martes, 24 de decembro de 2019

Aniversarios 1º trimestre

Neste 1º trimestre na aula de 4º de Infantil clumpliron xa os 3 aniños Yeraik, Mateo, Nagore e Seynabou. Para festexalo fixemos entre todos un biscoito e despois sopramos a candea do nº 3. Estaba de rechupete!!!! Parabéns chicos!!!

domingo, 22 de decembro de 2019

BOAS FESTAS!!

O equipo de Educación Infantil desexámosvos, tanto ao alumnado como ás familias, unhas boas festas!!

Bo Nadal e feliz aninovo!! Agardámosvos de volta no cole o mércores 8 de xaneiro. Botádenos de menos un chisquiño!!

P.D.: No fondo da imaxe podedes ver todas as postais coas que os nenos e nenas de todo o cole participamos no concurso promovido polo concello de Carballo.

FESTIVAL DE NADAL 2019

O venres celebramos no cole o festival de Nadal. Que ben o pasamos!! Deixámosvos un pequeno vídeo para que o poidades comprobar.



Se queredes ver fotos das actuacións dos demais cursos, podedes visitar o blog da biblioteca: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2019/12/festival-nadal-2019.html

Ahhh!! E moitas grazas ás familias por aportar doces de Nadal. Estaban boísimos!!

mércores, 18 de decembro de 2019

DANI A. CUMPLE 5

Hoxe Dani Amado está de aniversario!! Cumpre 5 aniños. Moitos parabéns Dani!! Esperamos que disfrutaras moito da festiña do cole.


Moitas gracias por convidarnos a unha tarta tan rica, a uns vasiños de zume e tamén polas chuches!!

martes, 17 de decembro de 2019

JOEL CUMPLE 5

Hoxe o noso amigo Joel celebrou os seus 5 anos con nós. Parabéns Joel!!! E moitas grazas por convidarnos a ese biscoito tan rico.


domingo, 15 de decembro de 2019

PREMIOS DE NADAL

No cole participamos no Concurso de cartel e postal de Nadal que promove o concello de Carballo e recibimos dous premios!! Un foi para Lucía de 4 anos e o outro para Nagore de 5. Noraboa!!! E noraboa tamén a todas as nenas e nenos que participaron do noso e dos outros coles pois, tal e como se dixo na entrega, foi unha decisión moi difícil.


Parabéns tamén a Mía, Alba, Rafael, Jorge e Lucía dos outros coles de Carballo e que tamén resultaron premiados/as!!! http://www.carballo.org/axenda.php?id=2017&idioma=gl&sec=31

ROBÓTICA ENTRE TIBURÓNS

Seguimos coa temática dos tiburóns e desta vez fixemos unha actividade de.... ROBÓTICA!! Empregando o Bee Bot da biblioteca traballamos vocabulario, aspectos de lóxica-matemática, lectoescritura e moooito máis!! Foi moi divertido e motivador para nós, así que esperamos repetir pronto.

martes, 3 de decembro de 2019

A REALIDADE DUNHA PERSOA CON DISCAPACIDADE VISUAL

Hoxe, 3 de decembro, recibimos no cole unha visita moi especial con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Deixámosvos unha ligazón ao blog da biblioteca onde podedes atopar un vídeo: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2019/12/a-realidade-dunha-persoa-con.html


Moitas grazas Pedro por ensinarnos tanto!!

domingo, 1 de decembro de 2019

PLANTANDO NOVA VIDA!


Os nenos e nenas de 4 anos queremos seguir aportando o noso pequeno gran de area para contribuír a un mundo mellor, por iso,fixemos dúas pequenas plantacións,unha de landras para dar vida a novos carballos e outra de cactos de Nadal, unha planta suculenta que ten a calidade de almacenar moita auga e que florece nestas datas.
Cando plantamos as landras fixemos un experimento previo para saber cales eran óptimas para plantar. Botamos nun caldeiro de auga as landras, as que flotaron descartámolas para plantar porque estaban ocas. 
Para cada plantación reciclamos vasos de iogur de plástico, fixémoslle uns pequenos buracos para que non podrezan as plantas ao regalas.Agora toca agardar a que xermine nova vida!


Continuaremos dando pequenos pasos para facer que o noso mundo sexa mellor!!!








venres, 29 de novembro de 2019

SAÍDA AO AQUARIUM FINISTERRAE

Hoxe os peques do cole fomos de excursión ao Aquarium Finisterrae, que ben o pasamos!!! O que máis nos gustou foi ver a Gastón, é impresionante!!

Esta foi a primeira excursión para os de 3 aniños. Portámonos todos/as super ben jijiji estamos desexando volver.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

As nenas e nenos de todo o cole cantamos a canción "Chea de vida" de Guadi Galego, para celebrar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero que celebramos este luns 25 de novembro.
Como podedes ver, signamos o seu retrouso para facer dela unha canción máis inclusiva.
Traballamos tamén a historia das irmás Mirabal, tres mulleres que foron asasinadas por opoñerse a unha ditadura aló polo ano 1960. Eran coñecidas como "As bolboretas", de aí que levemos ese colar. 
A partir de agora a entrada do cole é unha pequena exposición de bolboretas que agardamos voen libres coma todas as persoas. Loitemos por unha sociedade máis igualitaria e sen estereotipos!
Na entrada do cole tamén temos unha exposición de libros sobre a temática.

mércores, 27 de novembro de 2019

BUSCA DE INFORMACIÓN SOBRE OS TIBURÓNS

Logo de escoller o tema sobre o que iamos traballar, as nenas e nenos de 5 anos falamos sobre que sabiamos dos tiburóns e que queriamos saber, moooitas cousas!!! E que podiamos facer para aprender deles??? Pois precisabamos información, imaxes... así que enviamos unha carta ás familias para que aportasen aquilo que tivesen pola casa sobre o tema e construímos un recuncho.


Tamén se nos ocorreu ir á biblioteca, pois está cargadiña de libros, algúns dos cales levamos emprestados para o noso recuncho. Unha vez seleccionamos aqueles que nos podían ser útiles, puxémonos por pequenos grupos para buscar aquelas páxinas onde se facía referencia aos tiburóns; marcámolas cuns marcapáxinas.







Despois coa axuda da profe Mar, por grupos, clasificamos a información.




E agora niso andamos, aprendendo mooooito sobre eles!!! Se vós tamén tedes curiosidade sobre estes animaliños podedes consultar algúns dos libros que manexamos:









Aaah!! Moitas grazas a todas as familias que aportastes material!! Estanos sendo de moita axuda.

XUNT@S SUMAMOS!!

No cole participamos no concurso "Xuntos sumamos" que promove Aloumiños e que consistía na elaboración de debuxos para un calendario. Do cole gañaron dúas nenas e dous nenos, que alegría!! Moitos parabéns!! E parabéns tamén a todas as compañeiras e compañeiros que, ao igual que nós, puxeron todo o seu empeño e esforzo en facer os debuxos, vós tamén sodes gañador@s!!!!!!

Deixámosvos un pequeno vídeo da entrega de premios que tivo lugar o sábado.


venres, 22 de novembro de 2019

AS NOSAS PALABRAS MÁXICAS

Fai uns días cando chegamos á aula levamos unha grata sorpresa. Alguén deixara unha bolsa para    nós enriba dunha mesa con unha carta.
Sabedes de quen era?. O seu remitente era FIDALGO.
Empezamos a preguntarnos quen sería ese Fidalgo. Seguimos lendo e descubrimos que era un trasno que vive na biblioteca do noso centro entre contos e libros, e que de vez en cando polas noites sae a dar un paseiño polas aulas. Tamén nos contaba que era medio mago e que na bolsa nos deixaba a súa chisteira, variña máxica e unhas palabras máxicas que a partir de agora serían as nosas tamén.
Estivemos léndoas, creando situacións nas que as podemos empregar... e decidimos adicarlle  un recanto moi especial na nosa aula comprometéndonos a usar sempre estas palabras máxicas que a Fidalgo e a todos nós nos gustan tanto.
Despediuse decíndonos "ata pronto", a ver cando volta a sorprendernos!!!!











mércores, 20 de novembro de 2019

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Hoxe, 20 de novembro, celebramos o Día Universal da Infancia. Loitemos por vivir en igualdade de condicións!!!!





"Un neno/a sempre pode ensinar tres cousas a un adulto: a poñerse contento sen motivo, a estar sempre ocupado con algo e a esixir con todas as súas forzas aquilo que desexa" Pablo Coelho
ANIVERSARIOS 4 ANOS!!!

En setembro celebramos na clase de 4 anos o cumple de Alejandro e en outubro os aniversarios de Aitana, Lucía e Yara! Parabéns!





sábado, 16 de novembro de 2019

TRÁILER SAUDABLE DE GADIS

O 18 de setembro as nenas e nenos de 4 e 5 anos achegámonos ata a praza do concello para visitar o Tráiler Saudable de Gadis. Alí tivemos a oportunidade de escoitar unha pequena charliña sobre hábitos de alimentación saudable, moi importante para medrar sans e fortes!!

Aproveitamos tamén para facer unha paradiña no parque e volvemos ben ledos cos agasalliños que nos deron. Gracias!!


venres, 15 de novembro de 2019

O OUTONO XA CHEGOU

O outono xa chegou á aula de 3 anos. Estivemos vendo as diferentes froitas, (uvas, mazáns, figos....) típicas do outono; cómo son, qué cores teñen, cómo é a súa pel......as cales non poidemos resistirnos a probar. Estaban deliciosísimas!!!!.
Aparte de froitas tamén vimos que hai froitos do outono (castañas, noces...) que ademais de encher as nosas barriguiñas con eles descubrimos que coa casca das noces podiamos facer un animaliño que vive no monte, ten o corpo cuberto de plumas e o cal lle gusta sair moito de noite a cantar. Sabedes de quén estamos a falar? Pois sí, do moucho. Mirade que xeitosiños nos quedaron.

BENVIDOS A 3 ANOS

Aquí vos abrimos as portas da nosa aula con algunha que outra fotiño.