mércores, 6 de novembro de 2019

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2019/2020!


Aquí estamos un ano máis, dende as aulas de educación infantil do CEIP Xesús San Luís Romero para darvos a benvida a este novo curso!! Moitas familias xa coñecedes a dinámica deste blog pero para as que vos incorporades este curso, aquí imos publicar fotos de saídas, aniversarios, actividades do centro e que levemos a cabo nas aulas... para que vexades canto traballamos e, sobre todo, como gozamos no cole!!
Agardamos que nos visitedes con certa frecuencia e que vos guste o que ides atopar aquí ao longo de todo o curso.



Este curso estreamos aulas novas pois, entre o concello e o cole, conseguimos ter tarima nas tres aulas, que marabilla!! Estamos encantadísimos/as con ela jijiji Ademais agora usamos zapatillas, así que temos os pes moito máis quentiños, estamos mooooi moi cómodos/as e cada vez somos máis rápidos quitando e poñendo nelas!! Veredes como na casa imos ser moito máis rápidos para amañarnos polas mañás para vir ao cole!!

Aquí publicamos as tres aulas de infantil pero se queredes ver soamente as cousiñas da clase dos vosos nenos e nenas, tedes que picar nunha etiqueta que pon a súa idade (3 anos, 4 anos ou 5 anos) e listo!! E o mesmo para ver só o relacionado coas diferentes temáticas. Estas etiquetas están xusto debaixo do título do blog "PEQUES DO SAN LUÍS".

Mandámosvos un saúdo moi forte!! E lembrarvos que dende o cole estamos encantados de que participedes en cantas cousiñas se propoñen, graciñaass!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario