venres, 31 de xaneiro de 2020

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Onte, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Comezamos cunha actividade de robótica que nos prepararon, para todo o cole, as nenas e nenos de 6.º de Educación Primaria xunto co seu profe. Converteron os mBots en Tanquebots con palabras como agarimo, paz... que foron quen de destruír o muro do medo, o bullying... (feito con pezas LEGO) para lograr un mundo mellor.

Tamén fixeron en papel continuo diversos símbolos referidos á paz, polos cales camiñaron diferentes Ozobots. Como veredes, dependendo do código de colores, realizan uns movementos ou outros, que vos parece??
 

Fixemos un pequeno festival conxunto entre todo o cole, onde cada clase presentou a muller que estivo traballando ao longo dos días; todas elas recibiron un Premio Nobel da Paz. Tamén se realizou a entrega de agasallos do concurso de debuxos e contos e rematamos bailando a canción "Girasoles de Rozalén".
    

"A paz non é algo que desexas. É algo que creas, algo que fas, algo que es e algo que regalas".
John Lennon

Ningún comentario:

Publicar un comentario