Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto os tiburóns. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto os tiburóns. Amosar todas as publicacións

mércores, 8 de xaneiro de 2020

LIBRO "OS TIBURÓNS"

Agora que estamos de volta no cole, ímosvos ensinar algo que fixemos logo de estudar moooito moito sobre os tiburóns.



Como vedes é un pequeno libro con cousiñas que estivemos aprendendo. Agora quedará gardado na biblioteca do cole na sección de creacións propias para que todos os nosos compañeiros e compañeiras poidan lelo.

Dende aquí convidamos ás familias a que veñan botarlle unha ollada, así como a facer uso da biblioteca pois tamén ten libros moooi interesantes para vós.

domingo, 15 de decembro de 2019

ROBÓTICA ENTRE TIBURÓNS

Seguimos coa temática dos tiburóns e desta vez fixemos unha actividade de.... ROBÓTICA!! Empregando o Bee Bot da biblioteca traballamos vocabulario, aspectos de lóxica-matemática, lectoescritura e moooito máis!! Foi moi divertido e motivador para nós, así que esperamos repetir pronto.

mércores, 27 de novembro de 2019

BUSCA DE INFORMACIÓN SOBRE OS TIBURÓNS

Logo de escoller o tema sobre o que iamos traballar, as nenas e nenos de 5 anos falamos sobre que sabiamos dos tiburóns e que queriamos saber, moooitas cousas!!! E que podiamos facer para aprender deles??? Pois precisabamos información, imaxes... así que enviamos unha carta ás familias para que aportasen aquilo que tivesen pola casa sobre o tema e construímos un recuncho.


Tamén se nos ocorreu ir á biblioteca, pois está cargadiña de libros, algúns dos cales levamos emprestados para o noso recuncho. Unha vez seleccionamos aqueles que nos podían ser útiles, puxémonos por pequenos grupos para buscar aquelas páxinas onde se facía referencia aos tiburóns; marcámolas cuns marcapáxinas.







Despois coa axuda da profe Mar, por grupos, clasificamos a información.




E agora niso andamos, aprendendo mooooito sobre eles!!! Se vós tamén tedes curiosidade sobre estes animaliños podedes consultar algúns dos libros que manexamos:









Aaah!! Moitas grazas a todas as familias que aportastes material!! Estanos sendo de moita axuda.

mércores, 6 de novembro de 2019

Na aula de 5 anos imos traballar... OS TIBURÓNS!!


Na aula de 5 anos, como xa somos os maiores de educación infantil, temos moitas inquedanzas, polo que comezamos a falar sobre que nos gustaría estudar. Cada neno/a propuxo un tema e, como vivimos nunha democracia, decidimos votar!! 


E que pasou?? Que había dous temas que empataron así que... volvemos votar.



E agora gañou o tema dos TIBURÓNS, polo que traballaremos sobre el a partir de agora. Dende aquí pedirvos a vosa colaboración, pois sodes unha grande fonte de información!! Imos facer un recuncho sobre esta temática e vós podedes aportar algunha noticia, algún conto ou libro informativo que teñades na casa, fotografías e calquera cousa que se vos ocorra e que nos permita aprender moito sobre os tiburóns!! Moooooitas grazas.