venres, 8 de xaneiro de 2021

SORPRESA DE NADAL

Hoxe, cando chegamos ao colexio, misteriosamente as portas das aulas de Educación Infantil estaban pechadas e as luces apagadas. Pareceunos que ás profes se lles pegaran as sábanas despois destas vacacións 🙊

Cando quitamos as chaquetas, bufandas, gorros e demais roupa que nos abrigaba nunha mañá tan fresca, puxemos as zapatillas. Xa listos/as e preparados/as para comezar con enerxía este 2.º trimestre, entramos as áulas. Cal foi a nosa sorpresa que, en cada unha delas, había agasallos!!!! Que emoción!!! Quen os deixaría alí? Eran para nós? Pois si!! 😀😊

Como vedes, tiñamos agardando por nós 3 regaliños, que grata sorpresa!! 🎁:

  • Unha placa para xogar coas pezas LEGO.
  • Un xogo de números.
  • Un dominó de animais.

Estamos desexando que chegue o luns para ensinarlles os agasallos aos compañeiros e compañeiras que hoxe non viñeron e poder xogar con eles!!

Boa fin de semana a todos/as e que teñamos un bo trimestre 😘😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario