xoves, 29 de febreiro de 2024

PROXECTO "O MEDO". E TÍ A QUE LLE TES MEDO?

E tí a que lle tes medo? Escoitade e descubriredes as cousas ás que lle teñen medo os máis pequen@s do cole.
E ti a que lle tes medo? de veronica

martes, 27 de febreiro de 2024

23 DE FEBREIRO. "DÍA DE ROSALÍA"

O 23 de febreiro foi o día de Rosalía, para conmemorar este gran día os nenos de infantil recitamos uns poemas. Agardamos que vos gusten.

luns, 26 de febreiro de 2024

Proxecto "O Medo". Pócima para medrar.

Menuda sorpresa nos levamos o outro día ao chegar á aula. A bruxa Maruxa, que pertence á escola de bruxería de Brujilda estaba agardándonos na aula para facer a pócima para medrar. Que ben se desenvolveron estes aprendices a bux@s. Ollade e veredes. Grazas Elisa por formar parte deste proxecto.
Escola de Bruxería Clase nº 1 de veronica

xoves, 22 de febreiro de 2024

PROXECTO " O MEDO"

Acordádesvos da caixa misteriosa que nos mandou Brujilda, e da súa pócima máxica para medrar? Pois o primeiro que fixemos foi un palmómetro para medirnos e comprobar como imos medrando con esta pócima tan máxica. .
Falamos do que sabemos e do que queremos saber acerca do medo e tamén buscamos un recanto na aula para poñer todo aquelo relacionado co medo -

luns, 12 de febreiro de 2024

ENTROIDO 2024

Que días tan emocionantes! Disfrazarnos encántanos. Nesta ocasión foi a Meca Lupe a que nos lanzou ao longo da semana os diferentes mandadiños para ir quentando motores ( o luns algo na cabeza, o martes no pescozo..... e por fín xoves,a disfrazarnos do que mais nos guste. Deste xeito chegamos ao gran día,venres, onde participamos no tradicional desfile de entroido. Seguindo o proxecto anual da biblioteca "CANTO SENTIMENTO", a emoción elexida foi.... "O MEDO ", E despois de tanto troulear non podían faltar orellas, rosquillas, filloas....que aportaron as familias acompañados de chocolate quente ofrecido pola ANPA. Moitas grazas, estaba todo de rechupete e pasámolo... xenial.
ENTROID 2O24 de veronica

sábado, 3 de febreiro de 2024

Proxecto " O MEDO".

Hoxe ao chegar á aula os nenos de 3 e 4 anos atopámonos con unha caixa misteriosa. Queredes saber o que contiña?
Proxecto "O medo" de veronica

venres, 2 de febreiro de 2024

30 XANEIRO. "DÍA DA PAZ"

O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Partindo do proxecto “Canto Sentimento”, quixemos reflectir emocións de calma, benestar, tranquilidade...... nuns arcos da vella que engalanan un ceo ben emocionante ,e baixo o que os nen@s de infantil agarrados da man gritamos ....“PAZ”.
30 xaneiro de veronica