Na clase de 5º de EI estivemos indagando sobre que produtos derivaban do leite, a partir de recortes dos folletos do super fixemos un pequeno cartel informativo e un xogo con Bee-Bot. Neste vídeo podedes ver unha pequena mostra do que fixemos. Para afianzar coñecementos expuxemos o noso traballo ao alumnado de 6º de EI
Etiquetas
- 3 anos
- 4 anos
- 5 anos
- Animais
- Aniversarios
- Arte
- Atención
- Biblioteca
- Ciencia
- Conmemoracións
- Contos
- Croma
- Día de Rosalía
- Día do Libro
- Entroido
- Estimulación sensorial
- Experimentos
- Horta
- Igualdade
- inglés
- Lectoescritura
- Lóxica-matemática
- Magosto
- Nadal
- Oralidade
- Outono
- Polo Norte
- Proxecto "Canto sentimento"
- Proxecto "O medo"
- Proxecto "O universo"
- Proxecto "Os animais da contorna"
- Proxecto "Os pitiños"
- Proxecto "Os tesouros do corpo"
- Proxecto "Unha viaxe polo antiguo Exipto"
- Proxecto Alimentación saudable
- Proxecto As abellas
- Proxecto Baixo a mesma carpa de crochet
- Proxecto O inverno
- Proxecto os tiburóns
- Proxecto Os volcáns
- Psicomotricidade
- Recursos
- Relaxación
- Robótica
- Saídas
- Samaín
- Vida cotiá
- Xogos
martes, 29 de novembro de 2022
domingo, 27 de novembro de 2022
25N EN 6.º EI
O venres día 25 de novembro celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e, ao longo da semana, realizamos diferentes retos propostos dende a biblioteca. Velaquí un pequeno resumo 💜
Nin golpes que doian, nin palabras que firan
ANIVERSARIO PABLO
Este venres, na aula de 6.º de Educación Infantil tivemos un novo festexo!! Pablo estivo de aniversario e convidounos a unha rica merendola 🍰 Parabéns amiguiño 💖💓
MISIÓN 5
Desta volta, na aula de 6.º de Educación Infantil resolvemos a misión 5 do noso proxecto sobre o universo 🌞🌠🌐 Aprendemos que Neptuno é o planeta que está máis lonxe do sol e traballamos conceptos como preto, lonxe, no medio, ao lado de...
sábado, 26 de novembro de 2022
A ORIXE DOS ALIMENTOS EN 6.ºEI
Estes días, na aula de 6.º de Educación Infantil estivemos a traballar sobre a orixe dos alimentos. Comezamos escoitando aos nosos compañeiros e compañeiras de 4 anos que nos explicaron que produtos que consumimos con frecuencia proceden do leite 🐄 A partir do aprendido e do libro Hay una vaca en la nevera, traballamos sobre a orixe de diferentes alimentos.
Comezamos por recortar alimentos variados en folletos de supermercado, falamos sobre a súa procedencia (orixe animal e vexetal) e elaboramos un mural 😀
Esta será unha das nosas aportacións ao proxecto da biblioteca titulado "Cóidome, cóidote, coidámonos" 🌱🍅🍇🍊🍐🍓🍖🍗
venres, 25 de novembro de 2022
25 N. "Día Internacional contra a Violencia de Xénero".
Chuvia de cores.
xoves, 24 de novembro de 2022
O monstro de cores,
mércores, 23 de novembro de 2022
Xogando cas cores
Na aula de 3 anos celebramos o Samaín
sábado, 19 de novembro de 2022
PLANTANDO LANDRAS
Despois de escoitar o conto de "Xaime e as landras" os nenos e nenas de 5º de EI quixemos imitar a Xaime e plantar landras, para saber cales eran aptas fixemos un experimento: mergullámolas en auga, as que flotaban desbotámolas e plantamos as que se afundían. Despois de experintar coa flotación, plantámolas en vasos de iogures colaborando así co medio ambiente e cumprindo as 3 R: reducir, reciclar e reutilizar, algo que estamos intentando facer cada vez máis na nosa aula. Aí vos vai un pequeno resumo da actividade😊
PARABÉNS MELANY!!!!
O día 7 de novembro, na aula de 5º de EI, tivemos festa!!! a nosa amiguiña Melany estivo de aniversario, cumpriu 4 anos!!! no seguinte vídeo podedes ver un pequeno resumo do que aconteceu 👀
xoves, 17 de novembro de 2022
MISIÓN 4: COÑECEMOS A XÚPITER E MERCURIO
Hoxe, as nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil, resolvemos a misión 5, onde coñecemos a Xúpiter e Mercurio.
MISIÓN 3 PROXECTO UNIVERSO (6.ºEI)
Fai uns días, Fidalgo pediunos axuda para resolver a misión 3 do noso proxecto sobre o universo. Velaquí o material do que partimos:
Se queredes ver como resolvemos a misión, prestade moita atención a este vídeo 💖
martes, 15 de novembro de 2022
DE ONDE VÉN O LEITE?
Como sabedes, o mes pasado fomos de visita á Granxa de Eirís situada moi pretiño do noso colexio para comezar a traballar sobre a procedencia dos alimentos. Tiñamos pendente amosarvos un vídeo de como foi a actividade.
Resulta que, o granxeiro Leiro, pediunos axuda para atopar o leite 🍶, pois os seus animais estaban todos alborotados e ningún estaba no seu sitio!! Como somos nenos e nenas moi colaboradores/as, puxémonos mans á obra para dar coas vaquiñas 🐄🐄🐄🐄
domingo, 13 de novembro de 2022
ANIVERSARIO DIEGO
O venres 11 tivemos a sorte de celebrar no cole, o aniversario do noso amiguiño Diego 🍰 Parabéns Diego!! Xa tes 5 aniños 💗 Moitas grazas por compartir con nós un biscoito tan rico 😀 Querémoste moito 💚
sábado, 12 de novembro de 2022
NOVAS "NOVAS" DO SAMAÍN DE 5º DE E.I.
Por fin podemos compartir con vós as vivencias do Samaín do alumanado de 5º de EI, intentamos facer un vídeo resumo con todo o que nos aconteceu nestas datas tan terroríficas agardamos que non pasedes moito medo...😖😱
martes, 8 de novembro de 2022
24 outubro. "Día das bibliotecas escolares"
Arte outonal
venres, 4 de novembro de 2022
ROGELIÑO CUMPLE 5
Hoxe, na aula e 6.º de Educación Infantil, celebramos o aniversario de Rogeliño. Xa está super maior pois soprou a candea do 5!! Parabéns amiguiño 🎈🍰🎁
LECTURA Á CARTA
Na clase de 5º de EI escollemos, para o menú lector da Biblioteca, o conto de "Tío Lobo", os motivos da nosa elección aparecen no seguinte vídeo...
No seguinte vídeo podedes escoitar o conto de "Tío Lobo" tal e como nolo conta a profe Patri
xoves, 3 de novembro de 2022
A APÓCEMA QUE ESPANTA AOS MOUCHOS...
Como xa sabedes Ratiño estivo na busca dunha apócema máxica para espantar mouchos, pois ben uns días antes de Samaín, chegounos a tan esperada apócema!!!! queredes saber o que tivemos que facer? Pois ollade o seguinte vídeo e veredes a maneira na que se poden espantar oa mouchos 🎃
mércores, 2 de novembro de 2022
ENFROITARTE EN AMARELO E LARANXA
Un día pola mañá, na clase de 5º de EI, apareceu na bandexa Tuff unha morea de froitas de cor amarelo e laranxa, despois de observalas detidamente, cada un de nós fixo gala da súa creatividade facendo distintas composicións con elas. Unha vez rematadas todas as composicións fixemos unha degustación, estaban ben ricas!!!😋
UN COGOMELO NA CLASE DE 4 ANOS
Hai unhas semanas a profe Patri levou á clase un cogomelo enooorme!!! Atopouno mentres camiñaba co seu pai polo campo, observámolo ben de cerca e investigamos cales eran as súas principais características, despois ensinámosllo aos nosos compañeiros de 3 e 5 anos, querédelo ver?...Velaí vos vai 👀