martes, 4 de febreiro de 2020

COMEZO DUN PROXECTO

Onte na clase de 5 anos, logo de acabar a asemblea, decatámonos de que había algo na nosa biblioteca... Un novo libro e unha carta!! De quen sería?, quen puxera aquilo alí?, era para nós?



Cheos de ilusión puxémonos a lela e.. era unha carta de Fidalgo, a mascota da nosa biblioteca!!  Convidábanos a comezar un proxecto pero, para descubrir sobre que, tivemos que descifrar un código poñendo debaixo de cada imaxe, a letra pola que comeza cada palabra.



Andaaa!! Xa descubrimos de que se trataba o proxecto que nos dicía Fidalgo, de alimentación saudable, que é moi importante para medrar fortes e sans. Xa el sabía canto nos gustan a nós os festexos con comida, somos mooooi larpeiros e larpeiras jijiji

Para comezar, deixounos un libro titulado Yo me pregunto... Los alimentos, que agora forma parte do recuncho que imos facer sobre a temática. Tamén nos propuxo un primeiro reto: facer brochetas de froita. Para iso, precisabamos froitas pero... cales? A mellor idea que se nos ocorreu foi facer unha lista con aquelas que nos gustan para que a profe puidese mercalas para facer a merendola ao día seguinte, e iso fixemos.











Ningún comentario:

Publicar un comentario