Amosando publicacións coa etiqueta Saídas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Saídas. Amosar todas as publicacións

luns, 28 de abril de 2025

EXCURSIÓN AO FORNO DO FORTE (BUÑO)

O pasado martes 22 de abril, xusto á volta das vacacións, as nenas e nenos de Educación Infantil fomos de excursión ao ECOMUSEO FORNO DO FORTE onde tivemos a oportunidade de traballar co barro e facer diferentes figuras. Encantounos a experiencia!!

mércores, 19 de febreiro de 2025

Concerto "YAU, LLUVIA DE EMOCIONES".

O luns 17 de febreiro asisitimos a un emocionante concerto no Palacio da Ópera,(YAU. LLUVIA DE EMOCIONES). Despois da función fomos merendar e pasar o que quedaba de xornada a un dos nosos parques favoritos😊 Ollade o ben que o pasamos😁
Asistimos a un musical no Palacio da Ópera de Infantil

xoves, 23 de maio de 2024

Visitamos O Ventoso

O pasado 16 de maio fixemos unha saída a unha granxa no concello da Laracha chamada " O Ventoso". Os monitores e monitoras tiñan programadas un montón de actividades que nos encantaron. Ollade e veredes!!!.
Visitamos O Ventoso de veronica

xoves, 28 de marzo de 2024

VISITAMOS O PORTO DA CORUÑA

Remata o segundo trimestre e neste último día de clase visitamos o "Porto da Coruña". Ollade que ben o pasamos!!!.
Porto Coruña de veronica

mércores, 13 de decembro de 2023

Visitamos o museo de Belas Artes

O pasado 17 de novembro os máis pequenos do colexio visitamos o museo de Belas Artes en Coruña. Ollade que ben o pasamos.

domingo, 4 de xuño de 2023

A NOSA HORTIÑA

Esta semana, as nenas e nenos das tres aulas de Educación Infantil continuamos traballando no noso horto. Para iso, fixemos unha pequena saída a Almacéns Agro, unha tenda situada moi próxima ao noso centro e onde sempre nos atenden xenial 😍 Dende aquí darlles as grazas por permitirnos levar a cabo esta actividade 😀

Unha vez mercamos o que queriamos cultivar e aproveitando que a profe Patri trouxo algunha planta da súa casa, puxémonos mans á obra co traballo na horta. Tivemos que esforzarnos moito pois as herbas medran moi rápido e a terra, co pouco que chove, está moi dura.

Velaquí unha pequena mostra destes días no horto 😄

venres, 17 de febreiro de 2023

O ENTROIDO EN 6.ºEI

A semana do 13 ao 17 deste mes de febreiro, foi de festexo total!! 🎈🎉🎊 No colexio celebramos a III Semana do Corazón e o Entroido.

🎭Seguimos os mandados do Xestal

🎭Celebramos o Entroido disfrazándonos sobre a temática do PDI da biblioteca e do Plan Proxecta. No noso caso, o noso disfrace foi de fresas, conxuntamente cos amiguiños e amiguiñas de 3 e 4 anos 🍓Fixemos un percorrido polas rúas de Carballo, tomamos sobremesas de Entroido aportadas polas familias, chocolatada a cargo da ANPA... Moitas grazas!!

🎭Deseñamos antifaces e capas de Entroido, deixando voar a nosa creatividade e imaxinación, que temos moita!!

SAÍDA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

O pasado 31 de xaneiro, o alumnado de Educación Infantil fomos de excursión ao Museo de Historia Natural situado Santiago de Compostela. Alí vimos un montón de animais e aprendemos moitas cousas que non sabiamos 😃 que divertido!!

Aproveitamos que facía un día sol marabilloso 🌞 para xantar na Alameda, fotografiarnos coas Marías, visitar a Catedral e a Praza do Obradoiro, pasear por algunhas rúas moi coñecidas como a rúa do Franco... en resumo, un gran día cunha gran compañía!! 💖

sábado, 11 de febreiro de 2023

PREPARAMOS UN MENÚ SAUDABLE

O mes de febreiro, comezou fortemente saudable para nós. Dentro do proxecto da biblioteca "Cóidome, cóidote, coidámonos" e en relación co Plan Proxecta "Aliméntate ben" no que participamos, estivemos a preparar un MENÚ SAUDABLE 🍅🍑🍓🍀que foi supervisado por Tania Mesejo.

1.º Fomos á feira, ao mercado de Carballo e a algunhas tendas da localidade para mercar os ingredientes necesarios para a elaboración do menú

2.º Preparamos o menú

🍅Primeiro prato: alumnado de 6.ºEI

🍋Segundo prato: alumnado de 5.ºEI

🍇Sobremesa: alumnado de 4.ºEI

3º Acudimos ao Restaurante Sanluís para xantar

 

luns, 26 de decembro de 2022

VISITAMOS A PANADARÍA PAN IGNACIO

A comezos deste mes de decembro, o alumnado das tres aulas de Educación Infantil realizamos unha saída á Panadaría Pan Ignacio de aquí de Carballo. Que ben o pasamos!! 😍 Amasamos, fixemos pan, pizza... 

Aprendemos como se fai o pan, os ingredientes que se usan, falamos sobre a súa orixe... encantounos a experiencia 😍😃


Moitísimas grazas ao persoal da panadaría por tratarnos tan ben e por ensinarnos con tanto cariño 💖

martes, 15 de novembro de 2022

DE ONDE VÉN O LEITE?

Como sabedes, o mes pasado fomos de visita á Granxa de Eirís situada moi pretiño do noso colexio para comezar a traballar sobre a procedencia dos alimentos. Tiñamos pendente amosarvos un vídeo de como foi a actividade.

Resulta que, o granxeiro Leiro, pediunos axuda para atopar o leite 🍶, pois os seus animais estaban todos alborotados e ningún estaba no seu sitio!! Como somos nenos e nenas moi colaboradores/as, puxémonos mans á obra para dar coas vaquiñas 🐄🐄🐄🐄

martes, 21 de xuño de 2022

SAÍDA Á CASA DE ANXO MOURE

Canto nos divertimos o venres 17!! Sabedes a onde fomos?? Á casa de Anxo Moure a Chantada 😍 como nos gustou!! Mirade un pequeno resumo deste día 😃

luns, 20 de xuño de 2022

PREPARAMOS ENSALADA DE LEITUGA

As nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil traballamos duramente na horta este trimestre: plantamos, regamos, arrincamos herbas, démoslle cariño aos cultivos... e tanto esforzo tivo a súa recompensa. A semana pasada, recollemos 4 leitugas e, dado que non había unha para cada un/unha de nós, decidimos facer unha ensalada.

Queredes ver como a fixemos? Mirade, mirade 👀 pois tamén tivemos que ir ao supermercado para comprar ingredientes 😀

A ensalada non é o prato favorito dalgúns de nós pero o importante é ir probando novos alimentos!! Pouco a pouco, collerémoslle o gusto 😋

mércores, 30 de marzo de 2022

OS NENOS/AS DE 5.ºEI SAÍMOS EN BUSCA DE TOUPEIRAS

Na aula de 5.º de Educación Infantil estamos rematando o noso proxecto sobre os animais da contorna. Dado que estamos tan interesados/as no tema, todo nos recorda aos animais que estamos estudando!! 😀

Contarémosvos que no desfile do Entroido, pasando polo xardín do San Martiño, ao ver as toupeiras berramos: toupas, toupas!!! Non podiamos desaproveitar a ocasión e rematar o proxecto sen achegarnos ata alí para observar as toupeiras, recordar o aprendido e recoller un pouco de terra para complementar o noso estudo 🐀🐭.

Velaquí vos deixamos un resumo da saída😍

venres, 18 de xuño de 2021

SAÍMOS DE EXCURSIÓN AO BOSQUE DO AÑÓN

O pasado luns 14 de xuño, o alumnado de Educación Infantil fomos de excursión ao Bosque do Añón 🌱🌲🌳🌾🌺🌻🌼 de Carballo. Pasámolo moi moi ben e tivemos sorte de que fixo un día fantástico 🌞

Queredes ver algunhas fotiños e vídeos deste día tan especial? 👀 Ollade este vídeo que preparamos con tanto agarimo para ter de recordo desta excursión 😍

venres, 29 de maio de 2020

RETO VENRES 29 DE MAIO DE 2020

Ola peques!! Como ides de enerxía para afrontar o reto deste venres?? Esperamos que aínda vos quede unha pouquiña 😀

En condicións normais, hoxe sería un día moi especial. Agora mesmo estariamos rumbo á Illa de Ons de excursión 😰 pero non imos deixar pasar a ocasión sen vela, aínda que non será o mesmo... Velaquí tedes unhas fotos e un vídeo.




Que paisaxe tan bonita, verdade? É unha mágoa que non poidamos gozar dela todos xuntos 😥 para outra será!

Agora que xa vistes o vídeo, respondede ás seguintes preguntas sobre a Illa de Ons. Se precisades, volvede ver 👀 e escoitar 👂👂 o vídeo.

🌊 Onde se atopa a Illa de Ons?

🌊 É unha illa grande ou pequena?

🌊 Cantas praias hai na illa?

🌊 Para chegar a ela, que medio de transporte teriamos que empregar? Coche, barco...

🌊 Que vos transmiten as fotos? Tranquilidade, agobio, alegría, medo...


---------------------------------------------------


Agora, como é venres, deixámosvos tres contiños para a fin de semana. Agardamos que vos gusten 😀😀

El monstruo de colores


A noite das mudanzas



O ourizo e a lebre



Boa fin de semana 😘😘😘 Vémonos de volta o luns!!

venres, 29 de novembro de 2019

SAÍDA AO AQUARIUM FINISTERRAE

Hoxe os peques do cole fomos de excursión ao Aquarium Finisterrae, que ben o pasamos!!! O que máis nos gustou foi ver a Gastón, é impresionante!!

Esta foi a primeira excursión para os de 3 aniños. Portámonos todos/as super ben jijiji estamos desexando volver.

sábado, 16 de novembro de 2019

TRÁILER SAUDABLE DE GADIS

O 18 de setembro as nenas e nenos de 4 e 5 anos achegámonos ata a praza do concello para visitar o Tráiler Saudable de Gadis. Alí tivemos a oportunidade de escoitar unha pequena charliña sobre hábitos de alimentación saudable, moi importante para medrar sans e fortes!!

Aproveitamos tamén para facer unha paradiña no parque e volvemos ben ledos cos agasalliños que nos deron. Gracias!!


domingo, 10 de novembro de 2019

Uns contos con Fuco

O pasado luns, as nenas e nenos de 4 e 5 anos fomos á Biblioteca Rego da Balsa de Carballo a un contacontos chulísimo do noso amigo Fuco. Fuco é un dos ratiños de Lonxedetodo, da compañía Trinke Trinke que nolo fixo pasar mooooi ben, rir moito e tamén facer algo de ximnasia jiji Alí coincidimos cos compis do CEIP de Nétoma-Razo.