Etiquetas
- 17 maio. Día Letras Galegas
- 3 anos
- 4 anos
- 4anos
- 5 anos
- Animais
- Aniversarios
- Arte
- Atención
- Biblioteca
- Ciencia
- Conmemoracións
- Contos
- Croma
- Día de Rosalía
- Día do Libro
- Día do Medio Ambiente
- Entroido
- Estimulación sensorial
- Experimentos
- Fin de curso
- Horta
- Igualdade
- inglés
- Lectoescritura
- Lóxica-matemática
- Magosto
- Nadal
- Oralidade
- Outono
- Polo Norte
- Proxecto "Canto sentimento"
- Proxecto "O medo"
- Proxecto "O universo"
- Proxecto "Os animais da contorna"
- Proxecto "Os pitiños"
- Proxecto "Os tesouros do corpo"
- Proxecto "Unha viaxe polo antiguo Exipto"
- Proxecto Alimentación saudable
- Proxecto As abellas
- Proxecto Baixo a mesma carpa de crochet
- Proxecto O inverno
- Proxecto os tiburóns
- Proxecto Os volcáns
- Psicomotricidade
- Recursos
- Relaxación
- Robótica
- Saídas
- Samaín
- Vida cotiá
- Viisitas
- Xogos
xoves, 30 de marzo de 2023
EXPERIENCIAS MANIPULATIVAS E SENSORIAIS DO PROXECTO "OS TESOUROS DO MEU CORPO"
mércores, 8 de marzo de 2023
QUE SON AS ARTICULACIÓNS?
As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil seguimos traballando sobre o corpo humano 💀💪🖐🦶. Estes días aprendemos que son as articulacións e a súa importancia 😀
venres, 20 de xaneiro de 2023
PROPOSTAS DE INVERNO
Estes días, na aula de 6.º de Educación Infantil, estivemos a realizar algunhas propostas de inverno, coas que traballamos o conteo, a relación número-cantidade, convertémonos en artistas e fixemos neve ☃❄
Velaquí unha pequena mostra dalgunhas das actividades 😍 Sen dúbida o que máis nos gustou foi a neve!! Xa que aquí en Carballo non a podemos ver, conservámola na tuff tray para seguir xogando con ela 😀
domingo, 15 de xaneiro de 2023
AGASALLOS DE NADAL PARA A AULA DE 6.º EI
O luns 9 de xaneiro, volvemos ao colexio!! Un novo ano, moitas experiencias que contar do Nadal e novas ilusións de cara a este trimestre 😊 As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil dispuxémonos en semicírculo para contar o que máis nos gustou das vacacións, que fixeramos... cando nos decatamos de que había unha carta para nós colgada na clase!! Se queredes saber cal era o seu contido e que pasou a continuación, ollade este vídeo 😍
xoves, 1 de decembro de 2022
MISIÓN 6
Fidalgo deixounos onte unha nova misión do noso proxecto, a misión 6!! Desta volta coñecemos a MARTE✨
luns, 31 de outubro de 2022
BOOO, QUE MEDO!! 6.º EI CELEBRA O MAGOSTO E O SAMAÍN
O venres no noso cole foi día de festexo pois celebramos o Magosto e o Samaín. Queredes saber que fixemos?
🎃As nenas e nenos prepararon CABAZAS TERRORÍFICAS COAS FAMILIAS. Moitas grazas pola vosa participación 💕 había verdadeiras preciosidades!!
🎃Participamos na iniciativa PRESUME DE XARDÍNS do Concello de Carballo.
🎃Preparamos MERENDAS TERRORIFICAMENTE SAUDABLES: unha cabaza de mandarinas e arándanos e tostas Frankestein con pan tostado, aguacate, queixo fresco e aceitunas negras.
🎃Degustamos MERENDAS TERRORÍFICAS, CASTAÑAS e ZUMES aportados pola ANPA. Grazas!!!
🎃Participamos en XOGOS TRADICIONAIS con elementos do outono.
🎃Escoitamos un CONTO co que nos agasallaron as profes María C. e Manuela. Canto nos gustou!! Moitas grazas profes.
domingo, 1 de maio de 2022
ROBÓTICA NUMÉRICA
Estes días, na aula de 5.º de Educación Infantil estivemos a traballar co escornabot, un robot moi similar ao BeeBot que xa manexamos outras veces. Desta volta, traballamos o recoñecemento de números, o conteo e a súa localización nas tarxetas dos dados e dos dedos das mans.
Aprender con este tipo de robots é éxito asegurado!! 😍😍
QUEBRACABEZAS EN 5.º EI
sábado, 15 de xaneiro de 2022
XOGOS MATEMÁTICOS NO PATIO
Estes días, fai mooooito frío ⛄pero o bo é que a media mañá, o soliño quenta moito e estase moi ben fóra🌞 Na aula de 5.º de Educación Infantil estamos aproveitando para saír ao patio facer xogos e, este venres, foron moi matemáticos.
Que divertido!! Saír fóra sempre é un acerto 😍
domingo, 14 de novembro de 2021
XOGAMOS COAS CARTAS DE NÚMEROS E LETRAS
Estes días na aula de 5.º de Educación Infantil estivemos traballando cunhas cartas novas de números e letras ás que lle atopamos moitas posibilidades 😃 Queredes ver canto xogamos e aprendemos con elas? Ollade este vídeo 😍
martes, 9 de novembro de 2021
XOGAMOS COS NÚMEROS E AS LETRAS
Boa tarde 😊 estes días, na aula de 5.º de Educación Infantil fixemos diferentes xogos para traballar cuestións de lectoescritura e de lóxica matemática:
- Buscamos letras e números.
- Pensamos palabras que comezasen por diferentes letras.
- Fixemos o son das letras.
- Démoslle indicacións ao BeeBot para que chegase ao número que indicaba o dado.
- Contamos un número determinado de elementos.
- Buscamos números.
domingo, 31 de outubro de 2021
ALGUNHAS PROPOSTAS DESTES DÍAS
Ao longo dos días, na aula de 5.º de Educación Infantil realizamos moitos xoguiños que nos axudan a aprender. Desta volta queremos ensinarvos un co que traballamos cuestións de lóxica-matemática. Mirade mirade 👀
Ademais queremos amosarvos a nova decoración da porta da nosa aula. Como ao longo do curso imos traballar a igualdade relacionado coa temática do circo, quixemos disfrazarnos das persoas que nel traballan 😍
martes, 5 de outubro de 2021
PROPOSTAS DE SETEMBRO
Benvidos e benvidas a todos e a todas!! Con esta primeira entrada damos comezo ás aventuras na aula de 4 anos. Agardamos que gocedes moito vendo os nosos traballiños, momentos de xogo, celebracións...
Comezamos amosándovos algunhas das propostas que realizamos no mes de setembro. Falamos das vacacións, de toooodo o que fixemos no verán, lemos contos, retomamos contacto cos amiguiños e amiguiñas, recordamos as rutinas da escola...
O verán é moi divertido pero no cole tamén gozamos moito todos/as xuntos/as!! 💓
venres, 18 de xuño de 2021
SAÍMOS DE EXCURSIÓN AO BOSQUE DO AÑÓN
O pasado luns 14 de xuño, o alumnado de Educación Infantil fomos de excursión ao Bosque do Añón 🌱🌲🌳🌾🌺🌻🌼 de Carballo. Pasámolo moi moi ben e tivemos sorte de que fixo un día fantástico 🌞
Queredes ver algunhas fotiños e vídeos deste día tan especial? 👀 Ollade este vídeo que preparamos con tanto agarimo para ter de recordo desta excursión 😍
sábado, 22 de maio de 2021
A QUE ANDAN ESTES DÍAS AS NENAS E NENOS DE 3 ANOS?
Bo día familias!! Queredes saber a que andamos estes días as nenas e nenos de 3 aniños? Pois ben, ímosvos contar.
Este xoves, aproveitando que estaba un día tan bo 🌞 fomos á horta para quitar herbas malas, revisar como estaban os nosos cultivos e plantar algún novo. Neste caso cultivamos máis amorodos, cabazas de Samaín, cabazas cacahuete e unha planta de caléndula para intentar que os bichiños non coman os nosos cultivos.
Ademais, observamos en que estado estaba a nosa horta 👀
- Os amorodos xa se deixan ver, agora teñen que medrar e madurar e seguro que moi pronto poderemos botarlle o dente 🍓🍓
- Das cenorias non hai nin rastro, aínda non se deixan ver 🙈
- Das 11 leitugas que plantamos soamente quedan 3 😢😢 semella que aos paxariños e caracois lles encantan!! Ademais, tamén comeron as folliñas dun dos nosos pementos.
- Polo demais, todo medra con normalidade, só nos queda ter paciencia!!
mércores, 5 de maio de 2021
GRAFOMOTRICIDADE DIVERTIDA
Boa tarde!! Hoxe queremos amosarvos unha actividade que fixemos as nenas e nenos de 3 aniños. Estivemos pacticando exercicios de grafomotricidade con pedriñas e pompóns de cores 😀 Queredes ver que ben o fixemos?? 😍
Agora imos actualizarvos de como están os nosos vermes de seda 🐛
O venres da semana pasada, vimos que había dous vermes na parede da caixa, algo que nunca acontecera ata o momento. Por que estarían alí? Que estarían buscando?
O luns obtivemos a resposta!! Os vermes estábanse preparando para facer a crisálida 😀 A profe contounos que, durante a fin de semana, observou como ían construíndo a súa casiña, onde están aproximadamente 2 semanas ata que se converten en bolboretas. Velaquí vos deixamos unhas fotos.
Ademais, seguimos alimentándoos con follas de moreira. Hoxe démoslle 3 follas grandes e 2 pequenas, 5 en total.
Agora mesmo temos 28 vermes e, de vez en cando, observamos que hai algún pequeniño que vai saíndo dos ovos.
A verdade é que estamos moi entusiasmados/as con eles e gústanos moito observar como medran, como cambian...
sábado, 14 de novembro de 2020
TRABALLO POR RECUNCHOS NA AULA DE 3 ANOS
Nalgúns momentos da xornada, as nenas e nenos de 4.º de Educación Infantil xogamos por recunchos. Velaquí vos deixamos unha pequena mostra dalgúns deles 😊
Recuncho da arte, neste caso dando renda solta á creatividade e á imaxinación. Somos artistas!!🎨 Tamén temos plastilina para facer creacións libres.
"Xogar é a forma favorita do noso cerebro para aprender" Diane Ackerman
luns, 15 de xuño de 2020
XOGO: O LABIRINTO
Ademais, ao longo destes días, se vos apetece, podedes enviar algunha receita que vós fagades, algún vídeo con algunha mensaxe para os compañeiros/as ou o que se vos ocorra e vos apeteza compartir connosco 😊
- Cortade rolos de papel hixiénico baleiros cun ancho aproximado de 3,50cm. Tedes que facer 10 anacos.
- Unha vez tedes listos os 10 anacos, colocádeos e pegádeos dentro dunha caixa de cartón. Asegurádevos de deixar espazo suficiente para moverse o obxecto redondo.
- Cando xa estean ben pegados, escribide na parte superior das pezas os números do 1 ao 10.
- Metede dentro da caixa un pompón/bola de papel de aluminio ou calquera outro obxecto redondo.







































