mércores, 15 de febreiro de 2023

Proxecto "Os pitiños". Un recanto para Pepe.

Tras a sorpresa do noso amiguiño Pepe,decicimos facer un recanto para él o que acompañamos nun primeiro momento con contos da temática, unha cesta de ovos, platos con millo e pienso para que coma.... e parece que lle gusta, que xa o vemos máis gordo e grande!!! Tamén charlamos do qué sabemos (que comen pienso e millo, que son pequeniños, que nacen dos ovos, que son amarelos...) e tamén o que queremos saber acerca del (se son todos da mesma cor, qué comidas comen aparte de millo e pienso, quén é a súa mamá e o seu papá....) entre outras cousas. Así que nos queda unha interesante labor!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario