sábado, 24 de outubro de 2020

UN COMPAÑEIRO MOI CURIOSO!!

O outro día Alberto, achegounos á clase un paquete moi estraño que viña ao noso nome!! Quedamos abraiados e abraiadas ante semellante acontecemento!! Paula atreveuse a abrir a caixa e ... adiviñades o que viña dentro?? Un morcego chamado Aurelio!!!

 Dentro da caixa viña unha carta explicando quen era e porque quería coñecernos. Aurelio está moi preocupado porque despois da pandemia todos culparon aos morcegos da enfermidade e el confesa que agora ten medo de que o vexan e lle poidan facer dano; por iso agora se agocha nas torres máis altas e desde alí vixía o que acontece nas distintas vilas e cidades. Ademais confesa que se alimenta de vogais e de palabras e pídenos axuda para poder alimentarse. Na caixa tamén trae consigo un conto no que el é protagonista e un papiro no que aparece o seu idioma segredo.

Dentro da caixa tamén trouxo un pasaporte para cada un de nós por se o queremos acompañar na súa viaxe de torre en torre e deixou unha caixa de correo para deixarnos mensaxes e cartas!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario