentos"

Partindo do proxecto anual da biblioteca "Coidome, cóidate, coidámoste", os nenos de 4º de Infantil aproveitamos para traballar e aprender moitas cousas dos alimentos, de dónde proceden, cales son saudables ..... Ata fixemos un diciionario saudable o que nos permite diferenciar alimentos de procedencia animal e alimentos de procedencia vexetal grazas a uns códigos de color que nós mesmos temos que colocar. E non remata aí a cousa, como nos gusta comer ben fixemos un..... "PESCASANO", ollade o vídeo e adiviñaredes de que estamos a falar. AH....!!! convidámosvos cando queirades a botar unha partidiña.!!

sábado, 10 de decembro de 2022

NON á violencia

Para deixar ben claro que NON aceptamos ningún tipo de violencia, na clase de 5º de EI, estivemos matinando na clase varias maneiras de representar a palabra NON,  cada un/unha aportou a súa idea

LUNA E LORENZO UNHA HISTORIA DE AMOR E RESPECTO

Como na aula de 5º de EI estamos a estudiar as aves chamounos moito a atención a historia de dous cisnes negros que viven no parque do retiro de Madrid, Luna e Lorenzo. 

Luna é unha cisne negro que vivía feliz no parque do retiro coa súa parella, ata que un día un can intenta atacala, a súa entón parella, interpúxose para protexela e resultou ferido de morte, ela perde un ollo no fatal incidente. Un fotógrafo da zona, preocupado pola situación dela porque estaba moi triste, fixo varias campañas nas redes sociais para encontrarlle un novo compañeiro, os cisnes son animais monógamos, é dicir, que viven en parella toda a vida  e "deben coidarse mutuamente".

Entón atoparon un cisne negro chamado Lorenzo, a xente estaba algo preocupada por se non se aceptaban e se enfretaban un ao outro, pero unha vez que llo presentaron uniron os seus pescozos en forma de corazón, proba de que se querían e se respectaban.

Unha bonita historia, cunha gran carga emocional e chea de valores que non esqueceremos por ese motivo quixemos recordar esta historia facendo aos dous cisnes negros en papiroflexia ademais de escribir esta noticia no noso xornal de aula "Look e Verás" .

O ANIVERSARIO DE KEYLA

O día 25 de novembro, coincidindo co Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, tivemos outra ocasión moi especial para celebrar esta data: era o aniversario da nosa amiguiña Keyla!!!! 🍰🍭🎁👑Fixemos unha festa rachada, queredes ver un pequeno resumo do que aconteceu?? Pois no seguinte vídeo podedelo ver 👀

venres, 9 de decembro de 2022

O 25N EN 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, na semana do 21 ao 25 de Novembro, desde a Biblioteca propuxéronse unha serie de retos para sensibilizar á comunidade educativa. No seguinte vídeo podedes ver canto traballamos o alumnado de 4 anos💪

venres, 2 de decembro de 2022

PARABÉNS GAEL

Hoxe, na aula de 6.º de Educación Infantil celebramos o 5.º aniversario do noso amiguiño Gael. Felices 5 aniños!! 💕🎈🎉🎁 

xoves, 1 de decembro de 2022

MISIÓN 6

Fidalgo deixounos onte unha nova misión do noso proxecto, a misión 6!! Desta volta coñecemos a MARTE

E TI? GALEGUIEXPERIMENTAS?

Hai uns días unha mazá xigante irrompeu na nosa clase!!! Unha vez máis ratiño deixounos un cadro de museo e  un experimento que trouxo dun laboratorio para facer con mazás, queredes saber de que ía? Pois aquí vos deixamos unha pequena mostra😋