Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto "Os animais da contorna". Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto "Os animais da contorna". Amosar todas as publicacións

sábado, 9 de abril de 2022

REMATAMOS O 2.º TRIMESTRE

Agora si, damos por rematado o 2.º trimestre!! Dende a aula de 5.º de Educación Infantil deixamos aquí un pequeno vídeo co produto final sobre o noso proxecto dos animais da contorna. Agardamos que se vexa reflectido nel todo o que traballaron e se esforzaron os nosos nenos e nenas que, sen dúbida, se mantiveron motivados e ilusionados todo este tempo 😃😍

Pronto máis e mellor. Recargade as pilas para a recta final deste curso 😊 Felices vacacións familias e nenos/as💖

mércores, 30 de marzo de 2022

OS NENOS/AS DE 5.ºEI SAÍMOS EN BUSCA DE TOUPEIRAS

Na aula de 5.º de Educación Infantil estamos rematando o noso proxecto sobre os animais da contorna. Dado que estamos tan interesados/as no tema, todo nos recorda aos animais que estamos estudando!! 😀

Contarémosvos que no desfile do Entroido, pasando polo xardín do San Martiño, ao ver as toupeiras berramos: toupas, toupas!!! Non podiamos desaproveitar a ocasión e rematar o proxecto sen achegarnos ata alí para observar as toupeiras, recordar o aprendido e recoller un pouco de terra para complementar o noso estudo 🐀🐭.

Velaquí vos deixamos un resumo da saída😍

luns, 21 de marzo de 2022

ESTIMULACIÓN DOS SENTIDOS

Na aula de 5.º de Educación Infantil seguimos traballando sobre os animais da contorna e estes días, foi a quenda das toupas 🐭. Sabedes que sentidos son os que teñen máis desenvoltos? Son o olfacto 👃, o tacto ✋ e o oído 👂.

Tendo isto en conta, decidimos facer unha actividade de estimulación sensorial, así como aprendemos cales son os cinco sentidos. Que divertido!! 😍

sábado, 12 de marzo de 2022

O PESO E O TAMAÑO

Como sabedes, na aula de 5.º de Educación Infantil estamos desenvolvendo un proxecto sobre os animais da contorna. Estes días, estivemos rexistrando información sobre os ourizos e, como non, apuntamos cal era o seu tamaño máximo e mínimo e tamén o seu peso.

Usamos mooooitos instrumentos: básculas, unha regra, un metro e unha cinta métrica. Queredes ver como traballamos? Mirade, mirade 😍

sábado, 26 de febreiro de 2022

SELECCIONAMOS PÁXINAS INTERESANTES DOS LIBROS

Tiñamos pendente ensinarvos que, as nenas e nenos de 4 anos, seguimos traballando sobre os animais da nosa contorna: a toupa, o xabaril, o raposo e o ourizo. Estes días de atrás, estivemos seleccionando e marcando aquelas páxinas dos libros informativos que nos ían resultar de utilidade para aprender sobre eles.











Posteriormente, lemos a información e clasificámola:




Á volta das vacacións de Entroido, seguiremos traballando sobre isto 😀

venres, 28 de xaneiro de 2022

BUSCA DE INFORMACIÓN SOBRE OS ANIMAIS DA CONTORNA (5.ºEI)

Que curiosidade espertan en nós os animais do bosque!! 🐗🐭🐕E que ademais, dan nome aos catro equipos da aula😍

Queremos aprender moito sobre eles, así que o mellor lugar polo que podiamos comezar a buscar información era a biblioteca. Aprendemos que a CDU é un sistema para clasificar os libros nas bibliotecas escolares e, no apartado 5, podiamos atopar libros sobre esta temática. Coa axuda das profes, seleccionamos algúns para levar á clase 📚


Agora, prepararemos un recuncho temático na clase. Xa volo amosaremos cando o teñamos listo 😀 Nel poñeremos estes libros, fotografías dos animais, miniaturas deles, novas do xornal relacionadas e calquera outro recurso que nos axude a aprender sobre eles 😁 Coma sempre familias, estades convidadas a aportar información, vídeos ou calquera recurso que nos poida axudar nesta aventura. Moitas grazas de antemán 💗

LECTOESCRITURA NA MESA DE LUZ

Na aula de 5.º de Educación Infantil comezamos a darlle moito uso ao agasallo de Nadal: a mesa de luz. Desta vez realizamos unha actividade de lectoescritura onde debiamos buscar as letras que compoñían o nome de cada animal do bosque. Este trimestre imos coñecer un pouco máis sobre diferentes animais presentes na nosa contorna: o xabaril, o raposo, o ourizo e a toupa. Comeza aquí un novo proxecto para nós!!

Unha vez formamos as catro palabras, contamos cantas letras tiña cada unha e buscamos o número correspondente. Había dúas palabras que contiñan o mesmo número de letras e que eran máis longas que as outras dúas. Canto aprendemos de mates!!