martes, 31 de marzo de 2020

EN MARCHA O RETO DO 31 DE MARZO DE 2020

Xa estades mans á obra coas rimas!! Que marabilla, canto traballades peques.

Dani B. xa ten as súas palabras pensadas para facer o poema.



Lucía xa ten pensados obxectos que riman: pemento-pegamento, tapón-limón, pota-pelota...




Nagore xa seleccionou os obxectos e escribiu o seu nome e rimas. 




Ben feito!! Alégranos vervos tan implicad@s 💗

RETO MARTES 31 DE MARZO DE 2020

Bo martes!! Hoxe é día de rimas. Dicídelle ás vosas familias que vos reciten o seguinte poema
Xoaniña, voa, voa
que che hei dar pan de broa.
Xoaniña, voa, voa
vai e tráeme algunha nova.
Xoaniña, voa, voa
que teu pai vai en Lisboa.

Despois de ler o poema, podemos ver que hai palabras que riman, por exemplo: voa rima con broa, nova e Lisboa. Hoxe teredes que introducir pequenos obxectos e xoguetes nunha caixa que teñades pola casa. Despois de nomealos un por un, debedes atopar cousas que rimen con eses obxectos. Por exemplo: pelota con pota, prato con pato…
Estamos desexando ver as vosas rimas, agardámolas!!!

luns, 30 de marzo de 2020

EN MARCHA O RETO DO 30 DE MARZO DE 2020

Xa están chegando fotos dos peques facendo series. Ben feito!!

Dani B.


Hugo



Xoán


RETO LUNS 30 DE MARZO DE 2020

Bo comezo de semana!! Hoxe traémosvos un xogo de series. Seguro que na casa tedes diferentes tapas de botellas ou calquera outro tipo de material que sirva para facer series: culleres, garfos, pratos, vasos, palillos, pezas de construción…. Invitámosvos a que fagades series. Comezade por facelas de 2 elementos e despois pedídelle a vosa familia que vaian aumentando a dificultade.

Exemplos:
  • Series de 2 elementos con material de cociña: Garfo-Culler-Garfo-Culler-...
  • Series de 3 elementos con tapas de cores: Marrón-Verde-Amarelo-Marrón-Verde-Amarelo-...

Imaxe extraída de internet.
Ánimo a todos/as!! A practicar.

domingo, 29 de marzo de 2020

ACTIVIDADES DE RELIXIÓN

A profe Alicia envíanos estas actividades de relixión para a semana do 30 de marzo ao 3 de abril.

Descargar

venres, 27 de marzo de 2020

EN MARCHA RETO 27 DE MARZO DE 2020

Xa están chegando fotos dos vosos trasvases. Foi unha proposta divertida, verdade??
Dani B.



Gael


Hugo coa súa irmá Carla.



EN MARCHA OS XOGOS DE SANTILLANA

Os nosos peques xa o están pasando pipa cos xogos que nos facilitou a editorial Santillana.

Nagore

Xoán


RETO VENRES 27 DE MARZO DE 2020

Feliz venres!! Hoxe traémosvos dúas propostas que tamén poñemos en marcha na aula e que vos gustan moito, os trasvases. Un deles de líquidos e o outro de sólidos.
Imaxe extraída de internet



TRASVASE DE AUGA

Precisades:
  • Unha bandexa.
  • 2 vasos.
  • Unha esponxa.
  • Un funil.
  • Cinta adhesiva de cor. Sería para facer unha marca no vaso, polo que de non dispoñer dela serve un rotulador ou un anaco de fío ou la para atar.

Pasos para realizar a actividade:
1. Marcade con cinta adhesiva, un rotulador, fío ou la, o nivel ata onde podedes encher de auga a xerra e os vasos.
2. Poñede na bandexa a xerra, os dous vasos, o funil e a esponxa.

2. Enchede a xerra con auga da billa. Despois podedes vertela nos dous vasos tratando de respectar o nivel indicado. Para volver a encher a xerra usaredes o funil. Unha vez que rematedes, volvedes colocar a bandexa. A esponxa serve para secar a bandexa en caso de que se derrame auga nela.

TRASVASE DE ARROZ/LENTELLAS/GARAVANZOS
Imaxe extraída de internet

Precisades:
  • Unha bandexa.
  • 2 cuncas.
  • Un pouco de arroz, lentellas ou garavanzos.
  • Unha culler sopeira.


Pasos para realizar a actividade:
1. Colocade na bandexa a culler e as dúas cuncas. Unha baleira á esquerda e outra chea de arroz/garavanzos/lentellas á dereita.
2. Comezade a transvasar o contido da cunca chea á baleira, botando man da culler.
3. Repetide a operación coa outra man.


Estas son actividades moi importantes para traballar a precisión, favorecendo así o proceso escritor. Podedes traballalo (neste último caso) variando o nivel de dificultade, é dicir, facéndoo primeiro con garavanzos e despois coas lentellas e o arroz.

A xogar!!!

PARABÉNS AROA!!

Hoxe Aroa, da aula de 6.º de Educación Infantil, está de aniversario. Moitos parabéns Aroa!! Agardamos que teñas un día o máis especial posible. Á volta celebrámolo todos xuntiños/as!!



Agora un traballiño para os compis. Facédelle un debuxo á nosa compañeira e enviádeo ao correo do blog. Subirémolos todos para que os garde de recordo.

Biquiños!!

xoves, 26 de marzo de 2020

EN MARCHA O RETO 26 DE MARZO DE 2020

Xa están a chegar fotos vosas derrubando a pirámide.

Dani B.




Hugo



Lucía




RETO XOVES 26 DE MARZO DE 2020

Bo xoves!! Hoxe traémosvos unha proposta para mover o corpo. Imos facer unha pirámide usando botes de iogur, latas, pezas de construción ou similar. Logo faredes unha bóla de papel de aluminio e listo para xogar. Debedes derrubar a vosa pirámide!! Ánimo, será un xogo moi divertido.
Os botes de iogur deben estar baleiros. Neste caso están cheos porque é un exemplo jijiji nada máis comamos os iogures xa podemos facer a nosa pirámide. No noso caso, como vedes, non podemos facer esta actividades ata dentro duns días, seguro que a algúns de vós tamén vos pasa.
Estaría interesante que aproveitedes para traballar tamén aspectos matemáticos: contar cantos botes hai en cada fila, en cal hai máis ou menos, facer 2 pirámides co mesmo número de botes/pezas, pensar cal é máis sinxela de derrubar... Ánimo peques!!

mércores, 25 de marzo de 2020

APLICACIÓNS SANTILLANA

A editorial Santillana, vén de facilitarnos dúas aplicacións.

LAS TRES OVEJAS
Conta con tres niveis de dificultade, polo que serve para os peques de 3, 4 e 5 anos.

Para poder acceder a ela, é preciso descargala. Ímosvos explicar como facelo:

1. Accedede á seguinte páxina web: https://santillana.es/apps-infantil/

2. Baixade na pantalla un pouco e buscade "Las tres ovejas (Santillana Proyectos)"; na imaxe aparece sombreado en gris escuro.



3. Descargades no botón laranxa.

4. Unha vez descargado introducides as seguintes claves:
   
         USUARIO: 15027393-0006-0001
         CONTRASINAL: x8BfFjWc

E xa estaría listo para usar!!

PUPITRE
Está destinada a nenos e nenas de 3 a 8 anos. Serve para o ordenador, a tablet ou o móbil.

Para poder acceder a ela, é preciso descargala. Ímosvos explicar como facelo:

1. Accedede á seguinte páxina web: https://santillana.es/apps-familias/

2. Baixade na pantalla un pouco e buscade "Pupitre"; na imaxe aparece sombreado en gris escuro.

3. Descargades no botón laranxa e lista para usar!! Se accededes a LIBRARÍA, podedes seleccionar a idade do neno/a.

Grazas á editorial Santillana por ofrecernos este recurso para o noso alumnado.

EN MARCHA O RETO 25 DE MARZO DE 2020

Xa temos probas de como vai o reto de hoxe. Ben feito peques!!

Dani B. e a súa irmá Sofía.



Hugo H.



Nagore




Lucía


A que non sabiades unha cousa?? Para ir de pesca, Luci non se quedou no porto de Malpica, debeu ir ao Gran Sol jijiji Mirade que barco tan grande fixo!!!

Xoán




Xoán, Anxo e Bimba tamén nos enviaron os seus arcos da vella. Que bonitos!! E que alegría poder coñecer a túa gatiña da que tanto nos falas, Xoán.

Hugo


Animádevos os demais e mandádenos fotos, estamos desexando vervos!!