mércores, 6 de novembro de 2019

Magosto e Samaín 2019


Deixámosvos algunhas imaxes coa exposición das cabazas de todo o cole.










As nenas e nenos de 5 anos fixemos unhas momias con pan de molde, salsa de tomate, xamón, queixo e aceitunas. Hmmm... estaban boísimas!! Case non nos resistiamos sen probalas mentres as faciamos!!









Unha caloriña para derreter o queixo e... listos para zampar!!


Os nenos e nenas de 4 anos fixemos unhas pantasma con platano e chocolate. Mirade como quedaron!!





 

Agora ollade que merendas tan terroríficas fixemos todo o cole!!




Tamén comemos castañas.








Ningún comentario:

Publicar un comentario