sábado, 29 de febreiro de 2020

ANACOS DE ENTROIDO!

Como ben sabedes neste mes deixamos atrás o Entroido,nos días previos os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil estivemos moi atarefad@s:

- Cumplimos as ordes que cada día nos deixaba o Meco antes da celebración do Entroido.


Os maiores de 5 anos, que están a traballar a  alimentación,  deixáronnos a receita das rosquillas e axudámoslle á nosa profe a facelas porque a ela non se lle dá moi ben a cociña( pero non digades nada que é un segredo).😶


- Fixemos unhas máscaras superchulas para lucir no Entroido!


- O venres 21 de Febreiro difrazámonos de Mim@s e desfrutamos un montón do Entroido na compaña das nosas familias.


Velaquí unha pequena mostra de todo o que aconteceu, agardamos que vos guste!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario