domingo, 21 de marzo de 2021

POR MARROCOS

Moitas foron as experiencias que vivimos ao longo destas últimas semanas no referido á viaxe dos nosos amigos Annie e Aurelio a Marrocos!! Estivemos tan atarefad@s buscando información e investigando sobre as terras marroquís que non tivemos tempo de compartilo con tod@s vós, agora mesmiño vos facemos un resumo de todo.

Primeiro dicirvos que Annie e Aurelio enviáronnos un correo electrónico detallándonos como fixeran a súa viaxe desde A Coruña ata Marrocos,  primeiro atravesaron toda España en coche ata chegar a Alxeciras e alí tiveron que coller o Ferri ata Tánxer para despois seguir o camiño ata Marrocos. Como foron en coche nós tamén quixemos aprender a conducir, tivemos que aprender o significado das sinais de tráfico e fixémos unhas prácticas de condución para conseguir  o carné de conducir.

Outro día invitáronnos a xogar buscando pistas pola clase, sabedes quen deixou un montón de libros informativos de Marrocos agochados pola clase?? O noso amigo Fidalgo que tamén é moi bo amigo de Aurelio e Annie.







Unha vez que chegamos a Alxeciras collemos o Ferri e puxéronnos un novo selo no noso pasaporte: Marrocos. Aurelio e Annie escribíronnos desde a capital de Marrocos que é Rabat e alí coñecemos monumentos tan importantes como a torre Hassan, o Mausoleo de Mohamed V e Kasbah de Oudayas. Gustounos moito a torre Hassan, buscamos información sobre ela e o que máis nos chamou a atención foi o que medía, nin máis nin menos que 44 metros de altura, pero canto eran 44 metros? Pois quixemos saber como era o número 44 e despois experimentar coa medida de 44 metros.


Con Aurelio e Annie tamén coñecemos cidadades como Casablanca e Marrakesh.






Aurelio e Annie comunícannos que lle gusta moito mercar nos mercados de marrocos que reciben o nome de zocos, quixemos buscar información sobre os produtos que se vendían nos zocos: alfombras, coiro e zapatos, doces, especias... E precisamente con especias estivemos experimentando na clase, tiñamos cúrcuma, especias orixinarias de marrocos, pimentón, pementa... encantounos ulilas e despois mesturalas con auga para pintar con elas, desfrutamos un montón!!

Esta semana escoitamos o CD do libro que nos deixou Fidalgo na clase e quixemos pintar ao son da música marroquí, estivemos moi concentrad@s e plasmamos no papel as sensacións que nos transmitiu a música de orixe marroquí.

Agora podedes ver as imaxes de todo o que fixemos neste vídeo agardamos que o gocedes un montón, nós seguiremos buscando máis información sobre este país tan espectacular.

Ningún comentario:

Publicar un comentario