mércores, 28 de decembro de 2022

luns, 26 de decembro de 2022

DÍAS DE NADAL EN 5º DE EI

Nestes días previos ao Nadal os nenos e nenas de 5º de EI estivemos moi atarefad@s facendo adornos e traballiños propios destas datas. Intentamos que os adornos se puideran facer, na súa maioría, con materiais de refugallo ou con cousiñas que xa tiñamos polo cole.
 
 Este ano a nosa árbore de Nadal 🎄 agocha unha historia de esperanza: a profe Patri descubriu que alguén lle cortara os carballos que plantara había uns anos, despois de escoitar a historia puxémonos tod@s moi tristes, porque as árbores son moi necesarias para a vida e nas súas pólas habitan moitos animaliños, entre eles os paxaros que tanto nos gustan. Foi por este motivo que a profe trouxo un deses carballos para o cole como símbolo do que non se debe facer, para lembrarnos que temos que coidar o medio ambiente. Na clase démoslle unha "segunda vida" a un deses carballos xa que o aproveitamos para que lucise na clase como árbore de Nadal.
 
 Ademais enviámoslle, ao noso amiguiño Uriel, unha felicitación de parte de tod@s xa que non vai estar con nós ata mediados de Xaneiro. 
 
Neste vídeo podedes ver un pequeno resumo dos momentos que compartimos xunt@s:

 

VISITAMOS A PANADARÍA PAN IGNACIO

A comezos deste mes de decembro, o alumnado das tres aulas de Educación Infantil realizamos unha saída á Panadaría Pan Ignacio de aquí de Carballo. Que ben o pasamos!! 😍 Amasamos, fixemos pan, pizza... 

Aprendemos como se fai o pan, os ingredientes que se usan, falamos sobre a súa orixe... encantounos a experiencia 😍😃


Moitísimas grazas ao persoal da panadaría por tratarnos tan ben e por ensinarnos con tanto cariño 💖

domingo, 25 de decembro de 2022

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO EN 5º DE EI!!!

No mes de  Decembro, dous dos nosos amiguiños estiveron de aniversario!!! Uriel, o día 8 e Djibryl o 16. Agora xa teñen 4 anos!!! E para celebralo gozamos de dúas festas, velaí tedes unha pequena mostra do que aconteceu:

 

 

venres, 23 de decembro de 2022

CHEGOU O NADAL A 6.º EI

Fai unhas semaniñas que o Nadal chegou á aula de 6.º de Educación Infantil. Deixámosvos un vídeo para que vexades algunhas das cousiñas que fixemos 🎄🎅

Agardamos que pasedes unhas boas festas e que teñades un feliz 2023 ⭐🌟 Vémonos o 9 de xaneiro no colexio 😊

FESTIVAL DE NADAL

Onte rematou este trimestre e aproveitamos para facer un gran festexo de Nadal 🎄🎅🎈 Deixámosvos a nosa aportación a un festival mooooooooi divertido😍 Bailamos e cantamos a canción "Chegou o Nadal".

ATA PRONTO PROFE VALERIA

Rematou o trimestre e con el temos que dicirlle ata pronto á profe Valeria. Onte foi un día moi emotivo, pois dende setembro que comezou as súas prácticas con nós, compartimos moitos momentos xuntos. Agora toca deixar o noso colexio e volver á Universidade.

Aprendemos moito xuntos e formamos un gran equipo. Se é que SOMOS ESPACIAIS!! Grazas por deixar a túa pegada en nós 💗

Isto non é un adeus, senón un ata pronto. Estamos seguros/as de que volveremos coincidir 💕

Querémoste moito 💗

mércores, 21 de decembro de 2022

PARABÉNS OTTO

Hoxe, na aula de 6.º de Educación Infantil, celebramos o último aniversario do trimestre. Agora Otto xa ten 5 aniños. Parabéns amiguiño!! 💜E grazas por compartir con nós unha merendola tan rica 😀😍

Querémoste 💚

REMATAMOS O PROXECTO SOBRE O UNIVERSO

Chegados a estas datas, na aula de 6.º de Educación Infantil rematamos o noso proxecto sobre o universo que titulamos "Somos espaciais". E non puidemos facelo doutra forma que cun último reto: facer COHETES SAUDABLES.

Que delicia!! 😋😀

domingo, 18 de decembro de 2022

MISIÓN 8: SATURNO E URANO

Esta semana, as nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil tamén tivemos que resolver a misión 8. Con ela coñecemos a Saturno e a Urano.

⛄Saturno ten un anel de xeo.

⛄Urano é o planeta máis frío do Sistema Solar.

De xeo e frío tratou esta misión tan divertida!! Mirade este vídeo 😍

sábado, 17 de decembro de 2022

MISIÓN 7: VENUS

Fidalgo estanos a poñer moitos retos na aula de 6.º de Educación Infantil. Fai uns días apareceu na aula un novo vídeo da súa parte onde nos convidaba a investigar e coñecer un novo planeta, Venus!! Puxémonos mans á obra e resolvemos con éxito a misión 7.

ANIVERSARIO MATI

A pasada semana, na aula de 6.º de Educación Infantil tivemos un festexo especial, o aniversario do noso amiguiño Matías. Parabéns Mati!! 💖🍰🎈🎁 E grazas por convidarnos a unhas galletas de Nadal tan saborosas 😍😀

Querémoste moito 💛💜

mércores, 14 de decembro de 2022

Arrecende a Nadal!!

Na aula de 3 anos xa arrecende a Nadal!!!! Mirade que renos máis simpáticos fixemos para decorar as ventanas da nosa aula. Bo NADALLLLL!!.

martes, 13 de decembro de 2022

" A orixe dos alimentos"

Partindo do proxecto anual da biblioteca "Coidome, cóidate, coidámoste", os nenos de 4º de Infantil aproveitamos para traballar e aprender moitas cousas dos alimentos, de dónde proceden, cales son saudables ..... Ata fixemos un diciionario saudable o que nos permite diferenciar alimentos de procedencia animal e alimentos de procedencia vexetal grazas a uns códigos de color que nós mesmos temos que colocar. E non remata aí a cousa, como nos gusta comer ben fixemos un..... "PESCASANO", ollade o vídeo e adiviñaredes de que estamos a falar. AH....!!! convidámosvos cando queirades a botar unha partidiña.!!

sábado, 10 de decembro de 2022

NON á violencia

Para deixar ben claro que NON aceptamos ningún tipo de violencia, na clase de 5º de EI, estivemos matinando na clase varias maneiras de representar a palabra NON,  cada un/unha aportou a súa idea

LUNA E LORENZO UNHA HISTORIA DE AMOR E RESPECTO

Como na aula de 5º de EI estamos a estudiar as aves chamounos moito a atención a historia de dous cisnes negros que viven no parque do retiro de Madrid, Luna e Lorenzo. 

Luna é unha cisne negro que vivía feliz no parque do retiro coa súa parella, ata que un día un can intenta atacala, a súa entón parella, interpúxose para protexela e resultou ferido de morte, ela perde un ollo no fatal incidente. Un fotógrafo da zona, preocupado pola situación dela porque estaba moi triste, fixo varias campañas nas redes sociais para encontrarlle un novo compañeiro, os cisnes son animais monógamos, é dicir, que viven en parella toda a vida  e "deben coidarse mutuamente".

Entón atoparon un cisne negro chamado Lorenzo, a xente estaba algo preocupada por se non se aceptaban e se enfretaban un ao outro, pero unha vez que llo presentaron uniron os seus pescozos en forma de corazón, proba de que se querían e se respectaban.

Unha bonita historia, cunha gran carga emocional e chea de valores que non esqueceremos por ese motivo quixemos recordar esta historia facendo aos dous cisnes negros en papiroflexia ademais de escribir esta noticia no noso xornal de aula "Look e Verás" .

O ANIVERSARIO DE KEYLA

O día 25 de novembro, coincidindo co Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, tivemos outra ocasión moi especial para celebrar esta data: era o aniversario da nosa amiguiña Keyla!!!! 🍰🍭🎁👑Fixemos unha festa rachada, queredes ver un pequeno resumo do que aconteceu?? Pois no seguinte vídeo podedelo ver 👀

venres, 9 de decembro de 2022

O 25N EN 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, na semana do 21 ao 25 de Novembro, desde a Biblioteca propuxéronse unha serie de retos para sensibilizar á comunidade educativa. No seguinte vídeo podedes ver canto traballamos o alumnado de 4 anos💪

venres, 2 de decembro de 2022

PARABÉNS GAEL

Hoxe, na aula de 6.º de Educación Infantil celebramos o 5.º aniversario do noso amiguiño Gael. Felices 5 aniños!! 💕🎈🎉🎁 

xoves, 1 de decembro de 2022

MISIÓN 6

Fidalgo deixounos onte unha nova misión do noso proxecto, a misión 6!! Desta volta coñecemos a MARTE

E TI? GALEGUIEXPERIMENTAS?

Hai uns días unha mazá xigante irrompeu na nosa clase!!! Unha vez máis ratiño deixounos un cadro de museo e  un experimento que trouxo dun laboratorio para facer con mazás, queredes saber de que ía? Pois aquí vos deixamos unha pequena mostra😋

martes, 29 de novembro de 2022

A orixe do leite

Na clase de 5º de EI estivemos indagando sobre que produtos derivaban do leite,  a partir de recortes dos folletos do super fixemos un pequeno cartel informativo e un xogo con Bee-Bot. Neste vídeo podedes ver unha pequena mostra do que fixemos. Para afianzar coñecementos expuxemos o noso traballo ao alumnado de 6º de EI

domingo, 27 de novembro de 2022

25N EN 6.º EI

O venres día 25 de novembro celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e, ao longo da semana, realizamos diferentes retos propostos dende a biblioteca. Velaquí un pequeno resumo 💜

Nin golpes que doian, nin palabras que firan

ANIVERSARIO PABLO

Este venres, na aula de 6.º de Educación Infantil tivemos un novo festexo!! Pablo estivo de aniversario e convidounos a unha rica merendola 🍰 Parabéns amiguiño 💖💓

MISIÓN 5

Desta volta, na aula de 6.º de Educación Infantil resolvemos a misión 5 do noso proxecto sobre o universo 🌞🌠🌐 Aprendemos que Neptuno é o planeta que está máis lonxe do sol e traballamos conceptos como preto, lonxe, no medio, ao lado de...

sábado, 26 de novembro de 2022

A ORIXE DOS ALIMENTOS EN 6.ºEI

Estes días, na aula de 6.º de Educación Infantil estivemos a traballar sobre a orixe dos alimentos. Comezamos escoitando aos nosos compañeiros e compañeiras de 4 anos que nos explicaron que produtos que consumimos con frecuencia proceden do leite 🐄 A partir do aprendido e do libro Hay una vaca en la nevera, traballamos sobre a orixe de diferentes alimentos.

Comezamos por recortar alimentos variados en folletos de supermercado, falamos sobre a súa procedencia (orixe animal e vexetal) e elaboramos un mural 😀

Esta será unha das nosas aportacións ao proxecto da biblioteca titulado "Cóidome, cóidote, coidámonos" 🌱🍅🍇🍊🍐🍓🍖🍗

venres, 25 de novembro de 2022

25 N. "Día Internacional contra a Violencia de Xénero".

Hoxe 25 de Novembro é o día contra a violencia de xénero. Ao longo da semana tivemos que afrontar varios retos para así chegar á actividade que culmina a semana neste 25 N. Ollade e saberedes de que estmaos a falar!!!

Chuvia de cores.

Como estamos no mes de novembro, mes adicado á ciencia, os nenos e nenas de 3 anos quixemos experimentar facendo chuvia de cores e así participar na iniciativa da Biblioteca "NOVEMBRO; MES DA CIENCIA".

xoves, 24 de novembro de 2022

O monstro de cores,

Na aula de 3 anos como ben sabedes estivemos traballando as cores, polo tanto miramos contos relacionados coa temática, como por exemplo: "De que cor é un bico?", "El punto"... entre outros; pero sen dúbida o que máis nos gustou e chamou a atención foi...... "O MONSTRO DE CORES". Ollade o que fixemos.

mércores, 23 de novembro de 2022

Xogando cas cores

Na aula de 3 anos estivemos traballando as cores deste xeito tan orixinal. Ollade e veredes!!!!

Na aula de 3 anos celebramos o Samaín

Velaquí unha pequena mostra dunha das celebracións favoritas do ano na aula de 3 anos. Preparados para ver o ben que o pasamos?

sábado, 19 de novembro de 2022

PLANTANDO LANDRAS

Despois de escoitar o conto de "Xaime e as landras" os nenos e nenas de 5º de EI quixemos imitar a Xaime e plantar landras, para saber cales eran aptas fixemos un experimento: mergullámolas en auga, as que flotaban desbotámolas e plantamos as que se afundían. Despois de experintar coa flotación, plantámolas en vasos de iogures colaborando así co medio ambiente e cumprindo as 3 R: reducir, reciclar e reutilizar, algo que estamos intentando facer cada vez máis na nosa aula. Aí vos vai un pequeno resumo da actividade😊

PARABÉNS MELANY!!!!

O día 7 de novembro, na aula de 5º de EI, tivemos festa!!! a nosa amiguiña Melany estivo de aniversario, cumpriu 4 anos!!! no seguinte vídeo podedes ver un pequeno resumo do que aconteceu 👀

xoves, 17 de novembro de 2022

MISIÓN 4: COÑECEMOS A XÚPITER E MERCURIO

Hoxe, as nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil, resolvemos a misión 5, onde coñecemos a Xúpiter e Mercurio.

MISIÓN 3 PROXECTO UNIVERSO (6.ºEI)

Fai uns días, Fidalgo pediunos axuda para resolver a misión 3 do noso proxecto sobre o universo. Velaquí o material do que partimos:

Se queredes ver como resolvemos a misión, prestade moita atención a este vídeo 💖

martes, 15 de novembro de 2022

DE ONDE VÉN O LEITE?

Como sabedes, o mes pasado fomos de visita á Granxa de Eirís situada moi pretiño do noso colexio para comezar a traballar sobre a procedencia dos alimentos. Tiñamos pendente amosarvos un vídeo de como foi a actividade.

Resulta que, o granxeiro Leiro, pediunos axuda para atopar o leite 🍶, pois os seus animais estaban todos alborotados e ningún estaba no seu sitio!! Como somos nenos e nenas moi colaboradores/as, puxémonos mans á obra para dar coas vaquiñas 🐄🐄🐄🐄

domingo, 13 de novembro de 2022

ANIVERSARIO DIEGO

O venres 11 tivemos a sorte de celebrar no cole, o aniversario do noso amiguiño Diego 🍰 Parabéns Diego!! Xa tes 5 aniños 💗 Moitas grazas por compartir con nós un biscoito tan rico 😀 Querémoste moito 💚

sábado, 12 de novembro de 2022

NOVAS "NOVAS" DO SAMAÍN DE 5º DE E.I.

Por fin  podemos compartir con vós as vivencias do Samaín do alumanado de 5º de EI,  intentamos facer un vídeo resumo con todo o que nos aconteceu nestas datas tan terroríficas agardamos que non pasedes moito medo...😖😱

martes, 8 de novembro de 2022

24 outubro. "Día das bibliotecas escolares"

Partindo da proposta da Biblioteca para o día das bibliotecas escolares, os nenos e nenas de 3 anos tiñamos que escoller un libro para o menú lector. Sabedes cal eleximos e por qué? Ollade este vídeo e averiguarédelo.

Arte outonal

Mirade que artistas estamos feitos!! Puxemos a nosa imaxinación a funcionar e con ben pouco (castañas, noces, millo, follas de árbores....) fixemos uns cadros ben outonais na mesa Tuff, Agardamos que vos gusten!! !

venres, 4 de novembro de 2022

ROGELIÑO CUMPLE 5

Hoxe, na aula e 6.º de Educación Infantil, celebramos o aniversario de Rogeliño. Xa está super maior pois soprou a candea do 5!! Parabéns amiguiño 🎈🍰🎁

LECTURA Á CARTA

Na clase de 5º de EI escollemos, para o menú lector da Biblioteca, o conto de "Tío Lobo", os motivos da nosa elección aparecen no seguinte vídeo...

 

No seguinte vídeo podedes escoitar o conto de "Tío Lobo" tal e como nolo conta a profe Patri




xoves, 3 de novembro de 2022

A APÓCEMA QUE ESPANTA AOS MOUCHOS...

Como xa sabedes Ratiño estivo na busca dunha apócema máxica para espantar  mouchos, pois ben uns días antes de Samaín, chegounos a tan esperada apócema!!!! queredes saber o que tivemos que facer? Pois ollade o seguinte vídeo e veredes a maneira na que se poden espantar oa mouchos 🎃

mércores, 2 de novembro de 2022

ENFROITARTE EN AMARELO E LARANXA

 Un día pola mañá, na clase de 5º de EI, apareceu na bandexa Tuff unha morea de froitas de cor amarelo e laranxa, despois de observalas detidamente, cada un de nós fixo gala da súa creatividade facendo distintas composicións con elas. Unha vez rematadas todas as composicións fixemos unha degustación, estaban ben ricas!!!😋

UN COGOMELO NA CLASE DE 4 ANOS

Hai unhas semanas a profe Patri levou á clase un cogomelo enooorme!!!  Atopouno mentres camiñaba co seu pai polo campo, observámolo ben de cerca e investigamos cales eran as súas principais características, despois ensinámosllo aos nosos compañeiros de 3 e 5 anos, querédelo ver?...Velaí vos vai 👀

luns, 31 de outubro de 2022

BOOO, QUE MEDO!! 6.º EI CELEBRA O MAGOSTO E O SAMAÍN

O venres no noso cole foi día de festexo pois celebramos o Magosto e o Samaín. Queredes saber que fixemos?

🎃As nenas e nenos prepararon CABAZAS TERRORÍFICAS COAS FAMILIAS. Moitas grazas pola vosa participación 💕 había verdadeiras preciosidades!!

🎃Participamos na iniciativa PRESUME DE XARDÍNS do Concello de Carballo.

🎃Preparamos MERENDAS TERRORIFICAMENTE SAUDABLES: unha cabaza de mandarinas e arándanos e tostas Frankestein con pan tostado, aguacate, queixo fresco e aceitunas negras.

🎃Degustamos MERENDAS TERRORÍFICAS, CASTAÑAS e ZUMES aportados pola ANPA. Grazas!!!

🎃Participamos en XOGOS TRADICIONAIS con elementos do outono.

🎃Escoitamos un CONTO co que nos agasallaron as profes María C. e Manuela. Canto nos gustou!! Moitas grazas profes.

FACEMOS BISCOITO DE CABAZA

As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil, participamos na iniciativa da biblioteca titulada "Menú lector" recomendando un libro. Dado que este mes festexamos o outono e o Samaín, escollemos o titulado "Corre corre, cabaciña"🎃. Lémolo, fixemos unha manualidade dunha cabaza e preparamos un biscoito riquísimo 😍

xoves, 27 de outubro de 2022

O MEDO DE RATIÑO

En plenas datas de Samaín o alumnado de 5º de EI recibimos outra carta de ratiño, nela transmitíanos o seu medo... hai un paxaro que o persegue polas noites, e pensa que quere papalo!!!😱Deixounos unha foto do paxaro en forma de quebracabezas para que investigásemos de quen se trataba, se queredes sabelo mirade o vídeo con atención...👀

 

Na carta tamén nos comunica que ao longo da semana vai deixar unha apócema para conseguir que o paxaro se alonxe del, como será?🙇

martes, 25 de outubro de 2022

ARTISTEANDO

 Unha vez máis, o alumnado de 5º de EI, estivemos "artisteando" coa obra que nos trouxo ratiño, desta vez fixemos unha plantilla, pintamos con esponxa e, unha vez marcada a silueta do paxaro, tocaba espertar a imaxinación. Agardamos que vos gusten as nosas obras!😋

luns, 24 de outubro de 2022

UN AMIGUIÑO MOI ESPECIAL NA CLASE DE 5º DE EI...

Lembrádesvos, que a mediados do curso pasado recibíamos a visita do noso amigo Ratiño? Pois este ano  decidiu instalar o seu fogar na nosa clase!!! 😵 Fíxonos saber que lle agradaba moito a nosa compañía e que o inspirábamos para seguir curioseando e aprendendo cousas novas. A Ratiño causalle tanta curiosidade o mundo das aves como nos causa a nós, por iso, nos quere botar unha man neste traballo, ademais vainos deixando obras de arte que lle gustan dos museos que visita e prometeunos que tamén nos ía traer pequenos experimentos e receitas de cociña para facer na clase. Querdes ver unha pequena mostra do que sucedeu pois ollade o seguinte vídeo...👀

sábado, 22 de outubro de 2022

MISIÓN 1: INSTALACIÓN SOBRE O UNIVERSO (AULA 6.ºEI)

Fai uns días, Alberto tróuxonos un paquete que lle deixaran para nós. Viña de parte de Fidalgo e propoñíanos unha misión!! Mirade, mirade 👀 

ANIVERSARIO DAVID

Onte 21 de outubro, o noso amiguiño David estivo de aniversario. Cumpriu 5 anos!! 🎈🍰 Moitos parabéns!!! Agardamos que disfrutases moito da túa festiña no cole 💖

OBSERVAMOS E EXPERIMENTAMOS CON FROITOS DO OUTONO

As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil levamos uns días traballando sobre o outono. Nesta entrada ímosvos amosar algunhas das actividades realizadas.

ARTE CON FROITOS DO OUTONO. Realizamos unha composición con diferentes froitos do outono e, cada un/unha, debía debuxar o que vía dende a súa perspectiva. Coloreamos as nosas obras de arte e colocámolas na entrada do colexio xunto á exposición do proxecto da biblioteca titulado "Cóidome, cóidote, coidámonos".


PROBAMOS FROITOS DO OUTONO: pera, mazá, granada, uvas


DEBULLAMOS MILLO

DECORAMOS A PORTA DA AULA

As nenas e nenos da aula de 6.º de Educación Infantil temos moitos traballiños pendentes para amosarvos. Como sabedes, estamos a estudar sobre o universo, así que fixemos unha decoración moi divertida para a porta da nosa aula. O que máis nos gusta é vernos co traxe de astronauta!! 😍

xoves, 20 de outubro de 2022

Benvid@s á aula de 4º de Ed. Infantil

Na aula de 3 anos fixemos uns retratos moi especiais que penduramos na porta da aula para dar a coñecer quenes somos os que aquí pasan a súa xornada escolar. Benvidos a todos e a todas, a nosa aula está aberta para todos vós, adiante!!!!

Aniversario Lucía

Qué maiores nos estamos facendo na aula de 4ª de Ed, Infantil. Desta vez tocoulle soprar a candea do nº 3 a Lucía. Agardamos que disfrutaras deste día tan especial para tí. Parabéns Luci.

mércores, 19 de outubro de 2022

A RECOLLEITA NO HORTO

Ao comezo de curso, os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil, visitamos o noso horto para saber como quedara despois do verán e cal foi a nosa sorpresa cando descubrimos que tiñamos: tomates cherry, cenorias, un pemento de padrón e unhas pequenas coliflores. Ao outro día decidimos recoller o que tiñamos e para iso contamos coa axuda da clase de 6º de E.I., tod@s xunt@s decidimos facer unha ensalada para degustar os produtos obtidos do noso horto. Aquí tedes unha pequena mostra deses momentos vividos agardamos que vos gusten👀😉

martes, 18 de outubro de 2022

AS VOGAIS MINÚSCULAS

Na aula de 6.º de Educación Infantil estamos comezando a recoñecer algunhas letras minúsculas. Comezamos polas vogais e pouco a pouco iremos coñecendo as demais. Desta volta, fixémolo cunha actividade de robótica co noso amigo o BeeBot. Había que resolver cada reto que nos propoñían as profes levando ao robot a: letra indicada, a un debuxo onde a palabra empezaba por determinadas letras, levar de letra maiúscula á minúscula correspondente...

ANIVERSARIO VALERIA

Xa sabedes que na aula de 6.º de Educación Infantil somos moito de festexar, así que a pasada semana celebramos o aniversario de Valeria. Tivemos moita sorte, pois trouxo un riquísimo biscoito para compartir con nós!! Moitas grazas Valeria 😍😍


Moitos parabéns 💓 grazas por axudarnos tanto todos os días 😍

luns, 3 de outubro de 2022

Eire cumple 3 anos

Na aula de 3 anos estuvemos de celebración, o primeiro aniversario deste curso.!!! A homenaxeada foi a nosa amiguiña Eire. Agardamos que o pasaras moi ben neste día tan especial. Parabéns Eire.

sábado, 1 de outubro de 2022

NA BUSCA DE INFORMACIÓN

Na aula de 6.º de Educación Infantil fixémonos unha pregunta: Onde podemos atopar información para o noso proxecto sobre o universo?

Por un lado, ocorréusenos escribirlles unha carta ás familias:


Velaquí o resultado final:


Tamén sabemos que, na biblioteca, temos un montón de libros sobre diferentes temas, así que fomos ata alí para buscar algúns que falasen de planetas, o universo, os astronautas, as naves espaciais...

COMEZAMOS UN NOVO PROXECTO

Na aula de 6.º de Educación Infantil, comezamos un novo proxecto!! Velaquí un pequeno resumo do que estivemos a facer estes días:


Unha vez escollido o tema do universo, falamos sobre o que sabiamos e que queriamos saber. Velaquí o rexistro que fixemos 🌞🌠🌙🌚🌍



ANIVERSARIO VÍCTOR

Benvidos a todos e a todas!! Aquí comezamos dende a aula de 6.º de Educación Infantil a publicar cousiñas do noso día a día neste novo curso 😍 Como non podía ser doutro xeito, démoslle a benvida ao mes de setembro xa cunha gran festa polo aniversario do noso amiguiño Víctor que soprou a candea do 5!! 🎁🎈🎂

Tivemos moita sorte, pois a súa avoa preparounos un biscoito delicioso!! 😀😍 Moitas grazas!!

Parabéns Víctor 💖

xoves, 30 de xuño de 2022

Graduación 2022.

Aquí vos deixamos unhas imaxes ben bonitas da nosa graduación. Bo verán a to@s.

Proxecto: "Unha viaxe polo antiguo Exipto"

Mirade que cousas máis divertidas fixemos para dar por rematado o noso proxecto de Exipto. Quixemos facer os nosas propias xoias. Coma un poderoso faraón lucimos uns brazaletes de ouro e pedreria non da barata. Ademais na aula algún que outro converteuse nunha momia por un momentiño e fixemos pirámides no patio. Mirade que ben o pasamos!!

Aprendendo en inglés

Nesta recta final do curso estiemos traballando coa teacher Raquel os colores e o valor de que ser diferente pode chegar a ser moi diverido. Ao mesmo tempo lemos o libro The washing line qu enos ensinou que podemos axudar nas tarefas da casa colgando as prendas de roupa... porque mirade que guay o facemos!

mércores, 22 de xuño de 2022

Aniversarios de verán

Na aula de 5 anos festexamos os aniversarios de verán dun modo ben diferente ao que facemos habitualmente. Despois do bailoteo e confetti tomamos asiento para unha mmerendola moi saudable con froitas da tempada que preparamos nun momentiño. Mirade, mirade, de que froitas estamos a falar. Estaban ben fresquiñas e ricas!!!

martes, 21 de xuño de 2022

SAÍDA Á CASA DE ANXO MOURE

Canto nos divertimos o venres 17!! Sabedes a onde fomos?? Á casa de Anxo Moure a Chantada 😍 como nos gustou!! Mirade un pequeno resumo deste día 😃

luns, 20 de xuño de 2022

PREPARAMOS ENSALADA DE LEITUGA

As nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil traballamos duramente na horta este trimestre: plantamos, regamos, arrincamos herbas, démoslle cariño aos cultivos... e tanto esforzo tivo a súa recompensa. A semana pasada, recollemos 4 leitugas e, dado que non había unha para cada un/unha de nós, decidimos facer unha ensalada.

Queredes ver como a fixemos? Mirade, mirade 👀 pois tamén tivemos que ir ao supermercado para comprar ingredientes 😀

A ensalada non é o prato favorito dalgúns de nós pero o importante é ir probando novos alimentos!! Pouco a pouco, collerémoslle o gusto 😋

ANIVERSARIOS DO VERÁN

Na aula de 5.º de Educación Infantil non paramos de facer festas!! O pasado xoves celebramos os aniversarios de Bruno, Mauro, Iker e Aitana pois sopran a candea do 5 durante as vacacións de verán 🎈🎉🎁 Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da celebración que fixemos no cole 😁

Moitos parabéns aos 4 👏👏 Querémosvos moito 💖

xoves, 16 de xuño de 2022

ANDAN OS PAXAROS...

Na aula de 4º de Educación Infantil estamos inmersos no mundo dos paxaros, o motivo? Un poema de Florencio Delgado que lemos na clase: "Andan os paxaros..." e falando, falando de paxaros démonos de conta que só coñecíamos as gaivotas, entón picounos a curiosidade, como lle pasa a Ratiño e saímos ao patio a observar paxaros, ese día vimos unha pega, oito gaivotas, un merlo, un ferreiriño...🐦

Poucos días despois recibimos a visita de Ratiño que nos deixou unha carta, na que nos facía saber a súa alegría por interesarnos polo mundo dos paxaros e animounos a visitar a Biblioteca do centro para coller libros informativos, concretamente o apartado 5 da CDU. Ademais diso transmitiunos a súa preocupación polo coidado do medio ambiente e comprometémonos a aunar esforzos para que o noso planeta terra non sufra máis danos tomando unha serie de medidas no día a día (aforrar auga, luz, reciclaxe...) 👀

Para que os paxaros poidan facer os seus niños tranquilos, Ratiño trouxonos dúas casiñas para colgar nas árbores do patio e ademais deixounos dous niños para observalos e intentar saber a que paxaro pertencían, para isto pedímoslle axuda a Alberto, un gran amante da natureza e moi interesado no mundo dos paxaros. 

Graciñas Alberto por toda a tua paciencia e colaboración!!💙💗💚💛💜

martes, 14 de xuño de 2022

Eber cumple 6 anos

O noso amiguiño Eber estivo de aniversario. Agardamos que o pasaras ben neste día. Parabéns Eber!!!

luns, 13 de xuño de 2022

INAUGURACIÓN DOS CARTEIS

O xoves 9 de xuño de 2022, coincidindo coa recente celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, acudimos ao Bosque do Añón á inauguración dos carteis sobre a fauna e a flora da Ribeira do Anllóns.

Velaquí unha pequena mostra do que vivimos ese día 😍

Grazas ao Concello de Carballo por facer isto posible!! Encántanos ver os nosos traballos expostos no Bosque do Añón 😀

FACEMOS PRATOS PRIMAVERAIS

A primavera... que estación tan bonita, cantas flores!!! 🌸🌷🌹🌺🌻🌼 Na aula de 5.º de Educación Infantil saímos ao patio en busca delas para facer unha manualidade. Mirade que argallamos desta volta 😍

Xa pensastes en que lugar das vosas casas ides colocar estes platiños tan fermosos? 💓

mércores, 8 de xuño de 2022

Aprendendo con Ratiño...

Nas últimas semanas, na clase de 4º de Educación Infantil, estivemos recibindo a visita dun curioso amiguiño, Ratiño, o protagonista do conto "¿Puedo mirar tu pañal?". Para presentarse deixounos unha carta  onde nos explicaba a necesidade que ten sempre de aprender, por este motivo entra  a curiosear en museos, Bibliotecas, laboratorios, colexios... por iso a partir de agora vai compartir con nós o que ve ou o que quere aprender.

Para empezar visitou  algúns museos, deixounos autorretratos de distintos pintores e unha caixa moi especial que contiña un gran tesouro!!!💎💰 despois invitounos  a facer o noso propio retrato, Queredes ver imaxes do acontecido? 📷😊 pois velaí van algunhas

luns, 6 de xuño de 2022

PARABÉNS JULIETA!!

 O 16 de maio a nosa amiga Julieta cumpriu 4 anos e para celebralo organizámoslle unha festa rachada🎈🎂🎉 PARABÉNS JULIETA!!!🎁

martes, 31 de maio de 2022

Traballando na nosa horta.

Nestes días voltamos á nosa horta a facer os traballos de mantemento. A plantaciónn medra e a nosa rede xunto co amigo espantallo están a facer ben a súa labor, ningún intruso se atreviu a petiscar as nosas plantas. Aínda que algún caracol intenta gabear pola bancada de momento non logrou chegar a comer leituga algunha. Tamén nos percatamos que as malas herbas medran máis rápido do que nós quixeramos. Canto traballo nos deu arrincar e poñer un pouco decente a plantación!!!; pero xa estivemos maquinado que na seguinta tempada poñer un plástico non estaria nada mal, evitaría que medraran as malas herbas e mesmo se algún caracol lograra chegar ás leitugas si tuveramos plástico resbalaria e non o conseguiria, Qué profesionais estamos feitos, cada día aprendemos un pouco máis no tema da horticultura. Cómo nos gusta!!!!

luns, 30 de maio de 2022

Hugo cumple 6 anos.

Hoxe na aula de 5 anos estivemos de aniversario. O noso amigo Hugo cumpliu 6 anos. Parabëns Hugo. Agardamos que disfrutaras do día.

martes, 24 de maio de 2022

SAÍDA Á LIBRARÍA CLARIÓN

O venres 20 de maio, todos os nenos e nenas de Educación Infantil acudimos á Libraría Clarión para realizar unha actividade sobre o noso proxecto titulado "Baixo a mesma carpa de crochet", co que levamos traballando todo o curso sobre o tema da igualdade no circo. Achegámonos alí para facerlles diferentes preguntas ás libreiras. Mirade mirade 👀

Moitísimas grazas Eva e Noelia por facer posible esta actividade 💗 Encantounos coñecer a vosa libraría e ver cantos libros e xogos tedes!! Que marabilla 😍😀

mércores, 18 de maio de 2022

COÑECENDO A FLORENCIO DELGADO

Como este ano o escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas é Florencio Delgado, na clase de 4º de Educación Infantil estivemos traballando estes días o seu nome e a súa caricatura. Florencio foi un dos poetas que mellor cantaron ao viño e a viña por iso creamos o seu nome con elementos relacionados con esta bebida...  Agardamos que vos guste o noso traballo!! 😉

DIME O TEU NOME....

Estes días estivemos traballando algo moi importante para nós: os nosos nomes! E quixémolos facer nun espazo máis grande ca nun folio, fixémolos no chan con obxectos da clase botando man da nosa imaxinación e creatividade😊


COA PINTURA ENTRE MANS!!!

Verdade que ás veces é moi difícil enfrentarse a un lenzo en blanco?? Pois os nenos e nenas de 3 anos nestas últimas semanas estivemos poñendolle cor a dous, queredes ver como fixemos?👀 

martes, 17 de maio de 2022

Plantando a horta

Ben equipados voltamos á horta, pás na man e a plantar allo porro, leitugas, amorodos e cenorias. Agardamos ver pronto os resultados e poder degustar estes produtos.

luns, 9 de maio de 2022

Proxecto: "Unha viaxe polo antiguo Exipto".

Comenzamos recibindo unha menxaxe dunha misteriosa personaxe que nos mandaba buscar pola aula a primeira pista para darnos a coñecer a temática desta nova aventura. Deste xeito arrincamos na aula de 5 anos co último proxecto do curso "Unha viaxe polo antiguo Exipto".

domingo, 8 de maio de 2022

HORTIÑA PLANTADA en 5.ºEI

Que sorte estamos tendo con este soliño 🌞 permítenos xogar no areeiro, arrolarnos na herba e incluso plantar a horta!! 🌱🍅🍓🍃 Despois de días de duro traballo, por fin rematamos. Agora só queda darlle cariño aos cultivos, regalos e agardar que medren e dean os seus froitos 😍😃

sábado, 7 de maio de 2022

EN 5.º EI FACEMOS VIDREIRAS PRIMAVERAIS

Coa chegada do mes das flores, en 5.º de Educación Infantil decidimos que era un bo momento para cambiar a decoración das fiestras da aula. Nesta ocasión, fixemos unhas vidreiras con forma de flores 🌸🌹🌷🌺 e bolboretas. Permitíronnos repasar as cores, seguir practicando o manexo da tesoira e deixar voar a nosa creatividade e imaxinación á hora de combinar as cores.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do proceso 😍

Agora estamos agardando ver o reflexo do sol 🌞 a través delas, que seguro encherá de cor a nosa aula 💖

xoves, 5 de maio de 2022

Preparando a horta para plantar

Nesta semana voltamos á horta, despois de apañar as cenorias aínda non pasaramos por alí. Menuda selva había. Canto traballamos, sudamos a gota gorda. Pero....o esforzo mereciu a pena, mirade que terriña máis preparada nos quedou para que na vindeira semana poidamos xa plantar.

mércores, 4 de maio de 2022

Desta vez tocoulle soprar a candea do nº 6 a Carliños. Agardamos que o pasaras ben na túa festiña. Parabéns!!!!

domingo, 1 de maio de 2022

LECTOESCRITURA E LOXICA-MATEMÁTICA DA HORTA

Na aula de 5.º de Educación Infantil, imos traballar moito este trimestre sobre a temática da horta 🍅🌿🌱. Nesta publicación ímosvos amosar algunhas das cousiñas que estivemos a facer estes días.

XOGOS DE LECTOESCRITURA E LÓXICA-MATEMÁTICA, cos que traballamos:

  • Conteo e identificación de números.
  • Asociación de números coas tarxetas dos dedos das mans.
  • Sumas sinxelas.
  • Escritura de números.
  • Axudándonos das tarxetas de tres partes elaboradas para a ocasión, asoociamos as imaxes coas palabras correspondentes.
  • Identificamos as palabras referidas a cada imaxe, as súas letras e escribímolas con letras de madeira.

Acudimos á biblioteca en busca de CONTOS E LIBROS SOBRE A TEMÁTICA.


Aproveitando a mesa de luz, ESCRIBIMOS O NOME DALGÚNS CULTIVOS que imos plantar.

ROBÓTICA NUMÉRICA

Estes días, na aula de 5.º de Educación Infantil estivemos a traballar co escornabot, un robot moi similar ao BeeBot que xa manexamos outras veces. Desta volta, traballamos o recoñecemento de números, o conteo e a súa localización nas tarxetas dos dados e dos dedos das mans.

Aprender con este tipo de robots é éxito asegurado!! 😍😍

QUEBRACABEZAS EN 5.º EI

Un destes días, entre as actividades dos recunchos atopábase un quebracabezas que nos emprestou a profe Patri. Tiña pezas moooooooi grandes e debuxos de Dory e Nemo🐠🐡 Tivemos que esforzarnos moito para montalo pero... conseguímolo!!!


Dende ese día, é un dos nos xogos preferidos 😍
Grazas profe Patri por emprestárnolo para a nosa clase 💖

sábado, 23 de abril de 2022

23 de abril. "Día do libro"

Hoxe 23 de abril é o día do libro. Nös xa comezamos onte facendo algunha actividade relacionada co día internacional do libro, e non será a única. Da man do noso amigo Ozobot e dun dos nosos contos favoritos " A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" fixemos o seguinte. Agardamos que vos guste.

sábado, 9 de abril de 2022

REMATAMOS O 2.º TRIMESTRE

Agora si, damos por rematado o 2.º trimestre!! Dende a aula de 5.º de Educación Infantil deixamos aquí un pequeno vídeo co produto final sobre o noso proxecto dos animais da contorna. Agardamos que se vexa reflectido nel todo o que traballaron e se esforzaron os nosos nenos e nenas que, sen dúbida, se mantiveron motivados e ilusionados todo este tempo 😃😍

Pronto máis e mellor. Recargade as pilas para a recta final deste curso 😊 Felices vacacións familias e nenos/as💖

xoves, 7 de abril de 2022

EASTER DAY EN 5.º EI

Este mércores, na clase de inglés coa profe Raquel fixemos unha actividade moi chachi. Tivemos que buscar polo patio os ovos que Easter Bunny 🐰 agochara para nós 😍

Grazas teacher!! 😀

EN 5.º EI RETOMAMOS O HORTO

Esta semana, as nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil, aproveitamos uns raíños de sol 🔆para volver ao horto. Bueno... en realidade, deixara de ser un horto para ser unha selva!! Cantas herbas!!! 🌱🌱🌾🌾🌿🌿 

Comezamos a preparalo para poder plantar á volta das vacacións de Semana Santa. Velaquí o que fixemos 😊

Quitamos herbas🌿🌿


Separamos pedras, lixo, cultivos que quedaron do ano pasado e caracois🐌🐌 Contamos o número de cenorias e patacas recollidas e fixemos o reparto para poder levar unha pequena mostra para as nosas casas.


Preparamos unha listaxe para que a profe vaia mercar os cultivos para plantar á volta das vacacións



Ata aquí 2 horas de duro traballo e moita terra na roupa e nos calcetíns 💪 Á volta das vacacións máis!! 🌱🌿

mércores, 6 de abril de 2022

Easter Bunny

Esta semana na sesión da teacher Raquel, Easter Bunny (coello de pascua) agochou ovos polo cole. Así que 1,2,3.... alá vamos á súa procura Mr. Easter Bunny.

Proxecto "As abellas". Parte III

Seguindo co noso proxecto, nesta derradeira parte, aprendemos que as abellas son grandes polinizadoras. Ollade que actividades fixemos para dar por rematada a nosa investigación acerca destes pequenos pero ao mesmo tempo grandes insectos para a nosa superviviencia. Grazas abellas polo traballo que desempeñades.

mércores, 30 de marzo de 2022

OS NENOS/AS DE 5.ºEI SAÍMOS EN BUSCA DE TOUPEIRAS

Na aula de 5.º de Educación Infantil estamos rematando o noso proxecto sobre os animais da contorna. Dado que estamos tan interesados/as no tema, todo nos recorda aos animais que estamos estudando!! 😀

Contarémosvos que no desfile do Entroido, pasando polo xardín do San Martiño, ao ver as toupeiras berramos: toupas, toupas!!! Non podiamos desaproveitar a ocasión e rematar o proxecto sen achegarnos ata alí para observar as toupeiras, recordar o aprendido e recoller un pouco de terra para complementar o noso estudo 🐀🐭.

Velaquí vos deixamos un resumo da saída😍

martes, 29 de marzo de 2022

Cenoiras da nosa hortiña.

Coa chegada da primavera e do bo tempo queremos retomar a nosa labor no horto que o tiñamos un pouco abandonado despois dun longo inverno. Preséntasenos unha dura labor para poñelo a punto xa que hai moita herba mala, pero nada imposible para nós, estamos desexando poñernos a elo, darlle o sacho e volver a plantar. Eso sí, a primeira tarefa antes de nada foi apañar as cenoiras que plantaramos o curso pasado. Non nos foi tan mal, velaquí os resultado. Ollade que cenoiras máis fermosas e tamén algunha que outra cebola e pataca. Aínda nos deron para un pequeno petisco.

Proxecto "As abellas". Parte II

Seguimos avanzando no noso proxecto das abellas. Ollade o que estivemos facendo ao longo destas semanas.

21 de marzo. Día da árbore e da poesía.

O 21 de marzo celebramos o día da árbore e da poesía. Mirade que ben o pasamos.

8 MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo celebramos o "Día Internacional da Muller". Inmersos no proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet", aproveitamos para coñecer a unha gan muller "Antoinette Concello". adicada en corpo e alma ao circo subida a un trapecio. Convidámosvos a coñecela.

mércores, 23 de marzo de 2022

INTERCAMBIO DE 5.°EI CO CEIP A CRISTINA

Dende os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do noso colexio e do CEIP A Cristina, propúxosenos facer unha actividade en colaboración coa súa aula de 5.° Educación Infantil. Comezamos por facer un vídeo de presentación noso e ensinámoslle a nosa aula. Eles tamén nos enviaron un vídeo onde nos explicaron o seu recuncho favorito: os mininundos. Que chulada!! 👏👏

Encantounos esta experiencia e esperamos que máis adiante poidamos facer algún encontro presencial para coñecernos en persoa e seguir compartindo momentos 😍

Deixámosvos aquí o vídeo que elaboramos con tanto cariño para enviarlles. Seguro que a vós, familias, vos vai encantar ver como os peques explican que hai na nosa aula 😃

ANIVERSARIO HUGO

Unha volta máis ao sol para Hugo, hoxe está de aniversario!! 🎁É o maior de toda a clase, xa ten 5 anos!!! 🎈🎂 MOITOS PARABÉNS AMIGUIÑO!! Querémoste moito 💗

luns, 21 de marzo de 2022

ESTIMULACIÓN DOS SENTIDOS

Na aula de 5.º de Educación Infantil seguimos traballando sobre os animais da contorna e estes días, foi a quenda das toupas 🐭. Sabedes que sentidos son os que teñen máis desenvoltos? Son o olfacto 👃, o tacto ✋ e o oído 👂.

Tendo isto en conta, decidimos facer unha actividade de estimulación sensorial, así como aprendemos cales son os cinco sentidos. Que divertido!! 😍

sábado, 12 de marzo de 2022

O PESO E O TAMAÑO

Como sabedes, na aula de 5.º de Educación Infantil estamos desenvolvendo un proxecto sobre os animais da contorna. Estes días, estivemos rexistrando información sobre os ourizos e, como non, apuntamos cal era o seu tamaño máximo e mínimo e tamén o seu peso.

Usamos mooooitos instrumentos: básculas, unha regra, un metro e unha cinta métrica. Queredes ver como traballamos? Mirade, mirade 😍

venres, 11 de marzo de 2022

VÍDEO SOBRE PINITO DEL ORO

Xa saiu do forno o vídeo que realizou o alumnado de 5.º de Educación Infantil sobre Pinito del Oro, muller traballada neste 8M.

Agardamos que vos guste, nós esforzámonos moito para facelo 😍😁 É a nosa primeira produción coa técnica do croma mais non será a última 👏👏

mércores, 9 de marzo de 2022

8M en 5.º de Educación Infantil

Onte, 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller. En relación ao proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet", traballamos sobre Pinito del Oro, unha trapecista 💜

Se queredes saber un pouco máis dela, podedes ler a súa biografía 👀

Isto non é o único que fixemos, pois hai algo que aínda temos no forno!! Pronto teredes noticias 😍

sábado, 5 de marzo de 2022

Proxecto "As abellas". Parte I.

Na aula de 5 anos continuamos avanzando no noso proxecto. Ollade como vai collendo forma o noso recanto das abellas e o que estivemos a traballar nestas últimas semanas. Coñecemos os diferentes tipos de abellas que viven na colmea e a función que desempeñan, o seu ciclo vital, como se chama a persoa que as coida... Estamos a concienciarnos do importantes que son estos pequenos insectos para a nosa vida.