luns, 10 de abril de 2023

Facemos tortilla francesa.

Lembrádesvos das galiñas de raza poñedora que temos na aula? Pois un encargo lle fixemos, que nos puxeran ovos para facer unha tortilla, e nada mais e nada menos que media ducia de ovos puxeron dun día para outro. Chegamos á clase e alí estaban os ovos listos para unha......TORTILLA!!!! Mil gracias galiñiñas, merecedes todos os coidadeos que vos proporcionamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario