Amosando publicacións coa etiqueta Horta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Horta. Amosar todas as publicacións

mércores, 12 de xuño de 2024

Plantando a nosa horta

Despois de sacar as malas herbas da nosa horta tocou a parte máis diverida. Plantar!!!! Adiviñades o que?.... Xudías, patacas, allo porro, tomates e amorodos. Agora a confiar en que medre. Cos nosos coidados seguro que pronto levaremos os produtos da horta á mesa, xa se nos fai a boca auga!!!!
plantamos a horta de Infantil

venres, 31 de maio de 2024

domingo, 4 de xuño de 2023

A NOSA HORTIÑA

Esta semana, as nenas e nenos das tres aulas de Educación Infantil continuamos traballando no noso horto. Para iso, fixemos unha pequena saída a Almacéns Agro, unha tenda situada moi próxima ao noso centro e onde sempre nos atenden xenial 😍 Dende aquí darlles as grazas por permitirnos levar a cabo esta actividade 😀

Unha vez mercamos o que queriamos cultivar e aproveitando que a profe Patri trouxo algunha planta da súa casa, puxémonos mans á obra co traballo na horta. Tivemos que esforzarnos moito pois as herbas medran moi rápido e a terra, co pouco que chove, está moi dura.

Velaquí unha pequena mostra destes días no horto 😄

martes, 2 de maio de 2023

COMEZAMOS CO CULTIVO DA HORTA

As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil retomamos a semana pasada o traballo na horta. Tivemos que esforzarnos moito, pois tiñamos abandonada esta tarefa dende o curso pasado e máis que unha horta parecía unha selva!! 🌱🌱🌱🌱 Canta herba!!

🌿Arrincamos herbas

🌱Movemos a terra

🌳Cultivamos patacas e cebolas

Proximamente máis!! Seguiremos cultivando máis produtos  😍

mércores, 26 de abril de 2023

Poñendo a punto a horta

Aproveitando o tempo solleiro os nen@s de 3 anos decidimos preparar a nosa hortiña para poder comenzar a plantar. Ollade o que traballamos!!!

luns, 20 de xuño de 2022

PREPARAMOS ENSALADA DE LEITUGA

As nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil traballamos duramente na horta este trimestre: plantamos, regamos, arrincamos herbas, démoslle cariño aos cultivos... e tanto esforzo tivo a súa recompensa. A semana pasada, recollemos 4 leitugas e, dado que non había unha para cada un/unha de nós, decidimos facer unha ensalada.

Queredes ver como a fixemos? Mirade, mirade 👀 pois tamén tivemos que ir ao supermercado para comprar ingredientes 😀

A ensalada non é o prato favorito dalgúns de nós pero o importante é ir probando novos alimentos!! Pouco a pouco, collerémoslle o gusto 😋

martes, 31 de maio de 2022

Traballando na nosa horta.

Nestes días voltamos á nosa horta a facer os traballos de mantemento. A plantaciónn medra e a nosa rede xunto co amigo espantallo están a facer ben a súa labor, ningún intruso se atreviu a petiscar as nosas plantas. Aínda que algún caracol intenta gabear pola bancada de momento non logrou chegar a comer leituga algunha. Tamén nos percatamos que as malas herbas medran máis rápido do que nós quixeramos. Canto traballo nos deu arrincar e poñer un pouco decente a plantación!!!; pero xa estivemos maquinado que na seguinta tempada poñer un plástico non estaria nada mal, evitaría que medraran as malas herbas e mesmo se algún caracol lograra chegar ás leitugas si tuveramos plástico resbalaria e non o conseguiria, Qué profesionais estamos feitos, cada día aprendemos un pouco máis no tema da horticultura. Cómo nos gusta!!!!

martes, 17 de maio de 2022

Plantando a horta

Ben equipados voltamos á horta, pás na man e a plantar allo porro, leitugas, amorodos e cenorias. Agardamos ver pronto os resultados e poder degustar estes produtos.

domingo, 8 de maio de 2022

HORTIÑA PLANTADA en 5.ºEI

Que sorte estamos tendo con este soliño 🌞 permítenos xogar no areeiro, arrolarnos na herba e incluso plantar a horta!! 🌱🍅🍓🍃 Despois de días de duro traballo, por fin rematamos. Agora só queda darlle cariño aos cultivos, regalos e agardar que medren e dean os seus froitos 😍😃

xoves, 5 de maio de 2022

Preparando a horta para plantar

Nesta semana voltamos á horta, despois de apañar as cenorias aínda non pasaramos por alí. Menuda selva había. Canto traballamos, sudamos a gota gorda. Pero....o esforzo mereciu a pena, mirade que terriña máis preparada nos quedou para que na vindeira semana poidamos xa plantar.

domingo, 1 de maio de 2022

LECTOESCRITURA E LOXICA-MATEMÁTICA DA HORTA

Na aula de 5.º de Educación Infantil, imos traballar moito este trimestre sobre a temática da horta 🍅🌿🌱. Nesta publicación ímosvos amosar algunhas das cousiñas que estivemos a facer estes días.

XOGOS DE LECTOESCRITURA E LÓXICA-MATEMÁTICA, cos que traballamos:

  • Conteo e identificación de números.
  • Asociación de números coas tarxetas dos dedos das mans.
  • Sumas sinxelas.
  • Escritura de números.
  • Axudándonos das tarxetas de tres partes elaboradas para a ocasión, asoociamos as imaxes coas palabras correspondentes.
  • Identificamos as palabras referidas a cada imaxe, as súas letras e escribímolas con letras de madeira.

Acudimos á biblioteca en busca de CONTOS E LIBROS SOBRE A TEMÁTICA.


Aproveitando a mesa de luz, ESCRIBIMOS O NOME DALGÚNS CULTIVOS que imos plantar.

xoves, 7 de abril de 2022

EN 5.º EI RETOMAMOS O HORTO

Esta semana, as nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil, aproveitamos uns raíños de sol 🔆para volver ao horto. Bueno... en realidade, deixara de ser un horto para ser unha selva!! Cantas herbas!!! 🌱🌱🌾🌾🌿🌿 

Comezamos a preparalo para poder plantar á volta das vacacións de Semana Santa. Velaquí o que fixemos 😊

Quitamos herbas🌿🌿


Separamos pedras, lixo, cultivos que quedaron do ano pasado e caracois🐌🐌 Contamos o número de cenorias e patacas recollidas e fixemos o reparto para poder levar unha pequena mostra para as nosas casas.


Preparamos unha listaxe para que a profe vaia mercar os cultivos para plantar á volta das vacacións



Ata aquí 2 horas de duro traballo e moita terra na roupa e nos calcetíns 💪 Á volta das vacacións máis!! 🌱🌿

martes, 29 de marzo de 2022

Cenoiras da nosa hortiña.

Coa chegada da primavera e do bo tempo queremos retomar a nosa labor no horto que o tiñamos un pouco abandonado despois dun longo inverno. Preséntasenos unha dura labor para poñelo a punto xa que hai moita herba mala, pero nada imposible para nós, estamos desexando poñernos a elo, darlle o sacho e volver a plantar. Eso sí, a primeira tarefa antes de nada foi apañar as cenoiras que plantaramos o curso pasado. Non nos foi tan mal, velaquí os resultado. Ollade que cenoiras máis fermosas e tamén algunha que outra cebola e pataca. Aínda nos deron para un pequeno petisco.

domingo, 13 de xuño de 2021

HAI NOVIDADES NA AULA DE 3 ANOS

Ola a todos e a todas!! Estes días estamos moi ocupados preparando o final de curso por iso non pasamos moito por aquí 🙊. Estamos mans á obra ultimando as portadas dos traballiños, a decoración das bolsas e algunha que outra sorpresiña. Aínda así, sacamos un oquiño para amosarvos algunhas novidades destes días.

Non sei se vos contaramos que, ao final, conseguimos que 4 vermes fixeran a súa crisálida 🐛🐛🐛🐛 Tres deles seguen alí dentro coa súa transformación pero outro xa nos dou unha grata sorpresa fai uns días 😀 Converteuse en bolboreta!! Mirade mirade 😍





Ademais, aproveitamos estes días tan solleiros 🌞 para facer actividades ao aire libre. Descubrimos que dentro do recinto do cole temos unha moreira 🍃🍃


E mentres investigabamos sobre ela, atopamos uns caracois 🐌🐌 e non podiamos volver á aula sen buscarlle un bo lugar para vivir.



Ademais, seguimos visitando e coidando a nosa horta que xa empeza a dar os seus froitos. Xa temos amorodos!! 🍓🍓🍓🍓

1.º Recollémolos


2.º Contamos cantos tiñamos e pensamos 💭 "Hai amorodos para todos/as?"


3.º Repartimos para comprobar se cada un/unha de nós podería levar un para a casa. Descubrimos que podiamos comer un amorodo cada un e, aínda así, sobraban 2.



4.º Como xa se nos botaba encima a hora de marchar, fixemos rapidamente uns paquetiños para que cada un/unha levase un amorodo para a casa. Ao día seguinte descubrimos que varios nenos/as probaran este froito que medrou con todo o noso cariño e que estaba boísimo!! 😍


Seguiremos agardando a ver se, antes das vacacións, podemos recoller algún froitiño máis para comer 😀😊

sábado, 22 de maio de 2021

A QUE ANDAN ESTES DÍAS AS NENAS E NENOS DE 3 ANOS?

Bo día familias!! Queredes saber a que andamos estes días as nenas e nenos de 3 aniños? Pois ben, ímosvos contar.

Este xoves, aproveitando que estaba un día tan bo 🌞 fomos á horta para quitar herbas malas, revisar como estaban os nosos cultivos e plantar algún novo. Neste caso cultivamos máis amorodos, cabazas de Samaín, cabazas cacahuete e unha planta de caléndula para intentar que os bichiños non coman os nosos cultivos.

Ademais, observamos en que estado estaba a nosa horta 👀

  • Os amorodos xa se deixan ver, agora teñen que medrar e madurar e seguro que moi pronto poderemos botarlle o dente 🍓🍓 
  • Das cenorias non hai nin rastro, aínda non se deixan ver 🙈
  • Das 11 leitugas que plantamos soamente quedan 3 😢😢 semella que aos paxariños e caracois lles encantan!! Ademais, tamén comeron as folliñas dun dos nosos pementos.
  • Polo demais, todo medra con normalidade, só nos queda ter paciencia!!


Queremos contarvos tamén que os nosos vermes de seda téñennos moi intrigados 🐛🐛 Temos dúas crisálidas que xa levan un tempo formadas e, do xoves para o venres, vimos como un vermiño xa ben gordecho e grande comezaba a facer a súa, así que en total temos 3. Cando se deixarán ver as bolboretas? Estamos ansiosos/as!!!


Ademais, aconteceunos algo moi curioso!! Cando o encargado/a do día se dispoñía a darlle de comer aos vermes logo da asemblea, descubrimos que un saíra da caixa!! Estaba pousadiño na mesa do recuncho da eiruguiña. Como saíra da caixa? Non sabiamos ben, só nos quedaba axudarlle a volver a ela para que seguise comendo as súas follas de moreira.


Finalmente, contarvos que estes días incorporamos nun dos recunchos uns materiais que nos gustaron moito: pequenas pedras e cunchas de diferentes tamaños para facer moooooitas creacións e xogos 😍




Ata a próxima!! 😘

mércores, 19 de maio de 2021

DE NOVO NO HORTO!!!

Hoxe como saiu o sol, os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil, fomos ata o noso horto ver como estaba a colleita, en xeral, estaba todo en bo estado agás as leitugas que apareceron algo comestas, non sabemos se por paxaros ou por caracois, teremos que buscar unha solución para que poidan medrar tranquilas😕 Os pementos, os alloporros, os amorodos e a menta seguen medrando con normalidade.

O primeiro que fixemos ao chegar foi arrincar as herbas malas, que xa había unhas cantas!!! Despois quixemos aumentar a plantación e cultivamos cabaciñas, cabazas para o Samaín e cabazas cacahuete. Unha vez que plantamos todo con moito esforzo e agarimo regamos a colleita para que medren moito. Velaí vos vai unha pequena mostra do que fixemos.... ata outra!!🌷🌾🌿🌼🍅🍃


xoves, 6 de maio de 2021

SEGUIMOS TRABALLANDO NO HORTO

Estes días, os/as peques do cole seguimos traballando sobre cuestións referidas ao horto. Aproveitamos para escribir, contar, experimentar, investigar... 😀 Cada vez sabemos máis cousas!!!

Contarémosvos que estamos un pouco tristes 😭😰Polo cole hai uns paxariños aos que lles resultaron moi apetecibles as nosas leitugas e... coméronas case todas!! 


Hoxe descubrimos para que servía o hotel de insectos que tiñamos nun recuncho da aula dende fai unhas semanas.

Agora, coa axuda de Alberto, colocarémolo preto do noso bancal da horta 🐜🐝🐞

martes, 4 de maio de 2021

PLANTAMOS A HORTA

A semana pasada, as nenas e nenos de 3 aniños, plantamos a horta 🍅🍓🌱 Puxemos mandilóns, botas ou zapatos vellos e collemos os apeiros: pas, rastrillos, caldeiros, regadeiras, as plantas para cultivar...

Que ben o pasamos!! Queredes ver como disfrutamos e aprendemos? Mirade, mirade 👀

Agora temos que ter paciencia, dedicarlle tempo e cariño aos nosos cultivos para que medren!! Estamos agardando ver os primeiros froitos 😀 Xa vos iremos ensinando.