Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto O inverno. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto O inverno. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de xaneiro de 2023

PROPOSTAS DE INVERNO

Estes días, na aula de 6.º de Educación Infantil, estivemos a realizar algunhas propostas de inverno, coas que traballamos o conteo, a relación número-cantidade, convertémonos en artistas e fixemos neve ☃❄
Velaquí unha pequena mostra dalgunhas das actividades 😍 Sen dúbida o que máis nos gustou foi a neve!! Xa que aquí en Carballo non a podemos ver, conservámola na tuff tray para seguir xogando con ela 😀

luns, 1 de febreiro de 2021

COMEZAMOS UNHA NOVA AVENTURA NA AULA DE 3 ANOS

Que día de emocións!! Hoxe, logo de facer a asemblea, descubrimos que tiñamos nunha esquina da aula, ben agochada, unha caixa sorpresa!!! Sen pensalo nin un segundo, lanzámonos para abrila e ver que había dentro.

Non vos podedes imaxinar con que ilusión recibimos esa sorpresa!! Pero... quen nos enviaba todo aquilo?? Se queredes sabelo, ollade o vídeo 👀 Nel tamén atoparedes algunhas imaxes e vídeos do que había dentro da caixa.

E con isto damos comezo a un proxecto sobre o INVERNO.