Estes días na aula de 6.º de Educación Infantil estivemos poñendo a proba a nosa atención cunha actividade que consistía en reproducir a figura observada nun modelo.
1.º Observabamos con detemento a figura proposta
2.º Elixiamos o material necesario: depresores de cores, frechas, policubos, pequenos paus...
3.º Poñendo a proba a nosa atención e lateralidade, recreabamos a figura observada.
Queredes ver que ben o fixemos? Se é que xa somos moi maiores!! 😍
Na aula de 6.º de Educación Infantil gústannos moito as matemáticas, polo que aproveitamos para facer unha actividade de maiores!! Desta volta, traballamos as sumas e restas cos conceptos de engadir (+) ou quitar (-).
👉Aprendemos que para sumar hai que engadir elementos e para restar quitalos.
👉Traballamos con paus de cores e pop its para facer as operacións de xeito manipulativo.
👉Unha vez comprobamos cal era o resultado da operación indicada, deduciamos se a tarxeta era correcta ✅ou incorrecta ❌ e colocabámola no panel correspondente.
A chegada da primavera, que momentos tan fermosos nos ofrece a natureza!! 🌷🌸🌱🌹🌺🌼🌿 As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil, aproveitamos para saír ao xardín e buscar pequenos tesouros agochados que respondesen a un código de cores que tiñamos. Queredes ver como disfrutamos da actividade? 😍
As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil levamos uns días traballando sobre o outono. Nesta entrada ímosvos amosar algunhas das actividades realizadas.
ARTE CON FROITOS DO OUTONO. Realizamos unha composición con diferentes froitos do outono e, cada un/unha, debía debuxar o que vía dende a súa perspectiva. Coloreamos as nosas obras de arte e colocámolas na entrada do colexio xunto á exposición do proxecto da biblioteca titulado "Cóidome, cóidote, coidámonos".
PROBAMOS FROITOS DO OUTONO: pera, mazá, granada, uvas
Na aula de 5.º de Educación Infantil, imos traballar moito este trimestre sobre a temática da horta 🍅🌿🌱. Nesta publicación ímosvos amosar algunhas das cousiñas que estivemos a facer estes días.
XOGOS DE LECTOESCRITURA E LÓXICA-MATEMÁTICA, cos que traballamos:
Conteo e identificación de números.
Asociación de números coas tarxetas dos dedos das mans.
Sumas sinxelas.
Escritura de números.
Axudándonos das tarxetas de tres partes elaboradas para a ocasión, asoociamos as imaxes coas palabras correspondentes.
Identificamos as palabras referidas a cada imaxe, as súas letras e escribímolas con letras de madeira.
Acudimos á biblioteca en busca de CONTOS E LIBROS SOBRE A TEMÁTICA.
Aproveitando a mesa de luz, ESCRIBIMOS O NOME DALGÚNS CULTIVOS que imos plantar.
Un destes días, entre as actividades dos recunchos atopábase un quebracabezas que nos emprestou a profe Patri. Tiña pezas moooooooi grandes e debuxos de Dory e Nemo🐠🐡 Tivemos que esforzarnos moito para montalo pero... conseguímolo!!!
Dende ese día, é un dos nos xogos preferidos 😍
Grazas profe Patri por emprestárnolo para a nosa clase 💖
Esta semana, celebramos o Día de Rosalía e, as nenas e nenas de 5.º de Educación Infantil axudáronlle a Fidalgo (a mascota da biblioteca) a atopar un libro perdido. Que marabilla de xincana 👏👏 Grazas Fidalgo por contar con nós para esta misión!! 😍
Ademais, tamén fixemos unha exposición co título "Rosalía do circo", relacionando esta conmemoración co noso proxecto anual "Baixo a mesma carpa de crochet". Que persoa do circo lle gustaría ser a Rosalía de Castro? Pensamos e debuxamos 💖
A semana pasada, na aula de 5.º de Educación Infantil puxemos os mandilóns e mans á obra coas nosas artistadas!! Desta volta fixemos diferentes debuxos coa técnica do folio xiratorio. Sabedes en que consiste? As profes dábannos unhas indicacións e nós debuxabamos o que nos dicían. Logo de cada frase, dabámoslle o noso folio ao compañeiro ou compañeira do lado, el/ela dábanos o seu e continuabamos. Así, conseguimos facer estas marabillas 😍
Había que debuxar unha persoa, coa cara beeen redondiña. Dous ollos, unha nariz en forma de triángulo, unha boca e dúas orellas. O pelo era rizo. Debuxámoslle o corpo, os brazos e as perniñas e situámolo ao carón dunha flor, un día soleado. Engadimos tres corazóns 💖💖💖
Mirade como as mesmas indicacións deron resultados tan diferentes e tan bonitos 😀
Estes días, fai mooooito frío ⛄pero o bo é que a media mañá, o soliño quenta moito e estase moi ben fóra🌞 Na aula de 5.º de Educación Infantil estamos aproveitando para saír ao patio facer xogos e, este venres, foron moi matemáticos.
Comezamos o trimestre traballando con algunhas das propostas dos recantos para así ir collendo o ritmo pouco a pouco 😀 Aprendemos e pasámolo ben ao mesmo tempo!!
Experimentar, vivenciar, manipular... como nos gusta 😍
O venres celebramos no colexio, o Día Universal da Infanciae, na aula de 5.º de Educación Infantil, aprendemos que todos os nenos e nenas temos dereito a ter un nome, a ter unha familia, a xogar, a ir ao médico, temos dereito á educación...
Aproveitamos para relacionar o tema co proxecto do circo, así que reflexionamos sobre como era a educación alí. Ollade as nosas reflexións👀
Unha vez compartimos as nosas ideas, vimos un vídeo que nos explicaba un pouquiño sobre unha escola do circo 🎪
Logo de ver o vídeo, volvemos falar sobre o tema:
Iker e Gael pensan que todos os nenos e nenas do circo teñen a mesma idade.
Bruno, en cambio, di que hai nenos grandes e pequenos.
A Mauro chámalle a atención que no circo falan castelán e que xogan ao fútbol.
Iker e Mauro fíxanse en que hai dúas gemelas e que son dúas chicas guapas.
Comprobamos que nese cole do circo só hai un mestre.
Ademais disto, para celebrar o Día Universal da Infancia, tamén fixemos unha proposta de Fidalgo. Decoramos un pétalo co nome dun dereito e elaboramos, entre todas as clases do cole, unha flor🌸
Se pulsades na seguinte imaxe, accederedes ao Blog da Bibliosanluís, onde podedes ver un fermoso vídeo 😍
Estes días na aula de 5.º de Educación Infantil estivemos traballando cunhas cartas novas de números e letras ás que lle atopamos moitas posibilidades 😃 Queredes ver canto xogamos e aprendemos con elas? Ollade este vídeo 😍
Boa tarde 😊 estes días, na aula de 5.º de Educación Infantil fixemos diferentes xogos para traballar cuestións de lectoescritura e de lóxica matemática:
Buscamos letras e números.
Pensamos palabras que comezasen por diferentes letras.
Fixemos o son das letras.
Démoslle indicacións ao BeeBot para que chegase ao número que indicaba o dado.
Este 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas e na aula de 5.º de Educación Infantil fixemos unha actividade que nos propuxo Fidalgo. Debiamos levar o BeeBot dende a portada dun dos nosos libros favoritos ata unha das súas ilustracións. Como nos gustou esta proposta!! 😍😀
Premede aquí e veredes o noso vídeo no blog da Bibliosanluís:
Onte, as nenas e nenos de 3 anos, estivemos repasando os números 1, 2 e 3 coa axuda dun robot. Sabedes como se chama? Ozobot, e camiña por encima de liñas. Primeiro, adiviñamos cal era cada número e, despois, contamos pompóns e depresores de cores e situámolos xunto ao número correspondente.
Boa tarde!! Hoxe queremos amosarvos unha actividade que fixemos as nenas e nenos de 3 aniños. Estivemos pacticando exercicios de grafomotricidade con pedriñas e pompóns de cores 😀 Queredes ver que ben o fixemos?? 😍
Agora imos actualizarvos de como están os nosos vermes de seda 🐛
O venres da semana pasada, vimos que había dous vermes na parede da caixa, algo que nunca acontecera ata o momento. Por que estarían alí? Que estarían buscando?
O luns obtivemos a resposta!! Os vermes estábanse preparando para facer a crisálida 😀 A profe contounos que, durante a fin de semana, observou como ían construíndo a súa casiña, onde están aproximadamente 2 semanas ata que se converten en bolboretas. Velaquí vos deixamos unhas fotos.
Ademais, seguimos alimentándoos con follas de moreira. Hoxe démoslle 3 follas grandes e 2 pequenas, 5 en total.
Agora mesmo temos 28 vermes e, de vez en cando, observamos que hai algún pequeniño que vai saíndo dos ovos.
A verdade é que estamos moi entusiasmados/as con eles e gústanos moito observar como medran, como cambian...
Este xoves na aula de 3 aniños traballamos cunha abelliña moi especial. Chámase Bee Bot e é un robot. Sabedes que fixemos con ela? Coñecemos diferentes froitos do outono e traballamos cuestións de lóxica-matemática como o conteo. Mirade que ben o pasamos 👀 Gustounos tanto que imos repetir moitas máis veces 😀😍
Bo xoves!! Estades ben espertos?? Mirade que para esta actividade fai falta eh!! Accedede ao seguinte vídeo e adiviñade que animal falta. Hai un ingrediente fundamental neste xogo: a atención!! 😎
Mañá daremos por rematado este curso e comezarán as vacacións. Durmide ben, pois agárdanvos algunhas sorpresiñas 🎈📷
Hoxe traémosvos un xogo de adiviñar de que animal se trata 🐮🐰🐱🐴🐶🐷🐹 Accedede ao seguinte vídeo e... a pensar!! 💭
Falando de animais... lembrades o vídeo que estabamos preparando en colaboración coa Clínica Veterinaria Gran Vía de aquí de Carballo? Mirade, de momento aínda non o temos listo pois están a ter moito traballo e teñen que buscar un oco para responder ás vosas preguntas. En canto o teñamos xa vos avisamos e publicarémolo aquí 😊