martes, 30 de maio de 2023

Viaxamos con Francisco F. del Riego nun barquiño de casca de noz!!

Despois de ler información sobre a vida de Francisco Fernández del Riego soubemos que lle gustaba moito facer barquiños con cascas de noces ⛵ por iso mesmo decidimos meternos na súa pel e intentar facer uns con cascas de noces. Queredes ver como fixemos?👀

UNHA NOVA COMPAÑEIRA EN 5º DE EI...BENVIDA EESHA!!!

O venres 26 de Maio na clase de 5º de E.I. tivemos o pracer de coñecer a unha nova amiguña, o seu nome é Eesha e xa deixou a súa pegada no cadro da nosa aula. Estivemos vendo como se escribe o seu nome e fixémoslle uns debuxiños de benvida.💖😊

 



 

luns, 22 de maio de 2023

E ti como ves a Francisco Fernández del Riego?

 A semana pasada na aula de 5º de EI escoitamos un conto titulado "¿Como lo ves?" a partir deste album quixemos descubrir o artista que había dentro de nós facendo arte efímera co retrato de Francisco Fernández del Riego, saímos ao patio para facer a obra no exteriror pero resultou imposible porque facía moito vento, por este motivo levamos os elementos da natureza para a aula e cada un de nós sacou imaxinación para engalanar o retrato de Francisco. Velaí vos vai unha pequena mostra do que fixemos, agardamos que vos guste😊

venres, 19 de maio de 2023

Incubando pitiños

Qué sorpresa nos levamos o martes cando chegamos á clase. O noso amigo o polo Pepe desta vez sorprendeunos, e ben.
Alí nos atopamos con algo parecido a unha caixa negra con cables,  un cartón que poderia ser de ovos e unha carta ¿ que será, será?.....






Pois sí, nada máis e nada menos que  unha incubadora que nos prestou encantado o granxeiro da granxa de onde veu o polo Pepe e  un cartón con ovos  das súas amigas as galiñas e uns máis pequeniños que a algún que outro lle parecían de chocolate pero finalmente eran de codorníz.
Así  o contaba na carta que nos escribiu o polo Pepe, coñecedor das nosas ganas de ter pitiños non o dubidou máis e quixo sorprendernos, e vaia se o logrou.
Atentos as instrucións e coidados que requiren os ovos ata eclosionar  comenzamos co proceso:






1.  Poñer a quentar entre 2-3 horas a incubadora. 








2. Proporcionar  a humidade precisa aos ovo, polo que temos que encher un cacharriño con auga e revisar diariamente os seus niveis. IMPORTANTE, o polo Pepe recalcounos que nunca pode estar sen auga.







 Colocar os ovos e agardar....... nada máis e nada menos que...... 21 días para que nazan pitiños.













Xa vos iremos informando!!!!














PARABÉNS JULIETA!!!!

O martes 16 de Maio festexamos na aula de 5º de EI que a nosa amiguiña Julieta xa ten 5 anos!!! Fixemos a coroa, Julieta deulle 5 voltas ao sol, puxemos a mesa e despois de cantarlle o parabéns para ti soplou moi forte a candea do número 5. Despois da encherola bailamos e trouleamos pola clase. Podedes ver unha pequena mostra do que pasou no seguinte vídeo🎈🍰👀💓

mércores, 17 de maio de 2023

Adiviñar que alimento estamos a probar

Inmersos na importancia dunha alimentación saudable, desta vez tocou vendar os ollos e adiviñar que alimento estabamos a probar. E non nos foi de todo mal, ollade e veredes.
adiviñar que alimento estamos a papar!!! de veronica

sábado, 13 de maio de 2023

COMO ME SENTIRÍA SE...

Despois de escoitar o conto: "¿Que tal estás?" de Anthony Browne na clase de 5º de EI, estivemos dialogando sobre as distintas emocións que aparecen no libro e de situacións que nos fan sentir así. Para afondar máis na temática a profe imprimiu unha serie de imaxes nas que se reflectían situacións que implicarían distintas emocións. Por exemplo: se un amigo che grita, se che pegan, se che fan un regalo...😥😩😃

xoves, 11 de maio de 2023

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR (6.ºEI)

O día 2 de maio celébrase o Día Internacional Contra o Acoso Escolar. As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil preguntámonos: que é acoso? Logo de facer unha chuvia de ideas, chegamos á conclusión de que esa palabra facía referencia a pegar, dicir cousas feas aos demais, apartar do grupo...

Aproveitamos este día para ler o conto Orellas de bolboreta. Conta a historia de Mara, unha nena que sobre burlas continuas das súas compañeiras e compañeiros.

Puxémonos na pel de Mara e identificamos como nos sentiriamos se nos fixesen iso a nós, así como tamén aprendemos que non facer nada nestas situacións tamén é facer dano.

martes, 9 de maio de 2023

O DÍA DO LIBRO EN 5º DE EI

O luns 24 de abril na clase de 5º de EI conmemoramos esta data tan especial mesturando libros, xogo e robótica. Para xogar debíamos seguir os seguintes pasos: 

📚 Ler unha frase dos nosos libros favoritos.

📚 Adiviñar de que libro se trataba.

📚 Levar a Bee Bot a casiña do taboleiro correspondente coa portada.

Velaí vos deixamos unha pequena mostra do que aconteceu ese día 👀


Erik cumple 4 anos

Comenza o mes de maio e con el o primeiro aniversario deste mes tan florido. Parabéns Erik!!!.
¡Feliz cumple! de veronica

sábado, 6 de maio de 2023

Alimentando os sentidos en 5º de EI!!!

Para poñer a proba os nosos sentidos e alimentalos de forma saudable  xogamos na clase con Bee Bot. As profes dabannos alimentos saudables 🍌🍓 e nós  cos ollos vendados debíamos empregar o resto dos sentidos para poder adiviñar de que alimento se trataba, despois debíamos levar a Bee Bot á caixa do taboleiro correspondente. Aquí tedes unha pequena mosta do que fixemos 👀

venres, 5 de maio de 2023

Yeray cumple 4 anos

Rematamos o mes de abril e con el o aniversario de Yeray que soprou a candea do número 4. Agardamos que o pasaras moi ben na túa festa. Querémoste Yeray!!!
¡Feliz Cumpleaños, Erik! de veronica

xoves, 4 de maio de 2023

CORRECTO OU INCORRECTO?

Na aula de 6.º de Educación Infantil gústannos moito as matemáticas, polo que aproveitamos para facer unha actividade de maiores!! Desta volta, traballamos as sumas e restas cos conceptos de engadir (+) ou quitar (-).

👉Aprendemos que para sumar hai que engadir elementos e para restar quitalos.

👉Traballamos con paus de cores e pop its para facer as operacións de xeito manipulativo.

👉Unha vez comprobamos cal era o resultado da operación indicada, deduciamos se a tarxeta era correcta ✅ou incorrecta ❌ e colocabámola no panel correspondente.

mércores, 3 de maio de 2023

SEMANA DO LIBRO

Do 17 ao 21 de abril celebrouse a Semana do Libro e, na aula de 6.º de Educación Infantil, realizamos diferentes actividades. Queredes ver que ben o pasamos? 😁

martes, 2 de maio de 2023

COMEZAMOS CO CULTIVO DA HORTA

As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil retomamos a semana pasada o traballo na horta. Tivemos que esforzarnos moito, pois tiñamos abandonada esta tarefa dende o curso pasado e máis que unha horta parecía unha selva!! 🌱🌱🌱🌱 Canta herba!!

🌿Arrincamos herbas

🌱Movemos a terra

🌳Cultivamos patacas e cebolas

Proximamente máis!! Seguiremos cultivando máis produtos  😍

CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O 7 de abril foi o Día Mundial da Saúde e aproveitamos a ocasión para relacionalo co PDI da biblioteca "Cóidome, cóidote, coidámonos". Imos explicarvos que fixemos:

🍉Probamos diferentes alimentos para recoñecer o seu sabor.

🙈Tapamos os ollos e probamos un alimento.

🍌Intentamos adiviñar de que alimento se trataba.

🍊Levamos ao BeeBot á casilla coa imaxe correspondente.

BUSCAMOS TESOUROS NA NATUREZA

A chegada da primavera, que momentos tan fermosos nos ofrece a natureza!! 🌷🌸🌱🌹🌺🌼🌿 As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil, aproveitamos para saír ao xardín e buscar pequenos tesouros agochados que respondesen a un código de cores que tiñamos. Queredes ver como disfrutamos da actividade? 😍

luns, 1 de maio de 2023

ESTUDIANDO AS AVES!!!

 Na clase de 5º de EI levamos varios días facendo un pequeno estudio para saber cales son as aves que  normalmente nos visitan no patio, observamos detidamente e por agora as que máis vemos son: as lavandeiras, as pegas, as gaivotas, as pombas, os pardais, os corvos e os merlos. Seguiremos observando para saber se hai outras aves👀