luns, 1 de novembro de 2021

Xornadas Outonais.

O pasado venres 15 de outubro ao entrar na aula atopámonos algo agochado baixo un pano. Cómo chegaría alí?. Sería Fidalgo?. Qué se agocha...? Deste xeito foron xurdindo as primeiras respostas; unha cesta, unha Nancy, filloas, libros, un vestido, cousas de Halloween, e ata um bebé que no suposto de que así fora tiñamos ben claro os coidados que precisaba, Non aguantando máis esta incertidume atrevémonos a levantar o pano, e cal foi a nosa sorpresa?. "Unha cesta con cousas do outono" (millo, mazáns, ourizos, noces, tamarillos...), Algunhas destas cousas resultaron familiares e outras foi a primeira vez que as viamos. Fixemos unha clasificación dos produtos e posteriormente estivemos vendo imaxes de bodegóns de diferentes artistas que facían composicións con froitos do outono, así que mans á obra e por equipos comenzamos a crear o noso bodegón. Posteriormente, noutra xornada calzamos as nosas botas e saimos ao patio recoller follas, quitar castañas dos ourizos.... e descubrimos que había unha nogueira, aínda apañamos para un petisco. Finalmente non poidemos resistirnos e probamos estes produtos tan sans e saborosos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario