Etiquetas
- 3 anos
- 4 anos
- 5 anos
- Animais
- Aniversarios
- Arte
- Atención
- Biblioteca
- Ciencia
- Conmemoracións
- Contos
- Croma
- Día de Rosalía
- Día do Libro
- Entroido
- Estimulación sensorial
- Experimentos
- Horta
- Igualdade
- inglés
- Lectoescritura
- Lóxica-matemática
- Magosto
- Nadal
- Oralidade
- Outono
- Polo Norte
- Proxecto "Canto sentimento"
- Proxecto "O medo"
- Proxecto "O universo"
- Proxecto "Os animais da contorna"
- Proxecto "Os pitiños"
- Proxecto "Os tesouros do corpo"
- Proxecto "Unha viaxe polo antiguo Exipto"
- Proxecto Alimentación saudable
- Proxecto As abellas
- Proxecto Baixo a mesma carpa de crochet
- Proxecto O inverno
- Proxecto os tiburóns
- Proxecto Os volcáns
- Psicomotricidade
- Recursos
- Relaxación
- Robótica
- Saídas
- Samaín
- Vida cotiá
- Xogos
xoves, 30 de marzo de 2023
EXPERIENCIAS MANIPULATIVAS E SENSORIAIS DO PROXECTO "OS TESOUROS DO MEU CORPO"
sábado, 25 de marzo de 2023
OICHES!!!!....... O POEMA DOS NENOS E NENAS DE 5º DE E.I.
Na clase de 5º de EI aproveitamos o día 21 de Marzo, que foi o Día Internacional da Poesía, para denunciar a situación que estamos a vivir a diario no noso colexio a través dun poema inventado por nós: hai xente que pasea aos cans pola contorna do centro e non recolle as cacas!!! Estamos cansos/as de pisar as cacas e ter que limpar os zapatos un día si e outro tamén, xa está ben!!! O que ten unha mascota ten que saber que ten unha responsabilidade e que debe ter un mínimo de concienciación cidadá. Agardamos que con este poema fagamos reflexionar a este tipo de xente irresponsable, e por fin fagan o favor de recoller e tirar as cacas ao lixo. No seguinte vídeo podedes ver o poema e un vídeo de como o recitamos👀👂😋
luns, 20 de marzo de 2023
BIBLIOSANLUIS: POEMA "EN MI CARA REDONDITA" DE GLORIA FUERTES
domingo, 19 de marzo de 2023
Proxecto "Os pitiños".
8 M. DíA DA MULLER.
Velaquí o retrato de cada unha delas, Querémosvos moooiiitoooo!!!
sábado, 18 de marzo de 2023
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Onte celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia porque forma parte dun dos obxectivos que pretendemos co proxecto da biblitoeca titulado "Cóidome, cóidote, coidámonos" neste 2.º trimestre. Para iso acompañáronnos pola mañá un grupo de 5 investigadoras que traballan no CHUS.
As nenas e nenos de Educación Infantil participamos en 3 obradoiros que nos encantaron!! Aprendemos que Galicia está na vangarda da investigación oncolóxica porque nos axudan a conseguir un diagnóstico máis temperá e un tratamento eficaz e personalizado.
Estámosvos enormemente agradecidos/as polo tempo que nos dedicastes!! 💜💜💜💜💜
venres, 17 de marzo de 2023
8M EN 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL: ORNITÓLOGAS, AS MULLERES QUE PROTEXEN E ESTUDAN ÁS AVES.
Unha vez máis Ratiño deixounos información moi valiosa sobre as aves, desta vez fixo posible que recoñecesemos o valor de mulleres que protexeron e estudaron as aves ao longo da historia. O 8 de Marzo deixounos na clase uns prismáticos e as imaxes das citadas ornitólogas. Velaí unha pequena mostra de todo o que fixemos💜
domingo, 12 de marzo de 2023
8M: MULLERES GALEGAS QUE NOS COIDAN
Na aula de 6.º de Educación Infantil traballamos, polo 8 de marzo, algunhas mulleres galegas que nos coidan 💜 Buscamos en internet e fixemos un pequeno mural a modo de homenaxe pola súa magnífica labor.
venres, 10 de marzo de 2023
PARABÉNS VALERIA!!!
O luns 6 de Marzo a nosa amiguiña Valeria cumpliu 5 anos e por suposto celebrámolo cunha festa rachada e cunha merendola a que nos invitou Valeria!!! Parabéns e grazas!!!!🍰🎈🎉
mércores, 8 de marzo de 2023
QUE SON AS ARTICULACIÓNS?
As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil seguimos traballando sobre o corpo humano 💀💪🖐🦶. Estes días aprendemos que son as articulacións e a súa importancia 😀
O aniversario de Rosalía de Castro
O 23 de Febreiro foi o aniversario de Rosalía de Castro, en 5º de EI quixemos celebralo con varias actividades:
- recitamos na clase o seu poema "Unha vez tiven un cravo cravado no corazón..."
- profundizamos na temática do poema e barallamos posibles motivos polo que Rosalía podería sentir tanta dor
- cada neno e nena da clase fixo un corazón💗 con elementos presentes na clase
- a partir dun retrato de Rosalía fixemos unha composición con material da aula
- celebrámoslle o aniversario cantando o Parabéns para ti e soplando unha vela🎈🍰
- como en Infantil tiñamos que facer unha pequena investigación sobre as fabas, para facer o caldo de gloria, representamos a cara de Rosalía de Castro con fabas negras, blancas e pintas.
Velaí tedes unha pequena mostra de todo o que pasou neses días...👀
mércores, 1 de marzo de 2023
"ENTROIDANDO" NA AULA DE 4º DE EI
A finais de Febreiro celebramos o Entroido con moitas actividades, arrincamos o festexo coa III carreira do corazón e seguimos cos mandados do Xestal, polo que a diversión estivo asegurada en todo momento. O venres 17 disfrazámonos de amorodo, desfilamos polas rúas de carballo, gozamos dunha merenda coas nosas familias no colexio e a ANPA invitounos a unha chocolatada... en definitiva, foi unha
xornada na que todos e todas gozamos moito e pasámolo en grande xuntos/as. Moitas grazas por todo!!!💗