xoves, 27 de decembro de 2018

VISITA PAPÁ NOEL

Adiviñades quen veu visitarnos desde La Ponia ó San Luís Romero? Pois sí, Papá Noel, así que tivemos a ocasión de entregarlle as nosas cartas e pedirlle persoalmente os agasallos que queriamos que nos deixara na noite de Nadal anas nosas casiñas

mércores, 26 de decembro de 2018

MERENDOLA DE NADAL

Que cousas máis ricas comemos, turrón, polvoróns, biscoito con forma de Papá Noel.... Unha vez máis grazas ás familias pola vosa colaboración. Estaba riquíiisiiiimo !!!!

venres, 21 de decembro de 2018

ANIVERSARIOS 1º TRIMESTRE

Neste 1ºtrimestre sopraron a candea de 5 anos Yair, Said e Samara. Parabéns chicos

xoves, 20 de decembro de 2018

TARTA DE CHOCOLATE MARIÑO

Despois da interesante visita que fixemos á fábrica de "Chocolates Mariño", decicimos probar a materia prima, facendo unha rica tarta da avoa. Estaba riquísima. Grazas a chocolates Mariño por agasallarnos co chocolate

mércores, 12 de decembro de 2018

TRABALLANDO NO HORTO

Xa comenzamos a traballar no horto. Desta vez acompañados dos nosos compañeiros de 4º plantamos allos porros

martes, 20 de novembro de 2018

venres, 16 de novembro de 2018

Jorge Peteiro

Os nenos de 5 anos convertimonos en pintores como o coñecido pintor e escultor Jorge Peteiro. Vimos que é un pintor alegre e colorista, e nós como bos alumnos seguimos o seu estilo. Fixemos o noso autoretrato, pintamos a Torre de Hércules....... e ata fixemos o noso particular "Animalario Peteiro" onde podedes atopar entre outros o peixe serra que está a entrada da casa dos peixes da Coruña.

Tarta de mazán

Mans á masa....... desta vez tocou preparar tarta de mazán con unhas mazáns da hortiña ben ricas. Estaba riquisisimmo!!!!!

xoves, 15 de novembro de 2018

Premios Aloumiños

Lembrades os debuxos que fixemos sobre a diversidade funcional? Pois fomos premiados con dous deles, xa que nos presentamos ó concurso da Asociación Aloumiños para ilustrar o calendario do vindeiro ano de dita asociación. Así que alá se foron os premiados, Said Lagridi e Carla Añón e tamén a nosa compañeira Carla Giance co seu bonito debuxo "En silla de rodas"ó casino de Carballo recoller o seu agasallo. Parabéns campións!!!

DIVERSIDADE FUNCIONAL

Os nenos e nenas de 5 anos estivemos traballando a desigualdade funcional, mirade que debuxos máis chulis sairon de ahí. Agardamos que vos gusten!!!

mércores, 7 de novembro de 2018

CORRE, CORRE CABACIÑA.

SAMAÍN

Mirade que guapos estamos disfrazados , cabazas, osos, lobos...e preparados para representar a obra "CORRE, CORRE CABACIÑA", dádelle o play e comprobádeo vos mesmos no video , esperamos que vos guste.

martes, 6 de novembro de 2018

Visita á Biblioteca Rego da Balsa

O pasado 29 de outubro fomos convidados pola Biblioteca Rego da Balsa a un contacontos dos ratiños de Lonxe de Todo. Desta vez foi Lilí Gruyere quen nos contou contos moi divertidos e ata solicitou a nosa colaboraión para "Os tres porquiños". Que ben o pasamos. Estamos deseando voltar a ver ós ratiños de Lonxe de Todo.

Cociñando madalenas

Mirade que cociñeiros estamos feitos!!!!

xoves, 18 de outubro de 2018

ZOQUEANDO POR CARBALLO

O outro día fomos de paseo pola veira do Anllóns, o coñecido "Paseo do Bosque". Acompañáronnos os maiores do cole,foron os nosos guías. Alí aprendemos moitas cousas interesantes.... Vimos salgueiros, castiñeiros, carballos... , apañamos castañas e landras..., vimos patos, e ata unha curiosa rá... Que ben o pasamos, estamos desexando zoquear outra vez por Carballo.

OS MÁIS PEQUENOS PREPARAN ZUME DE LARANXA

O OUTRO DÍA PARA COMEZAR O DÍA CON ENERXÍA FIXEMOS UN ZUME DE LARANXA NA CLASE. PERO ANTES DE COMEZAR CONTAMOS CANTAS NARANXAS TIÑAMOS NA BOLSA, VIMOS CAL ERA A SÚA COR, TOCÁMOLAS PARA SABER CAL ERA O SEU TACTO, ESCOITAMOS QUE SON FACÍAN AO MANEXALAS E AO RODAR POR ENRIBA DA MESA, CORTÁMOLAS( COA AXUDA DA PROFE) POLA METADE, ULÍMOLAS E SABOREÁMOLAS. DESPOIS CON AXUDA DUN EXPRIMIDOR FIXEMOS MOITO ZUME E DESPOIS BEBEMOLO....ESTABA REIQUÍSIMO!!!

O PRIMEIRO LENZO DE 3 ANOS

luns, 15 de outubro de 2018

Aquí nos presentamos os de 3 anos

ESTE ANO NÓS SOMOS OS PEQUES DO COLE E OS NOSOS NOMES SON : LUCÍA, ANA, DYLAN, HUGO G., HUGO H., ALEJANDRO, GAEL, JUAN, YARA E AITANA