Amosando publicacións coa etiqueta 4 anos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4 anos. Amosar todas as publicacións

xoves, 12 de xuño de 2025

5 DE XUÑO. DÍA DO MEDIO AMBIENTE.

Para celerar o día do medio ambiente fomos ao xardín do adro da Milagrosa a plantar unhas flores ben bonitas. Ollade e veredes!!!
Día medio ambiente de Infantil

luns, 28 de abril de 2025

EXCURSIÓN AO FORNO DO FORTE (BUÑO)

O pasado martes 22 de abril, xusto á volta das vacacións, as nenas e nenos de Educación Infantil fomos de excursión ao ECOMUSEO FORNO DO FORTE onde tivemos a oportunidade de traballar co barro e facer diferentes figuras. Encantounos a experiencia!!

luns, 14 de abril de 2025

PIZZA E LUZ NEGRA

O venres 11 foi o último día do 2.º trimestre e, como non, despedímolo dunha forma mooooi especial. 

PREPARAMOS PIZZA PARA MERENDAR 🍕


 
GOZAMOS DUN OBRADOIRO DE LUZ NEGRA 💡

luns, 6 de novembro de 2023

Samaín e Magosto 2023

Outubro, mes cheo de celebracións, Samaín, Magosto.. Ollade que ben o pasamos.
samaín e magosto de veronica

sábado, 4 de novembro de 2023

Benvido Outono

Os nen@s de Infantil démoslle a benvida ao outono. Apañamos follas, fixemos murais.... ollade e veredes.

mércores, 1 de novembro de 2023

Aniversario outubro

Neste mes de outubro estivo de aniversario unha amiguiña que cumpliu 4 aniños. Adiviñades quén?, SI, nada máis e nada menos que LUCÏA. Agardamos que o pasaras moi ben na túa festa. Parabéns!!!!

domingo, 8 de outubro de 2023

Aniversarios Setembro

Rematou o mes de setembro e con el celebramos o aniversario de dúas amiguiñas que estiveron de aniversario neste noveno mes do ano. Eire soprou a candea do número 4 e Yasmín a do número 3. Parabéns peques!!!!
FELÍZ CUMPLE de veronica <

Comezamos un novo curso

Arrincamos un novo curso cheo de ilusións, reencontros, novas amizades...., ollade o que estivemos a facer nestas primeiras xornadas.

domingo, 4 de xuño de 2023

A NOSA HORTIÑA

Esta semana, as nenas e nenos das tres aulas de Educación Infantil continuamos traballando no noso horto. Para iso, fixemos unha pequena saída a Almacéns Agro, unha tenda situada moi próxima ao noso centro e onde sempre nos atenden xenial 😍 Dende aquí darlles as grazas por permitirnos levar a cabo esta actividade 😀

Unha vez mercamos o que queriamos cultivar e aproveitando que a profe Patri trouxo algunha planta da súa casa, puxémonos mans á obra co traballo na horta. Tivemos que esforzarnos moito pois as herbas medran moi rápido e a terra, co pouco que chove, está moi dura.

Velaquí unha pequena mostra destes días no horto 😄

sábado, 18 de marzo de 2023

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Onte celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia porque forma parte dun dos obxectivos que pretendemos co proxecto da biblitoeca titulado "Cóidome, cóidote, coidámonos" neste 2.º trimestre. Para iso acompañáronnos pola mañá un grupo de 5 investigadoras que traballan no CHUS.

As nenas e nenos de Educación Infantil participamos en 3 obradoiros que nos encantaron!! Aprendemos que Galicia está na vangarda da investigación oncolóxica porque nos axudan a conseguir un diagnóstico máis temperá e un tratamento eficaz e personalizado.

Estámosvos enormemente agradecidos/as polo tempo que nos dedicastes!! 💜💜💜💜💜

venres, 17 de febreiro de 2023

SAÍDA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

O pasado 31 de xaneiro, o alumnado de Educación Infantil fomos de excursión ao Museo de Historia Natural situado Santiago de Compostela. Alí vimos un montón de animais e aprendemos moitas cousas que non sabiamos 😃 que divertido!!

Aproveitamos que facía un día sol marabilloso 🌞 para xantar na Alameda, fotografiarnos coas Marías, visitar a Catedral e a Praza do Obradoiro, pasear por algunhas rúas moi coñecidas como a rúa do Franco... en resumo, un gran día cunha gran compañía!! 💖

sábado, 11 de febreiro de 2023

PREPARAMOS UN MENÚ SAUDABLE

O mes de febreiro, comezou fortemente saudable para nós. Dentro do proxecto da biblioteca "Cóidome, cóidote, coidámonos" e en relación co Plan Proxecta "Aliméntate ben" no que participamos, estivemos a preparar un MENÚ SAUDABLE 🍅🍑🍓🍀que foi supervisado por Tania Mesejo.

1.º Fomos á feira, ao mercado de Carballo e a algunhas tendas da localidade para mercar os ingredientes necesarios para a elaboración do menú

2.º Preparamos o menú

🍅Primeiro prato: alumnado de 6.ºEI

🍋Segundo prato: alumnado de 5.ºEI

🍇Sobremesa: alumnado de 4.ºEI

3º Acudimos ao Restaurante Sanluís para xantar

 

venres, 10 de febreiro de 2023

ANIVERSARIOS DE XANEIRO: PARBÉNS IZAN E JAIRO!!!

No mes de Xaneiro os nosos amiguiños Izan (18) e Jairo (25) estiveron de aniversario e para celebralo fixemos dúas festas rachadas,queredes ver unha pequena mostra delas? 👀 

 

 

venres, 20 de xaneiro de 2023

ARTE CON PLUMAS

 Á volta das vacacións apareceu o noso amigo Ratiño, que levaba varias semanas desaparecido, o motivo, fixo dúas viaxes moi longas unha a Laponia e outra a E.E.U.U.

Ratiño foi visitar a Papá Noel a Laponia e falando con el díxolle que estabamos a estudiar as aves, entón Noel comentoulle que había un artista en E.E.U.U. chamado Chris Maynard que "esculpía plumas" usando unhas lupas especiais, un bisturí e unhas pinzas cirúrxicas. Ratiño emprendeu unha viaxe a E.E.U.U. para coñecer a obra de Maynard e quedou impresionado coa súa habiliade para facer aves a partir de plumas. Por este motivo Ratiño retounos a buscar plumas e intentar facer obras de arte con elas. Velaí tedes unha pequena mostra do que pasou 👀

luns, 26 de decembro de 2022

DÍAS DE NADAL EN 5º DE EI

Nestes días previos ao Nadal os nenos e nenas de 5º de EI estivemos moi atarefad@s facendo adornos e traballiños propios destas datas. Intentamos que os adornos se puideran facer, na súa maioría, con materiais de refugallo ou con cousiñas que xa tiñamos polo cole.
 
 Este ano a nosa árbore de Nadal 🎄 agocha unha historia de esperanza: a profe Patri descubriu que alguén lle cortara os carballos que plantara había uns anos, despois de escoitar a historia puxémonos tod@s moi tristes, porque as árbores son moi necesarias para a vida e nas súas pólas habitan moitos animaliños, entre eles os paxaros que tanto nos gustan. Foi por este motivo que a profe trouxo un deses carballos para o cole como símbolo do que non se debe facer, para lembrarnos que temos que coidar o medio ambiente. Na clase démoslle unha "segunda vida" a un deses carballos xa que o aproveitamos para que lucise na clase como árbore de Nadal.
 
 Ademais enviámoslle, ao noso amiguiño Uriel, unha felicitación de parte de tod@s xa que non vai estar con nós ata mediados de Xaneiro. 
 
Neste vídeo podedes ver un pequeno resumo dos momentos que compartimos xunt@s:

 

VISITAMOS A PANADARÍA PAN IGNACIO

A comezos deste mes de decembro, o alumnado das tres aulas de Educación Infantil realizamos unha saída á Panadaría Pan Ignacio de aquí de Carballo. Que ben o pasamos!! 😍 Amasamos, fixemos pan, pizza... 

Aprendemos como se fai o pan, os ingredientes que se usan, falamos sobre a súa orixe... encantounos a experiencia 😍😃


Moitísimas grazas ao persoal da panadaría por tratarnos tan ben e por ensinarnos con tanto cariño 💖

venres, 23 de decembro de 2022

FESTIVAL DE NADAL

Onte rematou este trimestre e aproveitamos para facer un gran festexo de Nadal 🎄🎅🎈 Deixámosvos a nosa aportación a un festival mooooooooi divertido😍 Bailamos e cantamos a canción "Chegou o Nadal".

sábado, 10 de decembro de 2022

NON á violencia

Para deixar ben claro que NON aceptamos ningún tipo de violencia, na clase de 5º de EI, estivemos matinando na clase varias maneiras de representar a palabra NON,  cada un/unha aportou a súa idea

O ANIVERSARIO DE KEYLA

O día 25 de novembro, coincidindo co Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, tivemos outra ocasión moi especial para celebrar esta data: era o aniversario da nosa amiguiña Keyla!!!! 🍰🍭🎁👑Fixemos unha festa rachada, queredes ver un pequeno resumo do que aconteceu?? Pois no seguinte vídeo podedelo ver 👀

venres, 9 de decembro de 2022

O 25N EN 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, na semana do 21 ao 25 de Novembro, desde a Biblioteca propuxéronse unha serie de retos para sensibilizar á comunidade educativa. No seguinte vídeo podedes ver canto traballamos o alumnado de 4 anos💪