Amosando publicacións coa etiqueta Robótica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Robótica. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de outubro de 2022

AS VOGAIS MINÚSCULAS

Na aula de 6.º de Educación Infantil estamos comezando a recoñecer algunhas letras minúsculas. Comezamos polas vogais e pouco a pouco iremos coñecendo as demais. Desta volta, fixémolo cunha actividade de robótica co noso amigo o BeeBot. Había que resolver cada reto que nos propoñían as profes levando ao robot a: letra indicada, a un debuxo onde a palabra empezaba por determinadas letras, levar de letra maiúscula á minúscula correspondente...

domingo, 1 de maio de 2022

ROBÓTICA NUMÉRICA

Estes días, na aula de 5.º de Educación Infantil estivemos a traballar co escornabot, un robot moi similar ao BeeBot que xa manexamos outras veces. Desta volta, traballamos o recoñecemento de números, o conteo e a súa localización nas tarxetas dos dados e dos dedos das mans.

Aprender con este tipo de robots é éxito asegurado!! 😍😍

martes, 9 de novembro de 2021

XOGAMOS COS NÚMEROS E AS LETRAS

Boa tarde 😊 estes días, na aula de 5.º de Educación Infantil fixemos diferentes xogos para traballar cuestións de lectoescritura e de lóxica matemática:

  • Buscamos letras e números.
  • Pensamos palabras que comezasen por diferentes letras.
  • Fixemos o son das letras.
  • Démoslle indicacións ao BeeBot para que chegase ao número que indicaba o dado.
  • Contamos un número determinado de elementos.
  • Buscamos números.
Queredes ver que ben o pasamos? Mirade, mirade 👀

xoves, 28 de outubro de 2021

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

Este 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas e na aula de 5.º de Educación Infantil fixemos unha actividade que nos propuxo Fidalgo. Debiamos levar o BeeBot dende a portada dun dos nosos libros favoritos ata unha das súas ilustracións. Como nos gustou esta proposta!! 😍😀

Premede aquí e veredes o noso vídeo no blog da Bibliosanluís:

https://equipobibliosaluis.blogspot.com/2021/10/24-de-outubro-dia-das-bibliotecas.html

Aí tamén podedes ver os traballiños dos nosos compañeiros e compañeiras.

venres, 18 de xuño de 2021

REPASAMOS OS NÚMEROS CO OZOBOT

Onte, as nenas e nenos de 3 anos, estivemos repasando os números 1, 2 e 3 coa axuda dun robot. Sabedes como se chama? Ozobot, e camiña por encima de liñas. Primeiro, adiviñamos cal era cada número e, despois, contamos pompóns e depresores de cores e situámolos xunto ao número correspondente.

Mirade que ben o facemos 😍

sábado, 14 de novembro de 2020

ROBÓTICA OUTONAL

Este xoves na aula de 3 aniños traballamos cunha abelliña moi especial. Chámase Bee Bot e é un robot. Sabedes que fixemos con ela? Coñecemos diferentes froitos do outono e traballamos cuestións de lóxica-matemática como o conteo. Mirade que ben o pasamos 👀 Gustounos tanto que imos repetir moitas máis veces 😀😍

martes, 4 de febreiro de 2020

XOGANDO Á OCA CON BEE BOT

Na aula de 5 anos estivemos xogando á oca co noso amigo Bee Bot. O xogo consistía en tirar un dado, contar e darlle as indicacións ao noso robot para que avanzase o número de cadrantes correspondente. En cada un deles tiñamos unha pregunta sobre aspectos de lóxica matemática como coller unha decena de paus, pequenas sumas, uso dos cuantificadores máis/menos/igual... e tamén cuestións de lectoescritura: escribir unha palabra que comece por C, escribir o nome dalgún compañeiro/a... Ademais tamén tiñamos a opción de "oca oca, tiro porque me toca", o pozo que nos prohibía tirar na seguinte quenda...



venres, 31 de xaneiro de 2020

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Onte, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Comezamos cunha actividade de robótica que nos prepararon, para todo o cole, as nenas e nenos de 6.º de Educación Primaria xunto co seu profe. Converteron os mBots en Tanquebots con palabras como agarimo, paz... que foron quen de destruír o muro do medo, o bullying... (feito con pezas LEGO) para lograr un mundo mellor.

Tamén fixeron en papel continuo diversos símbolos referidos á paz, polos cales camiñaron diferentes Ozobots. Como veredes, dependendo do código de colores, realizan uns movementos ou outros, que vos parece??
 

Fixemos un pequeno festival conxunto entre todo o cole, onde cada clase presentou a muller que estivo traballando ao longo dos días; todas elas recibiron un Premio Nobel da Paz. Tamén se realizou a entrega de agasallos do concurso de debuxos e contos e rematamos bailando a canción "Girasoles de Rozalén".
    

"A paz non é algo que desexas. É algo que creas, algo que fas, algo que es e algo que regalas".
John Lennon

domingo, 15 de decembro de 2019

ROBÓTICA ENTRE TIBURÓNS

Seguimos coa temática dos tiburóns e desta vez fixemos unha actividade de.... ROBÓTICA!! Empregando o Bee Bot da biblioteca traballamos vocabulario, aspectos de lóxica-matemática, lectoescritura e moooito máis!! Foi moi divertido e motivador para nós, así que esperamos repetir pronto.

mércores, 6 de novembro de 2019

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares e como o fixemos??? Realizamos unha actividade co Bee Bot para coñecer as normas da biblioteca, deixando así inaugurado este novo recuncho co que conta a “Biblio San Luís”. Gustounos moito moito, pero debemos dicir que se nos fixo curta a actividade, queremos repetir!!

No blog da biblioteca do cole podedes ver un vídeo ben chuli da actividade: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2019/10/24-de-outubro-dia-das-bibliotecas.html