Bo xoves!! Estades ben espertos?? Mirade que para esta actividade fai falta eh!! Accedede ao seguinte vídeo e adiviñade que animal falta. Hai un ingrediente fundamental neste xogo: a atención!! 😎
Mañá daremos por rematado este curso e comezarán as vacacións. Durmide ben, pois agárdanvos algunhas sorpresiñas 🎈📷
Hoxe traémosvos un xogo de adiviñar de que animal se trata 🐮🐰🐱🐴🐶🐷🐹 Accedede ao seguinte vídeo e... a pensar!! 💭
Falando de animais... lembrades o vídeo que estabamos preparando en colaboración coa Clínica Veterinaria Gran Vía de aquí de Carballo? Mirade, de momento aínda non o temos listo pois están a ter moito traballo e teñen que buscar un oco para responder ás vosas preguntas. En canto o teñamos xa vos avisamos e publicarémolo aquí 😊
Bo martes peques!! Apetécevos unha idea para xogar con auga? 💦 Seguro que si, así que ímosvos explicar en que consiste este xogo.
Comezade escribindo letras/números/formas xeométricas na parede, no chan ou nun anaco de cartón grande. Pediráselle ao neno/a que localice o que os adultos lle indicades e, cun spray, pulverizará auga sobre a letra/número/forma. Entendido?
Deixámosvos unha imaxe para que vos fagades unha idea.
Benvidos/as a todos/as a esta última semana de curso!! Como xa as enerxías van a menos nesta recta final e xa traballastes moito moito durante este confinamento, estes días ímosvos deixar uns xoguiños por se vos apetece pasar un cachiño con eles, vale? Xa é momento de afrouxar, así que non tedes que mandar fotos nin vídeos, só se vos apetece 😊
Ademais, ao longo destes días, se vos apetece, podedes enviar algunha receita que vós fagades, algún vídeo con algunha mensaxe para os compañeiros/as ou o que se vos ocorra e vos apeteza compartir connosco 😊
O xogo de hoxe chámase O LABIRINTO.
Primeiro de todo ímos elaborar o material para telo listo para xogar. Como ides facer? Explicámosvos.
Cortade rolos de papel hixiénico baleiros cun ancho aproximado de 3,50cm. Tedes que facer 10 anacos.
Unha vez tedes listos os 10 anacos, colocádeos e pegádeos dentro dunha caixa de cartón. Asegurádevos de deixar espazo suficiente para moverse o obxecto redondo.
Cando xa estean ben pegados, escribide na parte superior das pezas os números do 1 ao 10.
Metede dentro da caixa un pompón/bola de papel de aluminio ou calquera outro obxecto redondo.
Deixámosvos unha imaxe e un vídeo para que vos fagades unha idea de como é o xogo.
Ai.. chegamos ao final desta semana e só nos queda unha para rematar o curso 😢😢 Que mágoa que teñamos que rematalo así a distancia... pero bueno, o importante é coidarse!! Imos aló cunha proposta da vida cotiá que chamamos a caixa dos obxectos.
Necesitades:
Unha bandexa.
Diferentes obxectos, cada un cunha apertura distinta: un moedeiro, un estoxo ("estuche") con cremalleira, botes de perfume, un tarro (de enroscar, de pechar a presión), un candado, parafusos ("tornillos") e torcas...
Actividade:
Colocade os obxectos que escollestes na bandexa e as tapas por separado. O que tedes que facer é asociar cada tapa co seu bote/tarro, cada chave co seu candado, cada torca co seu parafuso, pechar a cremalleira... Non é complicado, intentadeo que é unha actividade moi interesante para practicar a motricidade fina, o que nos axudará a coller despois o lapis con maior soltura á hora de escribir.
Bo xoves!! Como estades de enerxía? Seguro que aínda vos queda unha poquiña para afrontar estes dous días 💪💪
Hoxe traémosvos tres propostas de psicomotricidade así que en 3... 2... 1... Arrincamos!! 🚀
Movemento do corpo coa canción "Chuchuwa"
Imos mover un pouco o corpo ao ritmo desta canción. Estade ben atentos/as e facede o que van dicindo.
Lanzamento de bólas
Precisades un caldeiro/recipiente e tamén unhas pelotas. Se non tedes moitas podedes improvisar unhas facendo bólas de papel de xornal/revista.
Que tedes que facer? Encestar as bólas no caldeiro. Progresivamente iredes separándovos cada vez máis del, aumentando así a dificultade.
Imaxe extraída de internet
Motricidade fina con gomas
Imos poñer en marcha unha actividade proposta dende o blog Zoqueando á par do Departamento de Orientación (https://zoqueandoapar.blogspot.com/search/label/Motricidade%20fina). Tedes que coller un rollo de papel hixiénico e poñer nel diferentes gomas do pelo. Velaquí tedes unha imaxe de exemplo:
Bo mércores peques!! Xa chegamos á metade da semana e hoxe traémosvos un reto moi artístico. Para realizalo tedes que ter á man un dado. Se non o tedes podedes facelo cunha plantilla coma esta:
Agora que xa estades preparados/as, collede tamén un folio e un lápis/cera/rotulador.
Que tedes que facer? Lanzade o dado e mirade que número vos tocou. Segundo iso, teredes que debuxar o corpo tal e como aparece na seguinte imaxe. Facede o mesmo cos ollos, a boca e as orellas.
Seguro que conseguides uns monstros super terroríficos 👻 Que ganas de velos!!! 😍
Bo día peques do San Luís!! Hoxe estamos aquí cun novo reto. Estades preparados/as? Se a resposta é si, despegamos!! 🚀 Hoxe a cousa vai de lectoescritura. Imos comezar coa canción do abecedario.
Agora explicámosvos as tarefas de hoxe 😊
TAREFAS PARA AS NENAS E NENOS DE 3 ANOS
Imos construír vogais. O primeiro que imos facer é escribir en anacos de folio/cartón/cartolina as vogais (A, E, I, O, U). Unha vez estean listas meterémolas nunha caixa/bote/bolsa.
As nenas e nenos irán metendo a man na bolsa/caixa/bote e sacarán unha vogal ao azar. Unha vez recoñecen que vogal é, deben reproducila con elementos que temos pola casa: palillos, cores, pasta, follas, flores...
Repetiredes isto con todas as vogais 😊
TAREFAS PARA AS NENAS E NENOS DE 4 E 5 ANOS
Imos construír vogais. O primeiro que imos facer é escribir en anacos de folio/cartón/cartolina as vogais (A, E, I, O, U). Unha vez estean listas meterémolas nunha caixa/bote/bolsa.
As nenas e nenos irán metendo a man na bolsa/caixa/bote e sacarán unha vogal ao azar. Unha vez recoñecen que vogal é, deben reproducila con elementos que temos pola casa: palillos, cores, pasta, follas, flores...
Repetiredes isto con todas as vogais 😊
Agora escribide unha palabra que comece por cada unha das vogais. Probade a facelo vós sós sen que as vosas familias vos digan que letra vai en cada momento, vale? Se vedes que é algo difícil, dicídelle a quen estea con vós que vos vaia pronunciando cada letra e vós intentaredes adiviñala polo son.
Agora deixámosvos unha ficha interactiva para probar. Primeiro, premede na imaxe para acceder a ela. Comezaredes por pinchar en "leer" para que a vosa familia vos lea o conto ou en "ver en YouTube" para escoitalo en vídeo. Logo facede, no móbil/tablet/ordenador, as tres actividades de comprensión. Son faciliñas 😀 Cando rematedes podedes darlle a "¡Terminado!" e "Comprobar mis respuestas", así sinalaravos en verde o que está ben e en vermello o que está mal.
Bo comezo de semana peques!! Que tal estades? Descansastes moito estes dous días? Seguro que si, así que imos comezar a traballar un pouquiño, vale? 😊
Hoxe o reto é moi matemático, así que imos comezar cunha canción sobre os números.
E agora a traballar 💪💪 Velaquí tedes as tarefas de hoxe, diferentes para 3 aniños, 4 e 5.
TAREFAS PARA OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS. A vosa tarefa é a seguinte:
Collede 5 tapóns e numerádeos do 1 ao 5 (se non tedes tantos tapóns podedes facer o mesmo con anaquiños de folio). Xogade a colocalos en orde numérica.
Agora podedes escribir estes números nun folio.
TAREFAS PARA OS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS. No voso caso, tedes dúas tarefas.
A RECTA NUMÉRICA
Tedes que coller 9 tapóns e numeralos do 1 ao 9 (se non tedes tantos tapóns podedes facer o mesmo con anaquiños de folio). Con eles ides facer dúas cousiñas:
Primeiro colocarédelos en orde numérica.
Despois, alguén da familia quitará dúas tapas e vós tedes que adiviñar que números faltan. Repetide isto varias veces con números distintos.
DOMINÓ
Se tedes un dominó na casa, collede algunhas pezas que imos facer pequenas sumas. Se non tedes dominó non vos preocupedes, podedes facer algunhas fichas en cartón ou folio pois soamente as usaremos para que os nenos e nenas vexan representadas as cantidades que teñen que sumar. Facede varias sumas con diferentes números.
Feliz venres a todos e a todas!! Sabedes que se celebra hoxe? O Día Mundial do Medio Ambiente 🌱🌲🌳🌴🌵🌷🌸🌹🌺🌻🌼🌾🌿. Para comezar deixámosvos unha canción.
Sabedes cal é unha das cousiñas importantes para coidar o medio ambiente? Reciclar. É por isto que hoxe imos facer unha manualidade con material reciclado que todos e todas temos na casa. Deixámosvos algunhas ideas pero podedes facer calquera outra que se vos ocorra.
----------------------------------
Agora deixámosvos uns contiños para a fin de semana. Esta vez, extraídos de internet 😊
El árbol generoso
Capitán verdemán
Nuestro planeta en peligro
Boa fin de semana a todos e a todas 😘😘😘 sede felices e coidade o planeta!! 💗
Un día máis aquí estamos cun novo reto 😊 Que tal estades? Agardamos que ben 💓 Cada vez queda menos para rematar este curso tan atípico así que imos aproveitar estes días que nos quedan.
Primeiro imos facer un xogo de adiviñar e despois un pouquiño de relaxación, vale?
ADIVIÑA, ADIVIÑA
Collede unha caixa de cartón que teñades na casa e facédelle dous buratos para poder introducir as mans. Ao outro lado da caixa teredes un recipiente con distintos obxectos e, sen mirar ⛔👀 e tan só polo sentido do tacto, debedes adiviñar de que obxecto se trata. Entendido?
Deixámosvos unha imaxe para que vos fagades unha idea do explicado.
Imaxe extraída de internet
QUE SE NOS ACABAN AS PILAS!
O obxectivo deste xogo é pasar da tensión e a actividade á relaxación e a tranquilidade. As nenas e nenos deben facer movementos co corpo segundo as indicacións que se lles dan.
Os adultos debedes dicirlle aos nenos/as o seguinte 💬: imos xogar a un xogo, imos ser robots que funcionan con pilas. Primeiro teremos as pilas novas e podemos xogar e correr con rapidez. Teredes que correr libremente dun lado ao outro da casa ou dar voltas o máis rápido que poidades.
Despois diráselle: "xa se gastou unha parte das pilas, así que agora só podedes correr máis lento. A ver como diminuides a velocidade".
Continuaredes dando ordes parecidas a esta ata que diminúan máis a velocidade e, despois dun cachiño, diráselle que as pilas están pola metade e que xa non poden correr e que só poden camiñar.
Despois diráselle: "as pilas estanse acabando e cada vez cústanos máis movernos. Cada vez movémonos máis amodo... máis amodo... máis amodo. Cada paso que damos cústanos moito máis, estamos esgotando toda a enerxía das nosas pilas e imos quedar deitados no chan un anaco".
Agora que xa estades ben relaxadiños, podedes levantarvos. Xa rematou o reto de hoxe pero non esquezades axudar á vosa familia coas cousiñas da casa que xa sodes maiores!! E xogade, claro!! 😀😀
Ola a todos e a todas!! Grandes, pequenos, adultos e nenos!! Aquí estamos un día máis con outro reto 😊 Lembrades os contos do venres? Un deles chamábase A noite das mudanzas. Velaquí o deixamos para que o escoitedes de novo pois ides ter que responder a unhas preguntiñas:
As preguntas son as que veñen a continuación. As nenas e nenos de 3 anos, responderán de xeito oral e, as nenas e nenos de 4 e 5 anos, escribirán as respostas.
❓ No título do conto dise que é a noite das _______________________
❓ Que animais aparecen no conto? Escribide o seu nome e contádeos. Non esquezades escribir tamén o número.
❓ Onde estaba o porco?
❓ Quen estaba na porqueira?
❓ Quen estaba no galiñeiro?
❓ Quen estaba no curro?
❓ Cantas ovellas había?
Agora que xa rematastes, deixámosvos un cadro de Álex Colville titulado "Stop for cows". Intentade debuxar unha escena similar onde se vexan unhas vacas e unha nena ou un neno. Animádesvos? 💪
Bo martes peques!! Hoxe é día número dous e, casualmente, tamén o segundo día da semana. Que vos parece se comezamos coa canción dos números? A cantar, que a sabedes!! 😀
Agora imos traballar un pouquiño, imos facer un xogo de emparexar palabras iguais co que traballaremos a discriminación visual. O primeiro que imos facer é preparar dúas tarxetas de cada palabra. Unha vez estean listas, presentránselle ao neno/a todas as tarxetas mesturadas e pediráselle que atope as que son iguais, formando así parellas de palabras. Entendido?
Os nenos e nenas de 3 anos farán as parellas cos nomes da clase en maiúscula: HUGO, CARLOS, KAYLA, ERIK, EBER, DYLAN, MATEO, YERAIK, OMAR, CORAIMA, JULIA, SEYNABOU, YRINA, FAUSTINO, NAGORE, ÓSCAR.
Os nenos e nenas de 4 anos farán as parellas con palabras sinxelas en maiúscula: MAMÁ, PAPÁ, CAN, SOPA...
Os nenos e nenas de 5 anos farán as parellas con palabras sinxelas en minúscula: mamá, papá, mono, can, sopa...
Bo comezo de semana peques!! Hoxe é o primeiro día do mes de xuño 🌞 e xuño é o mes número 6. Lembrades cales son os doce meses do ano? Ímosvos deixar unha canción de Magín Blanco para que fagades un repasiño.
E agora, se estades listos, comezamos co reto de hoxe 🚀 Imos traballar a medida, animádesvos? Primeiro imos ver un vídeo onde se explica como podemos usar o noso corpo para medir.
Agora, coa axuda da familia, imos medir:
MEDIMOS CO PALMO
Pídelle a alguén da túa familia que se deite no chan. Emprega o palmo para medir e apunta o número nun papel. Se o prefires, mide unha mesa.
MEDIMOS CO PÉ
Escolle un lugar da casa (habitación, cociña, salón...) e mídeo co pe. Apunta o número nun papel.
MEDIMOS CO PASO
Vai ao corredor ("pasillo") da túa casa e mídeo co paso. Apunta o número nun papel.
Repetide estas tres medicións co palmo, o pe e o paso dun adulto e apuntádeo. Veredes que non é a mesma medida!!
Como acabades de comprobar, medir co noso corpo non é exacto, pois varia en función do noso tamaño. Pero si que existen obxectos para medir que son exactos e universais 🙊 Buscádeos pola casa. Poden ser regras, metros, cintas métricas... Agora probade a medir, por exemplo, unha mesa con cada un deles, veredes que sempre sae o mesmo número 😀
Ola peques!! Como ides de enerxía para afrontar o reto deste venres?? Esperamos que aínda vos quede unha pouquiña 😀
En condicións normais, hoxe sería un día moi especial. Agora mesmo estariamos rumbo á Illa de Ons de excursión 😰 pero non imos deixar pasar a ocasión sen vela, aínda que non será o mesmo... Velaquí tedes unhas fotos e un vídeo.
Que paisaxe tan bonita, verdade? É unha mágoa que non poidamos gozar dela todos xuntos 😥 para outra será!
Agora que xa vistes o vídeo, respondede ás seguintes preguntas sobre a Illa de Ons. Se precisades, volvede ver 👀 e escoitar 👂👂 o vídeo.
🌊 Onde se atopa a Illa de Ons?
🌊 É unha illa grande ou pequena?
🌊 Cantas praias hai na illa?
🌊 Para chegar a ela, que medio de transporte teriamos que empregar? Coche, barco...
🌊 Que vos transmiten as fotos? Tranquilidade, agobio, alegría, medo...
Bo xoves!! Xa estamos a piques de rematar a semana 🙊 Hoxe é día de practicar un pouco de motricidade, tanto a fina como a grosa. Vale? Imos aló cos exercicios 💁
FACEMOS UN CANCIÑO OU PORQUIÑO DE ORIGAMI🐶🐷
Deixámosvos uns vídeos onde se explica, paso a paso, como facer un canciño e un porquiño. Só precisades un anaco de papel e un rotulador. Animádesvos? 😀 Podedes facer os dous ou o que máis vos guste.
Quen se atreve a inventarlle un nome aos seus animaliños??
CIRCUÍTO PSICOMOTOR💪💪
Agora deixámosvos un circuíto para facer con cousiñas que tedes na casa. Con el practicaredes salto de obstáculos, salto cos pes xuntos, superar obstáculos marcha atrás, arrastrarse...
Veña que hoxe toca mover o esqueleto!! Estamos seguras de que vos gustará 😊 Biquiños e moito ánimo 😘😘😘
Bo mércores a todos e a todas!! Que tal estades? Como xa rematamos co material das Letras Galegas, imos retomar o tema dos animais. Apetécevos? 🐂🐄🐇🐎🐑🐓
Lembrades o vídeo de como se esquilan as ovellas?? Por se non o vistes o luns, deixámosvolo de novo, vale?
Agora que xa o vistes, imos ordenar o proceso de esquilar as ovellas. As fotos que vos amosamos a continuación están desordenadas!! Seredes quen de dicir en que orde ocorren?
Os nenos e nenas de 3 anos podedes gravar un vídeo dicindo cal é a súa orde.
Os nenos de 4 e 5 anos, podedes escribir, en orde, unha frase correspondente a cada imaxe, explicando o motivo polo que pensades que temporalmente ocorren así.
Velaquí tedes un cadro de Álex Colville onde aparecen unhas ovellas. Imos poñer en marcha o noso enxeño matemático. Observádeo con detemento e respondede ás preguntas que aparecen abaixo:
🐑 Cantas ovellas aparecen?
🐑 Cantas orellas ten cada ovella?
🐑 Se cada ovella ten dúas orellas e hai 3 ovellas, cantas orellas hai en total?
🐑 Cantas patas ten cada ovella?
🐑 Se cada ovella ten 4 patas e hai 3 ovellas, cantas patas teñen en total?
🐑 Conta os rabos das 3 ovellas. Cantos hai en total?
Agora para rematar, ides debuxar dúas ovellas. Sabedes como o ides facer?? De dúas formas distintas: unha das ovellas ides facela co lapis na boca e outra co lapis no pe. Animádesvos??
Seguro que quedan unhas ovellas moi graciosas 😂😂 Animádevos e mandádenos fotos 📷📷
Bo día!! Hoxe é martes, o segundo día da semana. Lembrades que día vén antes do martes? Sii!! O luns. E despois?? O mércores.
Hoxe chegamos á fin dos carteis das Letras Galegas. É a quenda do cartel 10.
Fixástesvos que a Ricardo Carvalho Calero lle deron unha medalla? Chamábase Medalla Castelao e, se observastes o cartel, na súa plástica veredes que a ten colgada do pescozo. Velaquí a tedes máis de preto.
Agora vén a primeira das tarefas de hoxe.
Para as nenas e nenos de 3 anos
Dicídelle oralmente á vosa familia por que vos gustaría gañar unha medalla. Gravade un vídeo para compartir connosco 📷
Debuxade nun papel como vos gustaría que fose. Pensade na forma, o debuxo que vos gustaría que tivese...
Para as nenas e nenos de 4 e 5 anos
Escribide nun folio por que vos gustaría gañar unha medalla. Abonda cunha frase sinxela 📄
Debuxade como vos gustaría que fose esa medalla. Pensade na forma, no debuxo que vos gustaría que tivese...
Agora unha última proposta para todos os nenos e nenas de Educación Infantil. Como sabedes, don Ricardo estaba moi relacionado con Santiago de Compostela, así que imos deixarvos a receita da tarta de améndoa, tamén coñecida como tarta de Santiago. Animádesvos a facela?? 🍰 Non esquezades sacar fotos ou facer vídeos para enviarnos 📷📷 encántanos vervos de reposteiros/as 😍😍 Non tedes por que facela hoxe, pode ser a fin de semana ou outro día pero, se vos animades, enviádenos algunha fotiño para darnos envexa 🙊
Antes de rematar, deixámosvos esta ligazón ao blog da biblioteca: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/05/letras-galegas-2020-parte-ix.html. Nel podedes ver fotos dos traballiños que fixeron os nosos peques sobre Ricardo Carvalho Calero e que Fidalgo, a mascota da biblioteca, seleccionou para amosar aos demais compañeiros e compañeiras do cole 😀
Bo luns!! Comeza unha nova semana 😀 Xa sabemos que con este soliño apetece estar fóra xogando pero... antes hai que traballar un chisquiño 💪💪 Non vos preocupedes, que non é moito 🙊
Imos co cartel 9 que fala sobre a obra de Ricardo Carvalho Calero.
Agora imos facer unhas actividades propostas polo Seminario Galán.
BUSCA AS 6 DIFERENZAS ENTRE ESTES DOUS DEBUXOS
Facédeo de forma oral e gravade un vídeo indicando cales son.
AS PARTES DO CORPO DUNHA PITA
Seguro que tedes ben gardadiña a pita que fixestes a semana pasada. Collédea que lle imos poñer nome ás súas partes do corpo.
PETEIROCRISTAPLUMAXEÁS
Para os que tedes a pita debuxada, escribídelle estes nomes no lugar correspondente. Para os que a tedes en tres dimensións podedes facer unhas pequenas etiquetas coas palabras e pegarllas no lugar correspondente.
Nenas e nenos de 5 anos: Lembrades que fai uns días fixerades un taboleiro para asociar as letras maiúsculas coas minúsculas? Collédeo que o imos usar 😊 Ides formar coas letras minúsculas estas palabras: crista - plumaxe - ás.
CONTEO
Tedes que estar ben atentos para contar o número de vermes que hai de cada tipo. Non é necesario imprimir, simplemente escribide os números. Vale?
----------------------------------
Estes días fixemos un parón no tema dos animais para deixarlle a Ricardo Carvalho Calero o protagonismo que se merece. Pouco a pouco imos volver retomar esa temática 🐂🐄🐇🐈🐎🐏🐑🐓🐕🐖 xa que estamos a piques de rematar a viaxe polos dez carteis.
Hoxe antes de rematar queremos deixarvos este vídeo. Nel podedes ver como se esquilan as ovellas na casa da profe Vero 🐏🐑
Bo luns peques!! Estamos en contacto 😊 Xa sabedes que, se tedes algunha dúbida, só tedes que escribirnos 😊