martes, 22 de xuño de 2021

ANIVERSARIOS DE VERÁN E FIN DE CURSO

Bo día familia!! Logo duns meses de traballo, esforzo, ilusión, xogos e momentos compartidos cos amigos, amigas, mestres e mestras no colexio, damos por rematado este curso. Sen dúbida foi un curso diferente, marcado polas esixencias da pandemia. Aínda así, foron meses especiais e que sempre gardaremos para o recordo 😊

Pese a ser o noso primeiro ano no colexio, traballamos moito moito e, estes días, estivemos preparando as bolsas para levar os traballiños do último trimestre, as postais coas nosas fotos... así que deixámosvos un pequeno vídeo para que nos vexades 👀

Hoxe, coincidindo co festexo na aula do final do curso, celebramos os aniversarios do verán pois Mauro, Bruno e Aitana están de cumple en xullo 🎈🎉🎁 Parabéns por adiantado!! Agardamos que gozásedes moito do festexo que fixemos no cole 😍

Gustaríanos facer un recoñecemento a todos os nenos e nenas que, pese a ser tan pequeniños/as, fostes uns campións e campioas durante todo o curso 🏆🏆. Fostes exemplo para todos nós resistindo as máscaras, intentando non falar cando merendabamos, sendo constantes no lavado de mans e desinfección. Agardamos que, máis pronto que tarde, poidamos abrazar como non o fixemos este curso, bicarnos e poder sorrir sen unha máscara. Polo de pronto, toca ser prudentes e coidarse moito!!

BO VERÁN E BOAS VACACIÓNS 🌞 Vémonos en setembro!!


"Qué bonito es saber que siempre estás ahí, quiero que sepas que, voy a cuidar de ti. Que bonito es querer y poder confiar, afortunado yo por tener tu amistad" (Canción "Qué bonito es querer" de Manuel Carrasco)

Ningún comentario:

Publicar un comentario