Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Baixo a mesma carpa de crochet. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Baixo a mesma carpa de crochet. Amosar todas as publicacións

martes, 24 de maio de 2022

SAÍDA Á LIBRARÍA CLARIÓN

O venres 20 de maio, todos os nenos e nenas de Educación Infantil acudimos á Libraría Clarión para realizar unha actividade sobre o noso proxecto titulado "Baixo a mesma carpa de crochet", co que levamos traballando todo o curso sobre o tema da igualdade no circo. Achegámonos alí para facerlles diferentes preguntas ás libreiras. Mirade mirade 👀

Moitísimas grazas Eva e Noelia por facer posible esta actividade 💗 Encantounos coñecer a vosa libraría e ver cantos libros e xogos tedes!! Que marabilla 😍😀

venres, 11 de marzo de 2022

VÍDEO SOBRE PINITO DEL ORO

Xa saiu do forno o vídeo que realizou o alumnado de 5.º de Educación Infantil sobre Pinito del Oro, muller traballada neste 8M.

Agardamos que vos guste, nós esforzámonos moito para facelo 😍😁 É a nosa primeira produción coa técnica do croma mais non será a última 👏👏

mércores, 9 de marzo de 2022

8M en 5.º de Educación Infantil

Onte, 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller. En relación ao proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet", traballamos sobre Pinito del Oro, unha trapecista 💜

Se queredes saber un pouco máis dela, podedes ler a súa biografía 👀

Isto non é o único que fixemos, pois hai algo que aínda temos no forno!! Pronto teredes noticias 😍

martes, 1 de marzo de 2022

"Baixo amesma carpa de crochet". Toma 6

Seguindo ca celebración do aniversario de Rosalía e inmersos no proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet" aproveitamos para imaxinar que personaxe do circo nos gustaría ser baixo o rostro de Rosalía de Castro.

"Baixo a mesma carpa de crochet". Toma 5

Seguindo co proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet", desta vez tocounos dialogar sobre o que nos gustaría ser de maiores analizando e reflexionando acerca dos oficios que rodean a nosa sociedade, a veces con estereotipos establecidos. Aínda así, á hora de dicir o que nos gustaría ser de maiores é verdade que algunhas nenas decántanse por perruqueiras, cociñeiras.... os nenos por futbolistas.... Ante a proposta de cambiar os roles, todos e todas acerptan, valoran e respectan a cociñeiros e cociñeiras, homes e mulleres futbolistas.... Por tanto a nosa menxaxe é a seguinte: "Tod@s temos dereito a ser libres de escoller e ser respectados independientemente do sexo" .

sábado, 26 de febreiro de 2022

O ENTROIDO NA AULA DE 5.º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Que días tan divertidos no cole, disfrazarnos encántanos!! 😍 Este ano, celebramos o xoves de compadres, o xoves de comadres e onte disfrazámonos de paiasos e paiasas en relación con noso proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet". Aquí podedes ver un vídeo 💗🎪🎈🎉

Moitas grazas a todas as familias pola vosa implicación e por facer posibles estes días tan especiais 💖

Ademais, fixemos unha videochamada cun paiaso da Asociación Galiclown. Que ilusión!! 😍😀 Fíxonos un trunquiño de maxia, falou con nós, ensinounos o seu gatiño e incluso lle fixemos algunha pregunta pois tiñamos cursiosidade por saber se vivía no hospital. Moitas grazas por permitirnos esta oportunidade tan marabillosa e gratificante 💕








mércores, 2 de febreiro de 2022

"Baixo a mesma carpa de crochet". Toma 4.

Seguindo co proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet" e aproveitando o "DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ", abordamos a temática do circo coa labor desinteresada que ofrecen paiasos e paiasas nos hospitais quitando o sorriso aos nenos e nenas que están hospitalizados. Deste xeito, puxémonos en contacto con "Galiclown", asociación sen ánimo de lucro formada por paiasos, paiasas, magos, magas....de Galicia, onde quixemos aportar o noso pequeno grao de area para agradecerlle a labor que desempeñan tecendo unha bufanda da paz para que luzan en próximas actuacións. Un anaquiño de cada familia dos nenos de 6º de educación Infantil está representada nesta bufanda para unha boa causa representado nun farrapo de tela dunha prenda que a arroupou.

martes, 1 de febreiro de 2022

O NOSO AGASALLO PARA OS PAIASOS E PAIASAS DE GALICLOWN

Como sabedes, en Educación Infantil estamos desenvolvendo o proxecto titulado "Baixo a mesma carpa de crochet" onde traballamos a igualdade no mundo do circo. Na procura de relacionar a súa temática co Día Escolar da Non Violencia e a Paz (30 de xaneiro), abordamos a temática dos paiasos e paiasas dos hospitais. 

Por este motivo, puxémonos en contacto con Galiclown. Na aula de 5.º de Educación Infantil, preparámoslle este agasallo feito con mooooito moito cariño, para agradecerlle todo o que fan para sacarnos sorrisos en momentos difíciles 💗


Velaquí vos deixamos tamén algúns vídeos que estivemos a ver na clase 😊


mércores, 8 de decembro de 2021

Baixo a mesma carpa de crochet. Toma 4

Partindo do conto " O elefante encadenado",chegamos á conclusión que todo o mundo ten dereito a ser libre e romper con calquera estaca á que permaneza atado. E así o fixo o elefante deste conto nun final diferente que inventamos os nen@s de 5 anos, cunha mensaxe ben clara: "Dereito á libertade e á igualdade". Agardamos que vos guste.

Baixo a mesma carpa de Crochet. Toma 3

Seguindo co proxecto "BAIXO A MESMA CARPA DE CROCHET", desta vez na aula de 5 anos recibimos a carta dunha amiguiña chamada Sarela. Queredes saber quen é?. Ollade o vídeo e atoparedes resposta a esta pregunta.

venres, 26 de novembro de 2021

25N: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Onte, 25 de novembro, celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Queredes ver que fixemos para celebralo? Mirade este vídeo da aula de 5.º de Educación Infantil 👀

Que vos pareceu a instalación? A nós gustounos moito o resultado final 😍 Con ela quixemos representar dúas cousas: por unha banda, cos zocos (que fixeron as nenas e nenos de 1.º de Educación Primaria) que todos e todas camiñamos xuntos cara a igualdade. Por outro lado, coas regadeiras das que colgan pingas con palabras fermosas esperamos que nos empapen de valores para loitar contra as desigualdades 💪💪

Ademais, traballamos o conto El elefante encadenado. Con el aprendemos que todos e todas podemos liberarnos desa estaca á que calquera de nós pode permanecer atado/a. Agardamos que, unidos/as, avancemos no camiño da igualdade. Se queredes escoitar esta historia, premede na portada do libro para ver un contacontos.

venres, 5 de novembro de 2021

Baixo a mesma carpa de crochet. Toma 2.

Baixo a mesma carpa de crochet.Toma 1.

O curso pasado resultamos gañadores da VII convocatoria Concepción Arenal co proxecto "BAIXO A MESMA CARPA DE CROCHET" na modalidade infantil. É por iso que ao longo do curso realizaremos diferentes actividades que en dito proxecto se reflicten que versan sobre o mundo do circo e igualdade de xénero. Arrincamos pois coa TOMA Nª1 na aula de 5 anos "Baixo a mesma carpa de crochet". Benvid@s aos espectadores. Ocupen as súas butacas que comenza o espectáculo.

xoves, 28 de outubro de 2021

CIRCARTE

Fai uns días, na aula de 5.º de Educación Infantil, realizamos outra actividade do proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet". Estamos tan atarefados co Samaín, o proxecto dos volcáns e outras propostas que tiñamos este vídeo sen subir ao blog.

Esta actividade titúlase "Circarte" e con ela aprendemos que tanto homes como mulleres poden realizar todas as profesións, todas as actividades que desexen... 

"A igualdade de xénero ten que ser unha realidade vivida" Michelle Bachellet

mércores, 13 de outubro de 2021

ARRINCAMOS O PROXECTO ANUAL NA AULA DE 4 ANOS

O curso pasado, resultamos gañadores/as da VII Convocatoria Concepción Arenal a proxectos educativos pola igualdade de xénero co noso proxecto titulado Baixo a mesma carpa de crochet. É por isto que, ao longo de todo o curso, imos realizar as actividades que nel se recollen.

Este proxecto trata sobre o circo e con el imos traballar sobre a igualdade de xénero. Para poñervos en situación, deixámosvos un anaquiño da xustificación do noso proxecto.


“Entendí entonces por qué el enorme y poderoso elefante que yo veía en el circo se quedaba encadenado: él estaba convencido de que nunca podría liberarse de su estaca. El pobre animal tenía el fracaso grabado en su memoria de elefante y jamás, jamás, había vuelto a poner a prueba su fuerza...”.

Este fragmento do marabilloso libro de Jorge Bucay El elefante encadenado fainos pensar nesa estaca que, ao longo dos anos, fixo que a igualdade de xénero non avanzase como quixeramos, unha estaca da que custa liberarse xa que foi pasando de xeración en xeración.

Do mesmo xeito, fainos reflexionar sobre a situación dunha persoa que pode ser vítima de violencia de xénero. Moitas veces por desgraza aínda temos que escoitar nalgunhas conversas iso de: -E se lle pega, porque non marcha? Quizais a situación do elefante encadeado nos pode dar algunha resposta: tenía el fracaso grabado en su memoria.

Con todo isto, podemos ver como os estereotipos de xénero que as nenas e nenos viven dende idades temperás, poden marcar a súa vida adulta. Dado que o noso alumnado está nesta etapa, intentaremos crochetear os fíos necesarios para axudarlles a que a equidade de xénero e o respecto á diversidade forme parte das súas vidas.

Decantámonos por este tema porque nestes tempos de pandemia, o nerviosismo está presente en nós, tanto no alumnado como nas familias e no profesorado. Consideramos que a diversión que pode aportar o tema do circo faría máis levadeira esta situación na que os protocolos condicionan tanto o noso xeito de vivir. Pretendemos que o único efecto secundario que teña todo isto sexan sorrisos e poñer en valor o traballo dos pallasos e pallasas que animan nos hospitais.

Todo isto lévanos a facer unha reflexión sobre o circo: Como un mundo que gusta tanto aos nenos e nenas e cala tan fondo neles/as está tan marcado por estereotipos?

Rematamos cun parágrafo de Jorde Bucay que di: “Todos/as somos un poco como el elefante del circo: vamos por el mundo atados a cientos de estacas que nos restan libertad. Vivimos pensando que no podemos hacer montones de cosas, simplemente porque una vez, hace tiempo, cuando éramos pequeños/as, lo intentamos y no lo conseguimos. Hicimos entonces lo mismo que el elefante, y grabamos en nuestra memoria este mensaje: No puedo, no puedo y nunca podré. Hemos crecido llevando ese mensaje que nos impusimos a nosotros/as mismos/as y por eso nunca más volvimos a intentar liberarnos de la estaca. Cuando, a veces, sentimos los grilletes y hacemos sonar las cadenas, miramos de reojo la estaca y pensamos: No puedo y nunca podré”.

E isto é o que non queremos para as nosas nenas e nenos.


Agora, ollade este vídeo para ver como comezamos o proxecto. Estamos seguros/as de que vos vai gustar e que botaredes unhas risas 😊