sábado, 24 de febreiro de 2018

AVESPA VELUTINA

Esta semana recibimos a visita de Isidro para falarnos da avespa velutina. Foi unha charla moi interesante e amena onde descubrimos algunhas curiosidades sobre esta especie invasora: como son os seus niños, de que maneira os constrúen, como se organizan, por que atacan as abellas, que poden facer os apicultores para protexer as súas colmeas, que trampas caseiras podemos facer para loitar contra elas,...

PREPARANDO RICOS BATIDOS

O pasado venres a aula de 3 anos recibiu a visita dun coctelero o cal nos ensinou a preparar uns ricos e nutritivos batidos de amorodos e chocolate branco. Estaban de rechupete!!!

mércores, 7 de febreiro de 2018