sábado, 14 de novembro de 2020

O MONSTRO DE CORES

Estes días os/as máis peques do cole estivemos a traballar o conto O monstro de cores que trata sobre un monstro que esta confundido coas súas emocións. Logo de lelo varias veces decidimos facer un pequeno vídeo coas nosas caras de alegría, tristeza, rabia, medo e calma. Queredes velo? 😀

Esta será unha das nosas aportacións ao Proxecto Documental Integrado da biblioteca que este curso leva por título "Conto coa túa emoción" 💓

Agora deixámosvos un vídeo sobre o conto por se vos apetece velo coa vosa familia 😊

2 comentarios:

  1. Estoy moi contenta do cambio qe doy o me dieqo gracias por ese videos e fotos qe colqades la min e importante ver como mellora e vai feliz o cole gracias bicos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas polas túas palabras!! Alégranos que vos gusten. Moitos bicos

      Eliminar