venres, 22 de novembro de 2019

AS NOSAS PALABRAS MÁXICAS

Fai uns días cando chegamos á aula levamos unha grata sorpresa. Alguén deixara unha bolsa para    nós enriba dunha mesa con unha carta.
Sabedes de quen era?. O seu remitente era FIDALGO.
Empezamos a preguntarnos quen sería ese Fidalgo. Seguimos lendo e descubrimos que era un trasno que vive na biblioteca do noso centro entre contos e libros, e que de vez en cando polas noites sae a dar un paseiño polas aulas. Tamén nos contaba que era medio mago e que na bolsa nos deixaba a súa chisteira, variña máxica e unhas palabras máxicas que a partir de agora serían as nosas tamén.
Estivemos léndoas, creando situacións nas que as podemos empregar... e decidimos adicarlle  un recanto moi especial na nosa aula comprometéndonos a usar sempre estas palabras máxicas que a Fidalgo e a todos nós nos gustan tanto.
Despediuse decíndonos "ata pronto", a ver cando volta a sorprendernos!!!!











Ningún comentario:

Publicar un comentario