mércores, 21 de xuño de 2023

ÁS NENAS E NENOS DE 6.ºEI

Hoxe rematan 3 anos marabillosos onde compartimos moitos momentos xuntos/as. A COVID-19 non nolo puxo nada sinxelo desde que comezamos pero conseguimos saír airosos e co mellor dos sorrisos. Por sorte, este curso puidemos gozar de todos eses sorrisos que as máscaras tiveron ocultos durante dous anos, de momentos compartidos, de aniversarios con tartas, de apertas, bicos...

Rematamos unha etapa e comezamos outra, igual que moitas que ides rematar e comezar ao longo da vosa vida. Agardo que persigades sempre os vosos soños e que voedes moi alto. Podedes conseguir todo o que vos propoñades 💕

Grazas por permitirnos o luxo de gozar de vós todo este tempo 💖 Que sempre vos acompañe a alegría que vos caracteriza e a curiosidade por seguir aprendendo 😍 Na Educación Infantil sempre teredes unha man que vos axudará no que precisedes 😍


"O futuro pertence a quen cre na beleza dos seus soños" Eleanor Roosevelt

Ata pronto pitiños

Hoxe cando chegamos á clase tiñamos correspondencia do polo Pepe. Nunha emotiva carta e coincidindo coa chegada das vacacións de verán, contounos que chegaba a hora de que os pitiños seguiran a súa andaina na granxa en compañía das galiñas, galos e outros pitiños. Encomendoulle á profe Vero que os levara a granxa donde vive polo Pepe. Todos comprendemos que agora necesitan medrar cerca doutras aves, eso sí o polo Pepe dixo que xa teriamos novas dos pitiños. Que pasedes un felíz verán!!!!. Querémosvos!!!

PARABÉNS EESHA E AXEL!!!

Nestes días seguimos festexando aniversarios 🎈 desta volta foron o de Axel, que non se puido celebrar no seu momento (1 de Marzo) e o de Eesha que vai ser no mes de Xullo (30). Preparamos todo o necesario  puxemos manteis nas mesas, coroas, as tortas,as candeas, as luces...  as 5 voltas ao sol e despois cantar e bailar sen parar. Parabéns Axel e Eesha!!!🎈🍰

  

 

 

luns, 19 de xuño de 2023

ANIVERSARIOS DE ANAHY, AITANA E MARÍA

Hoxe, na aula dos maiores de infantil celebramos os últimos aniversarios do verán. Desta volta foi a celebración de Anahy, Aitana e a profe María que sopreraán as súas candeas oficialmente nos meses de xullo e agosto 🍰🎈. Moitos parabéns ás 3!! 🎈🎁

sábado, 17 de xuño de 2023

Aniversarios de verán

O pasado venres celebramos o aniversario de Izan e Saúl, ainda que cumplen os 4 aniños no verán somos tan festeiros que queriamos compartir con eles no cole un pequeno adianto aos 4 anos!!! Parabéns amiguiños!!!!

PARABÉNS IKER

O xoves, na aula de 6.º de Educación Infantil festexamos outro aniversario de verán. Desta volta foi Iker quen soprou a candea do 6. Parabéns amiguiño!! 🍰🎈🎁 Agardamos que gozases moito da túa festiña no cole. Querémoste 💕

Os nosos pitiños reciben un agasallo

Os nosos pitiños tiveron un agasallo. Nada máis e nada menos que un bebedeiro máis grande, e parece que lles gusta!!!
A beber e comer moito para crecer peques!!!!
E para que non vos sintades tan sós mentres nós non estamos fixémosvos unhas amiguiñas moi especiais. Ata luns !!!!

PARABÉNS ADRIÁN!!!

 Estes días estamos celebrando os aniversarios dos nenos e nenas que cumplen anos no verán, nesta ocasión festexamos o do noso amiguiño Adrián que será o día 5 de Xullo. Preparamos todo para o gran acontecemento coroa, mantel, biscoito, luces... a música preferida para cantar e bailar e diversión asegurada!!😊💃🎈🍰

mércores, 14 de xuño de 2023

ANIVERSARIO MAURO

Hoxe, na aula de 6.º de Educación Infantil, festexamos outro aniversario do verán. Neste caso, do noso amiguiño Mauro que xa soprou a candea do número 6 🍰🕯. Que maior!!

Agardamos que gozases da festiña do cole 😍 Querémoste!! 💖💕

EMPEDR(ARTE)

Na aula de 6.º de Educación Infantil estamos feitos uns artistas. Aproveitamos que a profe fixo unha ruta polos Penedos de Pasarela e Traba para descubrir que facer arte con elementos da natureza é posible 🌿🌿 Ollamos diferentes fotos, imaxinamos que figura viamos, creamos as nosas propias esculturas, démoslle significado...

Se queredes saber un pouquiño máis desta actividade, ollade o seguinte vídeo 😍 "EMPEDR(ARTE) COS PENEDOS DE PASARELA E TRABA" é o título da nosa exposición.

NACERON OS PITIÑOS

Por fin naceron os nosos pitiños!! Hoxe cando chegamos á clase levámosnos unha boa sorpresa. Ollade e veredes!!!

sábado, 10 de xuño de 2023

ANIVERSARIO DE BRUNO

Xa estamos en xuño e pronto chegan as vacacións do verán. Na aula de 6.º de Educación Infantil estamos moi atarefados co final de curso pero sempre sacamos tempo para festexos 🎈🎊🎉 Onte, celebramos anticipadamente o aniversario do noso amiguiño Bruno que naceu no mes de xullo.

Parabéns Bruno! 💖 Agardamos que gozases moito da túa festa no cole 😀😊 Querémoste moito 😍

mércores, 7 de xuño de 2023

Proxecto: "Os pitiños".

Qué remolóns os mosos pitiños, vese que están agusto dentro do cascarón. Agardamos que ao coñecer o que estivemos facendo mentres eles están á calor da incubadora os anime a sair. Veña pitiños que o estamos desexando!!!!

luns, 5 de xuño de 2023

Conta atrás para que nazan os nosos pitiños

Ansiosos de que nazan os nosos pitiños estivemos riscando os días segundo pasaban e xa estamos acercándonos ao día 21, que é o que tardan en sair do cascarón. Polas nosas contas o luns 5 de xuño terían que comezar a sair, así que a ver si mañán cando cheguemos ao cole temos sorpresa ou ao longo da xornada temos novos amiguiños.

Aarón cumple 4 anos

Comenza o mes de xuño e con el o aniversario de Aarón . Mirade que ben o pasamos. Parabéns amiguiño!!!
Feliz cumpleaños Aarón de veronica

domingo, 4 de xuño de 2023

A NOSA HORTIÑA

Esta semana, as nenas e nenos das tres aulas de Educación Infantil continuamos traballando no noso horto. Para iso, fixemos unha pequena saída a Almacéns Agro, unha tenda situada moi próxima ao noso centro e onde sempre nos atenden xenial 😍 Dende aquí darlles as grazas por permitirnos levar a cabo esta actividade 😀

Unha vez mercamos o que queriamos cultivar e aproveitando que a profe Patri trouxo algunha planta da súa casa, puxémonos mans á obra co traballo na horta. Tivemos que esforzarnos moito pois as herbas medran moi rápido e a terra, co pouco que chove, está moi dura.

Velaquí unha pequena mostra destes días no horto 😄

REPRODUCIMOS FIGURAS EN BASE A UN MODELO

Estes días na aula de 6.º de Educación Infantil estivemos poñendo a proba a nosa atención cunha actividade que consistía en reproducir a figura observada nun modelo.

1.º Observabamos con detemento a figura proposta

2.º Elixiamos o material necesario: depresores de cores, frechas, policubos, pequenos paus...

3.º Poñendo a proba a nosa atención e lateralidade, recreabamos a figura observada.

Queredes ver que ben o fixemos? Se é que xa somos moi maiores!! 😍