martes, 18 de xuño de 2024

ANIVERSARIOS VERÁN

Remata o curso e non queriamos irnos sen cantar "Cumpleaños Feliz" aos amiguiñ@s que están de aniversario nos meses de xullo e agosto. Parabéns para Isra, Adrián, Fatou, Rokhy, Saúl e Izan. Querémosvossss!!!
aniversarios verán de Infantil

Aniversarios Xuño

Como é de costume seguimos celebrando os aniversarios mensuais. Adiviñades quen estivo de aniversario neste mes solleiro? O noso amiguiño Aarón Martínez que soprou a candea do número 5. Parabéns Aarón!!!
aniversario de Infantil

mércores, 12 de xuño de 2024

Plantando a nosa horta

Despois de sacar as malas herbas da nosa horta tocou a parte máis diverida. Plantar!!!! Adiviñades o que?.... Xudías, patacas, allo porro, tomates e amorodos. Agora a confiar en que medre. Cos nosos coidados seguro que pronto levaremos os produtos da horta á mesa, xa se nos fai a boca auga!!!!
plantamos a horta de Infantil

venres, 7 de xuño de 2024

5 de Xuño. Día do Medio Ambiente

O mércores 5 de xuño celebrouse o día do Medio Ambiente. O alumnado de Infantil acudiu á praza do concello a abrazar árbores con uns brazos enormes. En xornadas anteriores decoramos os brazos para engalanar a estes seres vivos aos que tanto lles debemos.
DÍA DO MEDIO AMBIENTE de INFANTIL

martes, 4 de xuño de 2024

ANIVERSARIOS MAIO

O pasado venres festexamos os aniversarios do mes de maio. Mirade que ben o pasamos. Parabéns cumpleañeros!!!
MAIO de INFANTIL